A. PODER ADXUDICADOR
Administración contratante: Concello de Meaño
Órgano de contratación: Xunta de Goberno Local
Servizo xestor: Secretaría-intervención do Concello de Meaño
Responsable do contrato: Dirección facultativa
Perfil de contratante: www.concellodemeano.com enlazado á Plataforma de Contratos de Galicia https://www.contratosdegalicia.gal
Dirección do órgano de contratación: R/Campo da Feira nº 1 (Meaño)
Correo electrónico do órgano de contratación: concellodemeano@concellodemeano.com
Sede electrónica: concellodemeano.sedelectronica.gal
Teléfono/Fax: 986-747102 986747391
B. PROCEDEMENTO DE ADXUDICACIÓN, TRAMITACIÓN DO EXPEDIENTE E FORMA DE PRESENTACIÓN DE OFERTAS
Tipo de contrato: OBRAS
Cabe recurso especial: NON
Contrato suxeito a regulación harmonizada: NON
Tipo de procedemento: ABERTO SIMPLIFICADO SUMARIO
Tramitación: ORDINARIA
Forma e prazo de presentación de ofertas(cláusula 17 do PCAP): Forma: Electrónica, única e exclusivamente a través do Sistema de Licitación Electrónica da Xunta de Galicia (SILEX), segundo a cláusula 17 do PCAP.
Prazo: 10 días hábiles a contar desde o seguinte á publicación no perfil do contratante do anuncio de licitación
Documentación a presentar: (Cláusula 18 do PCAP)
Sobre UNICO co seguinte contido: Anexo I – Declaración responsable e oferta económica
C. DEFINICIÓN DO OBXECTO DO CONTRATO
Necesidade a satisfacer: A necesidade deste contrato é a mellora do camiño de Ameiró, na parroquia de Dena que afecta a unha lonxitude de 451 m, que na actualidade está moi deteriorado. A mellora basease fundamentalmente na regularización e pavimentación cunha nova capa de rodadura realizada con asfalto en quente de 5 cm. de espesor, reforzo do noiro nun tramo coa construción dun muro de contención de pedra e limpeza e formigonado de cunetas para mellora a evacuación de augas pluviais
Nome da obra: MELLORA DA PAVIMENTACIÓN DO CAMIÑO DE AMEIRÓ (D06)
Proxecto técnico: MELLORA DA PAVIMENTACIÓN DO CAMIÑO DE AMEIRÓ (D06)
Equipo redactor e titulación: Enxeñeiro Agrónomo (nºcolex 761) Gabino Grande Toro.
Órgano e data de aprobación do proxecto: ALCALDÍA, Decreto nº 2024-0479.
Obxecto do contrato: A mellora dun tramo do camiño de Ameiró, na parroquia de Dena. A actuación afecta a unha lonxitude de 451 m
División en lotes: NON
Xustificación da non división en lotes: Non procede a división en lotes posto que se trata dunha actuación que constitúe unha unidade operativa e funcional, nas que as actuacións proxectadas son elementos inseparables para a consecución dunha mesma finalidade.
Código CPV: 45233140-2 Obras viais
D. ORZAMENTO BASE DE LICITACIÓN
Orzamento base de licitación (IVE incluído): 58.477,97 €
E. VALOR ESTIMADO
Orzamento da obra (IVE excluído): 48.328,90 €
Importe das modificacións previstas (IVE excluído): 0
Importe das opcións eventuais (IVE excluído): 0
Importe das primas pagadoras aos licitadores (IVE excluído): 0
TOTAL VALOR ESTIMADO: 48.328,90 €
IVE (21 %): 10.149,07 €
Sistema de determinación do prezo: Por unidades de obra segundo o proxecto.
Xustificación da estimación do valor: Para a determinación do orzamento base de licitación tivéronse en conta os prezos habituais no mercado. O proxecto aprobado conta cun anexo de xustificación prezos.
Os Convenios colectivos de aplicación ás empresas solicitantes serán o Convenio Colectivo Sectorial da empresa segundo corresponda, neste caso o Convenio Colectivo da Construción de Pontevedra.
F. – RÉXIME DE FINANCIAMENTO E ANUALIDADES:
Existencia de crédito: RC núm. 220240006294
Aplicación orzamentaria: 454-6190501
Réxime de financiamento: cofinanciación
Obra
Xunta de Galicia (Axencia Galega de Desenvolvemento Rural AGADER 2024-2025)
Concello de Meaño financiación do IVE da obra
Total Xunta de Galicia financiacion obra: 48.328,90 €
Total Concello financiación obra: 10.149,07 €
Gasto plurianual: NON
Tramitación anticipada: NON
G. PRAZO DE EXECUCIÓN
Prazo de execución: 1 mes, dende a formalización da acta de comprobación e replanteo
Prórroga: NON
Prazo mínimo de garantía: 12 meses
H. ADMISIBILIDAD DE VARIANTES: NON
I. CONDICIÓNS ESPECIAIS DE EXECUCIÓN
1º/ Establécese como condición especial de execución, segundo o disposto no artigo 202 da LCSP, a promoción da reciclaxe de produtos.
Os gastos derivados da realización das condición especial da execución establecido na presente cláusula serán a cargo exclusivo do contratista
Xustificación:se considera adecuada a promoción do reciclaxe tendo en conta a natureza do contrato.
Para os efectos da xustificación polo contratista da promoción da reciclaxe de produtos durante a execución da obra, deberá achegarse á súa finalización a seguinte documentación xustificativa:
-Albaráns de entrega de material en xestor autorizado.
-Panel informativo da xestión de residuos durante a obra.
2º/ Por tratarse de obras subvencionadas pola Consellería de Medio Rural, con cargo ao PLAN DE MELLORA DE CAMIÑOS RURAIS 2024-2025, o contratista estará obrigado a poñer, dende o inicio das obras ata a súa total terminación e comprobación material por parte da Consellería, un CARTEL informativo que indique que se trata dunha obra subvencionada pola Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia. O cartel colocarase ao comezo da vía ou no seu entroncamento coa vía principal.
Os gastos derivados da realización das condición especial da execución establecido na presente cláusula serán a cargo exclusivo do contratista
Xustificación: por imposición da axuda concedida pola Consellería de Medio Rural, con cargo ao PLAN DE MELLORA DE CAMIÑOS RURAIS 2024-2025
Para a xustificación polo contratista deberá de aportarao inicio das obras fotografías da colocación do cartel.
3º/Serán de conta do contratista tódolos tributos de calquera índole que graven as operacións necesarias para a execución da obra e, en particular, as taxas por prestación dos traballos facultativos de reformulo, dirección, inspección e liquidación das obras e calquera outra que resulte de aplicación segundo as disposicións vixentes, na forma e contía que estas sinalen, así como a licenza de obras e do imposto sobre construcións, instalacións e obras; para o caso en que este sexa esixible.
As taxas por direccións de obras e coordinación de seguridade calcularanse tomando como base o orzamento de execución material.
Xustificación: por estar establecido na “Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola prestación de sevizos facultativos que se presten nas obras municipais”
Para a xustificación o contratista deberá de aportar xustificante do pago das taxas.
J. REVISIÓN DE PREZOS: NON
Fórmula de revisión: NON PROCEDE
K. GARANTÍA PROVISIONAL: NON
DEFINITIVA: NON
COMPLEMENTARIA: NON
L. ADSCRICIÓN OBRIGATORIA DE MEDIOS:
Segundo proxecto
M. SUBCONTRATACIÓN: NON
N. MODIFICACIÓNS CONTRACTUAIS PREVISTAS: NON
Ñ. DATOS DE FACTURACIÓN
Entidade contratante: Concello de Meaño
Órgano de contratación: Xunta de Goberno Local
CÓDIGO DIR3
Oficina contable: L0L1360274 -OC
Órgano Xestor: L0L1360274-OG
Unidade tramitadora: L0L1360274-UT
O. SOLVENCIA ECONÓMICA E FINANCIEIRA E TÉCNICA, CLASIFICACIÓN E HABILITACIÓN EMPRESARIAL
O.1 Clasificación: NON
O.2 Solvencia: Neste procedemento, en virtude do disposto en o artigo 159.6 b) LCSP, eximirase a os licitadores da acreditación da solvencia económica e financeira e técnica ou profesional.
O.3 Habilitación empresarial: Non
P: UNIDADE TÉCNICA DE CONTRATACIÓN:
Constituirase unha Unidade Técnica de Contratación composta polos seguintes membros:
1) Técnico de Xestión Administración xeral.
2) Arquitecto municipal/ arquitecto técnico municipal
Suplente: a secretaria-interventora
Secretaría: Trinidad Lorenzo Lema, funcionaria administrativa de Admón Xeral.
Suplente: Pastora Castro Lema, funcionaria administrativa de Admón Xeral.
Q: CRITEROS DE VALORACIÓN DAS OFERTAS:
Criterios de adxudicación avaliables automaticamente (pluralidade de criterios de adxudicación en base a mellor calidade-prezo) ata 100 puntos:
1.-Menor prezo ofertado: Ata un máximo 50 puntos para a oferta máis baixa das admitidas e o resto distribuirase proporcionalmente con arranxo á seguinte fórmula matemática:
P= (50*menor prezo ofertado)/ Oferta a valorar
Non se admitirán na súa totalidade as proposicións nas que se oferte un prezo total superior ao Orzamento Base de Licitación, IVE excluído
2.- Melloras: Ata un máximo de 35 puntos, segundo se indica a continuación:
MELLORA 1: Instalación e cuadriculas de formigón raiado para calmado de tráfico. Espesor de 15 cm. Valoración 15 puntos
PARTIDA
DESCRIPCION: Pavimento de formigón raiado en cuadriculas de 15 cm. de espesor. Incluso corte e demolición de capa de asfalto existente e transporte de residuos a vertedoiro.
Camiño Ameiró
UNIDADES: 80 m ²
PREZO UNITARIO: 34
TOTAL: 2.720,00
TOTAL MELLORA 1: 2.720,00
MELLORA 2 : Retranqueo de muro a aliñación oficial (4,00 m) con muro de perpiaño aserrado e 2 columnas de pedra de 30×30 e posterior asfaltado de zona retranqueada. Valoración 15 puntos
PARTIDA
DESCRIPCION: Execución de muro de perpiaño aserrado de pedra
granítica de 50 cm de alto, 20 cm de groso e
lonxitude variable con acabado rústico na cara vista,
cantos aserrados, sentados sobre leito de morteiro
de cemento de consistencia plástica M_15, incluso
cimentación de formigón de 0,40×0.30 m.
UNIDADES: 6 m ²
PREZO UNITARIO: 150
TOTAL: 900,00
DESCRIPCION: 2 columnas de pedra de 30x30x250 cm.
UNIDADES: 2 ud
PREZO UNITARIO: 430
TOTAL: 860,00
DESCRIPCION: Apertura de caixa e compactacion; 15 cm. de base granular de zahorra artificial, medida unha vez extraída, transportada, extendida e perfilada con motoniveladora e compactada ata a densidade e máxima esixida do 100% do Ensaio Proctor Norma e Firme a base de glomerado en quente tipo AC16 SURF 50/70 D (D-12) de 5 cm de espesor, medido unha vez estendido e compactado, incluso rega de adherencia con 1 Kg de emulsión tipo ECR-2.
UNIDADES: 28 m ²
PREZO UNITARIO: 19
TOTAL: 532,00
TOTAL MELLORA 2: 2.292,00
MELLORA 3: Instalación de bordo curvo de formigón para protección de edificación. Valoración 5 puntos
PARTIDA
DESCRIPCION: Bordo curvo de pezas de formigón prefabricado, de 25×15 cm, sobre base de formigón HM-20; colocado en explanada compactada, segundo PG-3, i/rexuntado con morteiro de cemento M-5 e extradorso. Incluso corte e demolición de capa de asfalto existente e transporte de residuos a vertedoiro. Incluso recheo de formigón pola parte interior contra a edificación.
Camiño Ameiró
UNIDADES: 10 ml
PREZO UNITARIO: 40
TOTAL: 400,00
TOTAL MELLORA 3: 400,00
A valoración das melloras efectuarase de xeito automático, outorgándolle:
1.- A puntuación sinalada a mellora se é ofertada polo licitadores
2.- 0 puntos se non se oferta a mellora
3.- Certificados de calidade e outros: ata un máximo de 15 puntos:
a.- Estar en posesión do certificado de sistemas de XESTIÓN DE CALIDADE vinculada co obxecto do contrato (UNE-EN ISO 9001), en vigor: 5 puntos.
b.- Estar en posesión do certificado de XESTIÓN AMBIENTAL vinculada co obxecto do contrato (UNE-EN- ISO 14001), en vigor: 5 puntos.
c.- Estar en posesión do certificado ISO 18001 OSHSAS PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS (UNE EN ISO 45001), en vigor: 5 puntos.
Para a valoración destes certificados os licitadores deberán achegar xunto coa oferta a correspondente documentación xustificativa.
R: CRITERIOS PARA A DETERMINACIÓN DE OFERTAS CON VALORES ANORMAIS OU DESPROPORCIONADOS
Unicamente poderán ser considerados con respecto ao criterio “prezo”.Considerarase, en principio, como anormal ou desproporcionada a baixa de toda proposición económica na que o criterio “prezo” se atope nalgún dos supostos establecidos no artigo 85 do Real Decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas. No suposto de detectar algunha baixa desproporcionada estarase ao disposto no artigo 149 LCSP.
S: OBRIGAS DE PUBLICIDADE:
Por tratarse de obras subvencionadas pola Consellería de Medio Rural, con cargo ao PLAN DE MELLORA DE CAMIÑOS RURAIS 2024-2025, o contratista estará obrigado a poñer, dende o inicio das obras ata a súa total terminación e comprobación material por parte da Consellería, un CARTEL informativo que indique que se trata dunha obra subvencionada pola Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia. O cartel colocarase ao comezo da vía ou no seu entroncamento coa vía principal.
T.- ABONOS POR ACTUACIÓNS PREPARATORIAS: NON