Convocatoria Traballador-a Social proceso IT

Data de publicación :
23 Maio, 2025

BASES QUE REGULARÁN A SELECCIÓN DE UN/HA TRABALLADOR/A COA CATEGORÍA DE TRABALLADOR/A SOCIAL DO CONCELLO DE MEAÑO PARA A SÚA CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DURANTE O PERÍODO DE INCAPACIDADE TEMPORAL DA TRABALLADORA SUbSTITUÍDA.

 

1.—Obxecto da convocatoria:

As presentes bases regulan  o procedemento selectivo para a contratación de 1 traballador/a coa categoría de Traballador/a Social  do Concello de Meaño, durante o período de baixa por Incapacidade Temporal da traballadora substituída.

O contrato a empregar será o de duración determinada na modalidade de “ Substitución de persoa traballadora”, regulado no artigo 15 do Real Decreto Lexislativo 2/2025, de 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores.

A xornada de traballo será a tempo completo.

2.—Requisitos dos aspirantes

3.1 Para ser admitidos ao proceso selectivo os aspirantes deberán cumprir os requisitos xerais esixidos nos artigos 56 e 57 do Texto Refundido do Estatuto Básico do Empregado Público:

a)Ter a nacionalidade española, sen prexuízo do disposto no artigo 57 do Real Decreto 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público.

  1. c) Ter cumpridos dezaseis anos e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa.
  2. d) Posuír capacidade funcional para o desempeño das tarefas habituais do posto de Traballador/a Social.
  3. e) Estar en posesión do título de Diplomatura Universitaria en Traballo Social ou Grado en Traballo Social.

No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberase estar en posesión de credencial que acredite a súa homologación.

  1. f) Carecer antecedentes penais de natureza sexual.
  2. g) Posuír titulo acreditativo da lingua galega CELGA 4, equivalente ou superior. No seu defecto deberán superar unha proba de coñecemento da lingua galega.

2.2 Os/as aspirantes deberán reunir os requisitos establecidos nestas bases na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes, e mantelos durante todo o proceso selectivo.

3.—Preselección de candidatos/as

3.1.- O Concello de Meaño remitirá unha oferta de emprego pola categoría profesional solicitada á Oficina de Emprego de Cambados, a cal remitirá ao Concello de Meaño unha relación de candidatos preseleccionados pola mesma.

3.2 Os aspirantes preselecionados interesados en participar no proceso selectivo formularán ante o Concello de Meaño, dentro do prazo establecido, solicitude de participación que deberá ir acompañada, necesariamente de:

-DNI ou, no seu caso, do pasaporte ou de calquera outro documento acreditativo da nacionalidade.

– Titulación esixida para o ingreso.

-Acreditación de estar en posesión do Celga 4 ou equivalente.

-Relación de méritos alegados e xustificación documental dos mesmos conforme se establece nestas bases.

Unicamente serán valorados aqueles méritos alegados e xustificados no prazo de presentación de instancias.

3.2 Prazo e Lugar de presentación de solicitudes de participación

O prazo de presentación de solicitudes dos aspirantes preseleccionados polo Servizo Público de Emprego finaliza o vindeiro  día 29 de maio de 2025 ás 14:00 horas.

As solicitudes deberán presentarse, preferentemente, por vía electrónica a través da sede electrónica do Concello de Meaño.

Tamén poderanse presentar en soporte papel na Oficina de rexistro do Concello de Meaño, ou en calquera das formas establecidas no art. 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas

No suposto de presentación en oficina de Correos, deberá realizarse en sobre aberto para que a solicitude sexa datada e selada polo empregado de Correos antes do seu envío certificado.

Os/as aspirantes que non presenten as solicitudes  no rexistro  do Concello de Meaño, deberán de comunicalo por telegrama, fax (ao número 986747391) ou por correo electrónico (concellodemeano@concellodemeano.com) no mesmo día da súa presentación.

Non se admitirán aqueles candidatos/as que non consten no formulario de aspirantes remitidos polo Servizo Público de Emprego de Galicia.

 

3.3 Protección de datos. A efectos de cumprimento da Lei 3/2018, de 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e Garantías dos Dereitos Dixitais, os datos contidos na solicitude serán obxecto de tratamento automatizado polo Concello de Meaño para o desenvolvemento do proceso selectivo, e non poderán ser cedidos, podendo exercer o interesado ante o Concello os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición.

4.—Admisión de aspirantes

4.1 Para seren admitidos ao proceso selectivo os/as aspirantes preseleccionados polo Servizo Público de Emprego, deberán manifestar na súa solicitude que reúnen todos e cada un dos requisitos esixidos nas bases, referidos á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes, achegar a documentación segundo se sinala na base 3.

4.2 Rematado o prazo de presentación de solicitudes, a Alcaldía ditará Resolución aprobando a lista provisional de admitidos e excluídos ao proceso selectivo. Esta Resolución, que será publicada no Taboleiro de Edictos da Corporación e na web municipal conterá a relación nominal dos/as excluídos/as con indicación das causas de non admisión.

4.3 Os/as aspirantes excluídos expresamente, e os que non figuren na relación de admitidos nin na de excluídos, disporán dun prazo único e improrrogable de 1 día hábil, contado a partir do seguinte ao da publicación para emendar o defecto que motivou a súa exclusión ou a non inclusión expresa.

Quen dentro do prazo sinalado non emende os defectos xustificando o seu dereito a ser admitido, será excluído/a do proceso selectivo con carácter definitivo. Pola súa parte, os/as aspirantes que detectaran erros na consignación dos seus datos persoais poderán manifestalo no prazo sinalado.

4.4 Rematado o prazo de emenda de defectos das solicitudes, publicarase no Taboleiro de Edictos da Corporación e na web municipal a resolución declarando aprobada a relación definitiva de aspirantes admitidos e excluídos no proceso selectivo.

Nesta mesma resolución determinarase a composición do tribunal cualificador, así coma a data, lugar e hora de constitución do mesmo e inicio da valoración dos méritos.

4.5 O feito de figurar na relación de admitidos non prexulgará que se lles recoñeza aos aspirantes o cumprimento dos requisitos esixidos. Cando da documentación a presentar unha vez superado o proceso selectivo se desprenda que non cumpren algún dos requisitos, os aspirantes decaerán en todos os seus dereitos que puideran derivarse da súa participación no procedemento.

5.— Tribunal Cualificador.

5.1 O Tribunal que cualificará este proceso selectivo será nomeado polo/a Alcaldía, e estará constituído por un Presidente/a, un Secretario/a con voz e voto, e un mínimo de tres Vocais, así como os seus correspondentes suplentes, funcionarios ou persoal laboral fixo da administración local ou calquera outra Administración Pública, con titulación igual ou superior á esixida para cada praza.

Non poderán formar parte dos Tribunais o persoal de elección ou designación política, os funcionarios interinos ou persoal  laboral temporal, nin o persoal eventual.

Todos os membros deberán ocupar en propiedade praza para cuxo acceso sexa necesario posuír titulación de igual nivel ou superior á esixida para o acceso ás prazas convocadas.

A participación nos Tribunais será sempre a título individual, non podendo ostentarse esta en representación ou por conta allea. Os órganos de selección deberán axustarse aos principios de imparcialidade e profesionalidade dos seus membros, e tenderán na súa composición á paridade entre homes e mulleres, salvo por razóns fundadas e obxectivas, debidamente motivadas, en cumprimento do establecido no artigo 53 da Lei Orgánica 3/2007, de 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes; e no artigo 60.1 do Texto Refundido do Estatuto Básico do Empregado Público.

5.2 O Tribunal non poderá constituírse nin actuar sen a asistencia de, a lo menos, tres dos seus membros (titulares e/ou suplentes) e , en todo caso, coa asistencia do/a presidente/a e do secretario/a.

5.3 O réxime xurídico aplicable aos Tribunais axustarase en todo momento ao disposto para os órganos colexiados na Lei 40/2015, de 01 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público, e demais disposicións vixentes que lles sexan de aplicación. En caso de ausencia do Presidente e do seu suplente, o primeiro designará de entre os vocais un substituto que o suplirá. En defecto de designación, a substitución realizarase de conformidade do previsto no artigo 19.2 da Lei 40/2015, do 01 de outubro.

5.4 O/A Secretario/a do Tribunal levantará acta de todas as sesións, tanto de constitución como de celebración, valoración de méritos e deliberación doutros asuntos da súa competencia, nas que se farán constar as cualificacións, incidencias e votacións producidas.

As actas deberán ser subscritas por todos os membros do Tribunal. As actas, numeradas e rubricadas, xunto cos exercicios e demais documentación, constituirán o expediente.

Calquera aspirante, previa solicitude poderá acceder ao expediente e obter copia dos documentos que o integren, nos termos recoñecidos pola Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno.

6.—CRITERIOS DE SELECCIÓN:

Para a selección do/a traballador/a empregaranse os seguintes criterios de valoración, ate un máximo de 10 puntos:

Baremo de méritos:

  1. Experiencia profesional: A puntuación máxima que se pode acadar neste apartado e de 6 puntos.
  2. a) Por servizos prestados como funcionario ou persoal laboral, como Traballador/a social ou Asistente/a Social en calquera Administración Pública:

-o,10 puntos por mes completo de traballo a xornada completa

-0,05 puntos por mes completo de traballo a xornada parcial

 

  1. b)  Por servizos prestados como persoal por conta allea ou como autónomo como Traballador/a social ou Asistente/a Social en empresas privadas, ONGS, Asociacións…:

– 0,05 puntos por mes completo de traballo a xornada completa

– 0,025 puntos por mes completo de traballo a tempo parcial

Por mes completo de traballo entenderanse meses naturais descartando as fraccións de tempo inferiores ao mes.

A experiencia profesional deberá acreditarse: mediante certificado de servizos prestados expedido pola correspondente administración xunto coa vida laboral actualizada, contratos de traballo xunto coa vida laboral do/a traballador/a actualizada ou certificado de empresa no que conste o posto de traballo, as tarefas e a duración xunto coa vida laboral.

  1. Formación profesional e actividades formativas: A puntuación máxima que se pode acadar neste apartado é de 3 puntos.

Por ter asistido a cursos, xornadas, encontros e congresos de formación e perfeccionamento, organizados, impartidos ou homologados en organismos e entidades oficiais, sindicatos, universidades, colexios oficiais, universidades, fundacións ou escolas de administración pública, directamente relacionados ou vinculados co contido das funcións da praza a que se opta:

  1. a)      De duración de  mais de 10 de horas e ate 20 horas: 0,20 puntos
  2. b)      De duración de máis de 20 horas a 50 horas: 0,40 puntos
  3. c)      De duración de máis de 50 horas a 100 horas: 0,80 puntos
  4. d)     De máis de 100 horas: 1 punto.

Para poder ser valorados, os cursos que se cuantifiquen en créditos deberán de especificar o número de horas a que equivale cada crédito, en caso contrario no se valorará.

A formación profesional e actividades formativas deberán acreditarse mediante certificado de ter superado o curso, ou diploma outorgado no que conste a denominación do curso e o número de horas e o organismo organizador/ homologador.

Non se terán en conta os certificados ou diplomas nos que non se especifique a duración do curso en número de horas.

Unicamente serán valorados aqueles méritos alegados e xustificados no prazo de presentación de instancias.

3.- CELGA 4 ou equivalente.

Por acreditar estar en posesión do titulo acreditativo da lingua galega CELGA 4, equivalente ou superior outorgarase  1 punto.

Deberán acreditarse mediante a presentación do correspondente título.

Os aspirantes que non acrediten estar en posesión do título CELGA IV ou equivalente, deberán facer unha proba obrigatoria e non eliminatoria que se valorará de 0 a 1 punto.

Esta proba consistirá na tradución directa ou  inversa dun textos, en castelán e galego, nun tempo máximo de 30 minutos. Os textos serán escollidos polo Tribunal cualificador do proceso selectivo inmediatamente antes de celebrarse a proba, correspondéndolle ao Tribunal a fixación do nivel de coñecemento esixido para superar esta proba.

7.—Puntuación final .

7.1. Unha vez valorados os méritos alegados e xustificados polos aspirantes nos termos previsto nestas bases, o Tribunal publicará no Taboleiro de Edictos do Concello e na web municipal a relación dos candidatos admitidos ao proceso selectivo, pola orde decrecente de puntuación final acadada, que virá dada pola suma das puntuacións obtidas en cada un dos apartados previstos na base 6ª.

7.2 O Tribunal  proporá a contratación de aquel/a aspirante que obteña a maior puntuación final.

7.3 De producirse a renuncia do/a  aspirante proposto/a  o chamamento realizarase atendendo á orde de puntuación final da lista a que fai referencia o apartado 7.1.

Para os efectos previstos neste punto terán a mesma consideración que as renuncias os supostos referidos aos aspirantes que dentro do prazo fixado non presenten a documentación que se refire na base seguinte.

7.4 En caso de empate na puntuación final do proceso selectivo establécese a seguinte orde de prioridade:

1º. A nota máis alta no apartado 6.1.a

2º. A nota máis alta no apartado 6.1.b

3º. A nota máis alta no apartado 6.2

4º. Se aínda así persistise o empate de puntuacións, acudirase ao resultado dun sorteo cuxa realización se anunciará, para a posible participación dos aspirantes afectados, sinalando o lugar día e hora da súa celebración, mediante anuncio publicado, cunha antelación mínima de 24 horas no taboleiro de anuncios e páxina web do Concello de Meaño.

8.—Presentación de documentos.

8.1 No prazo de 2 dias hábiles, a contar dende o seguinte ao da publicación da puntuación final  no Taboleiro de Edictos da Corporación e na web municipal, o/a aspirante proposto/a aportará no Concello de Meaño os documentos que a continuación se relacionan:

  1. a) Orixinal ou copia compulsada DNI .
  2. b) Orixinal ou copia compulsada do título académico esixido para o ingreso.
  3. c) Declaración xurada ou promesa de non ter sido separado do servizo de calquera Administración Pública, de órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas mediante expediente disciplinario, nin acharse en situación de inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, tanto para o acceso á función pública como para exercer funcións similares como persoal laboral sen que fose separado ou inhabilitado.
  4. d) Tarxeta da Seguridade Social.
  5. e) Certificado / informe médico acreditativo de non padecer enfermidade ou defecto físico que imposibilite o normal exercicio da función de Técnico educación infantil.
  6. f) Nº de conta bancaria, da que sexa titular, con vinte catro díxitos, no que haberá de figurar o IBAN.
  7. g) Certificado de carecer de antecedentes penais de natureza sexual.
  8. h) De non constar no expediente orixinais ou copias compulsadas dos méritos alegados e tidos en conta na baremación.

8.2 Quen dentro do prazo indicado no apartado 8.1, e agás os casos de forza maior, non presentase a documentación esixida nas bases da convocatoria, ou do exame da mesma se deducise que carecen dalgún dos requisitos esixido nas mesmas, non poderán ser contratados, quedando anuladas todas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade na que puidesen incorrer por falsidade nas súas solicitudes de participación.

9.- Contratación

Concluído o proceso selectivo, e de persistir a necesidade que motiva esta selección, o/a aspirante  proposto/a que aportase a documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos esixidos na convocatoria, será contratado/a de xeito temporal, na modalidade de “Substitución de persoa traballadora” coa categoría de Traballador/a Social do Concello de Meaño.

10.—Comunicacións e incidencias.

10.1 A publicación das presentes bases e de todas as resolucións e acordos que se diten no desenvolvemento de cada proceso selectivo realizarase a través do Taboleiro de Edictos do Concello e na páxina web municipal (https://meano.gal).

10.2 Os aspirantes poderán dirixir á Alcaldía as comunicacións sobre incidencias relativas á actuación do Tribunal, así como as reclamacións, queixas, peticións ou suxestións sobre o proceso selectivo.

10.3. Os aspirantes poderán presentar reclamacións ante o Tribunal de selección .Esta circunstancia farase constar no anuncio de publicación correspondente.

En todos os casos, para a presentación de reclamacións disponse dun prazo dun día hábil contados a partir do día seguinte ao da publicación.

As reclamacións poderán presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Meaño, sito na R/Campo da Feira nº 1(Meaño). Tamén poderán presentarse nos lugares e formas establecidos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. Co fin de axilizar trámites, os aspirantes que presenten reclamación en rexistro distintos ao do propio Concello de Meaño deberán anuncialo enviando ao fax 986747391, ou ao correo electrónico concellodemeano@ concellodemeano.com.

11.— Impugnación

As presentes bases e tódolos actos administrativos que das mesmas se deriven e das actuacións dos tribunais poderán ser impugnadas polos interesados nos casos e na forma previstos na Lei 39/2015, do 01 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

En Meaño, O Alcalde

Documento datado e asinado  electronicamente

 

Documentos do Anuncio
Compartir: