Elección de Xuíz de Paz Substituto

Data de publicación :
14 Xullo, 2026

ANUNCIO

 

Vista a necesidade de proceder a elección de Xuíz de Paz Substituto polo período de catro anos e visto o OFICIO remitido polo Tribunal de Instancia Sección Civil e de Instrución nº 4 de Cambados non expediente Gobernativo 0000072/2026, ponse en coñecemento dos veciños de Meaño que:

Todos aqueles veciños/as deste Municipio que estean interesados/as no cargo, que reúnan as condicións legalmente establecidas e non incorran nas causas de incapacidade e incompatibilidade previstas na Lei Orgánica do Poder Xudicial, poden presentar no Rexistro de entrada de documentos deste concello ou na sede electrónica municipal, (https://concellodemeano.sedelectronica.gal), á maior brevidade posible,  solicitude acompañada de:

  1. a) Fotocopia do D.N.I.
  2. b) Declaración responsable na que consten os seguintes extremos:

–  Que non foi condenado por delito doloso ou, no seu caso, que se obtivo a rehabilitación.

–  Que non está procesado ou inculpado por delito doloso.

–  Que está en pleno exercicio dos seus dereitos civís.

– Que é español, maior de idade, non está impedido física ou psíquicamente para a función xudicial e que vai residir nesta localidade, salvo autorización da Sala de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza.

–  Que non está incurso en ningunha das causas de incapacidade, incompatibilidade ou prohibición previstas nos arts. 389 a 397 da Lei Orgánica do Poder Xudicial.

  1. c) Autorización para que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia poida acceder aos datos que consten no Rexistro Central de Penados.
  2. d) Documento no que se reflectirá os estudos realizados, profesión actual e a experiencia laboral relacionada co cargo pretendido e no caso de ser avogado en exercicio, achegarase documento no que se conste o compromiso expreso de abandonar o exercicio se fose nomeado.

O Alcalde

Documentos do Anuncio
Compartir: