“RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA
ASUNTO: RECURSO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO (PROCEDEMENTO ABREVIADO 235/2023), INTERPOSTO POR ALIMENTACIÓN SALUDABLE GALLEGA, S.L.U., CONTRA O ACORDO DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DE DATA 08-05-2023, DE RECLAMACIÓN DE CANTIDADE.
EXPEDIENTE: 39/2024
Antecedentes.
Con data de rexistro de entrada no Concello de Meaño 25/09/2023, nº 2023-E-RC-4237 ten entrada neste Concello o oficio e decreto remito polo Xulgado do Contencioso-administrativo nº 3 de Pontevedra, en relación co recurso contencioso-administrativo interposto por Alimentación Saludable Gallega, S.L.U., contra o acordo da Xunta de Goberno Local de data 08-05-2023, de reclamación de cantidade.
Fundamentos xurídicos
1. Ao abeiro do artigo 21.1.k) da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local, correspóndelle á Alcaldía a defensa do Concello nas materia da súa competencia, incluso cando as houbera delegado en outro órgano.
2. Segundo determina o artigo 49 da Lei 29/1998, de 13 de xullo, reguladora da Xurisdición Contenciosa-Administrativa, a resolución pola que se acorde remitir o expediente notificarase nos cinco días seguintes a súa adopción, a cantos aparezan como interesados nel, emprazándos para que poidan persoarse como demandados no prazo de nove días.
3. A Administración comunicará ao Tribunal, ao remitirlle o expediente administrativo si ten coñecemento da existencia doutros recursos contencioso-administrativo nos que poidan concorrer os supostos de acumulación, segundo se sinala no artigo 38 Lei 29/1998, de 13 de xullo, reguladora da Xurisdición Contenciosa-Administrativa.
5. Pola súa parte, segundo determina o artigo 50 deste texto legal o emprazamento da Administración entenderase efectuado pola reclamación do expediente e as Administracións públicas entenderanse persoadas polo envio do expediente. O expediente, segundo determina o artigo 48, deberá ser remitido no prazo imporrogable de vinte días, a contar desde que a comunicación xudicial teña entrada no rexistro xeral do órgano requirido.
A vista do que antecede, esta Alcaldía en uso das facultades que lle atribúe o artigo 21.1k) da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local, e dando cumprimento aos artigos 48 e 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da Xurisdicción Contencioso-Administrativa; RESOLVE:
1º.- Tomar razón do Recurso contencioso-administrativo (Procedemento abreviado 235/2023), interposto por Alimentación Saludable Gallega, S.L.U. contra o acordo da Xunta de Goberno Local de data 08-05-2023, de reclamación de cantidade.
2º.- Remitir o expediente administrativo requirido e obxecto do Recurso contencioso-administrativo (Procedemento abreviado 235/2023) ao Xulgado do Contencioso-administrativo nº 3 de Pontevedra.
3º.- Comparecer e persoarse en autos e encomendarlle a representación deste proceso a calquera dos procuradores dos que figuran no apoderamento outorgado pola Alcaldía de Meaño ante o Notario de Cambados D. José Ángel Dopico Álvarez, con data 11 de maio de 2007 ou ante o Notario de Sanxenxo D. Jorge Eduardo da Cunha Rivas, con data 6 de maio de 2010 e o asesoramento e a defensa ao letrado ao avogado D. Martín Serantes Álvarez.
4º.- Publicar a presente Resolución para os efectos do emprazamento previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, de 13 de xullo, reguladora da Xurisdición Contenciosa-Administrativa, e as persoas interesadas neste procedemento poidan persoarse como demandados no prazo de nove días.
Manda o Sr. alcalde D. Carlos Vieitez Fenández e asina coa Sra. secretaria-interventora Dª M.ª Teresa Escudero Barral, que da fe.”
De conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1988, do 13 de xullo, reguladora da Xurisdición Contencioso-Administrativa, polo presente emprázase ás persoas interesadas para que poidan persoarse no procedemento sinalado, ante o órgano que se refire, no prazo de nove días contados a partires do seguinte ao da publicación deste edicto no Boletín Oficial da Provincia.
O alcalde Carlos Vieitez Fenández
Documento asinado e datado dixitalmente ao marxe
- Anuncio BOP nº 12, de data 17 de xaneiro de 2024.