ANUNCIO
CONCELLO DE MEAÑO
EXPOSICIÓN PÚBLICA DAS LISTAS COBRATORIAS DO IMPOSTO SOBRE BENS INMOBLES DE NATUREZA RÚSTICA, URBANA E DE CARACTERÍSTICAS ESPECIAIS DO EXERCICIO 2025 E DA SÚA COBRANZA
De acordo co establecido nos artigos 22 e 24 da Ordenanza Fiscal Xeral do Órgano de xestión tributaria e recadación de tributos locais desta Deputación – ORAL, por medio do presente anuncio iníciase o trámite de información pública das listas cobratorias do Imposto sobre Bens Inmobles de natureza rústica, urbana e de características especiais do exercicio 2025 (IBI) correspondentes ao Concello que se relaciona (que ten delegada a xestión tributaria e recadación nesta Deputación) as cales foron aprobadas por Resolución de Tesourería de data 04 de xullo de 2025.
Esta exposición ao público ten carácter de notificación colectiva ó abeiro do artigo
102.3 da Lei 58/2003 xeral tributaria, remitíndose aos concellos incluídos a efectos da súa inserción no taboleiro de edictos.
De acordo co establecido no artigo 14.2 do RD Lexislativo 2/2004 de 5 de marzo, do texto refundido da lei de facendas locais e demais disposicións vixentes na materia, contra a citada Resolución e as liquidacións incluídas nela poderase interpor recurso de reposición ante a Tesourería da Deputación provincial no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao de finalización da exposición pública, previo ao contencioso-administrativo.
Os citados rexistros conteñen datos de carácter persoal amparados pola lei de protección de datos, polo que as persoas interesadas poderán consultar os rexistros relativos exclusivamente á súa débeda tributaria no CONCELLO DE MEAÑO e nas oficinas do ORAL durante o período de exposición ao público, que comprenderá dende o día 29 de xullo ata o 06 de outubro de 2025, ambas datas incluídas.
COBRANZA EN PERÍODO VOLUNTARIO DO IBI DO EXERCICIO 2025
De conformidade co previsto nos artigos 18, 24 e 25 da Ordenanza Fiscal Xeral do órgano de xestión tributaria e recadación de recursos locais – ORAL, en relación co artigo 62.3 da Lei 58/2003, xeral tributaria e cos artigos 23, 24 e 25 do Regulamento xeral de recadación, de 29 de xullo de 2005, comunícaselle ás persoas interesadas que o período voluntario de cobranza do Imposto sobre Bens Inmobles de natureza rústica, urbana e de características especiais do exercicio 2025 (IBI), para o CONCELLO DE MEAÑO, se inicia o día 29 de xullo e finaliza o 07 de novembro de 2025, ámbalas dúas datas incluídas.
NORMAS DA COBRANZA
Recibos non domiciliados: Os documentos para o ingreso dos recibos non domiciliados enviaranse por correo postal ordinario ao domicilio único de cada contribuínte. Este envío non ten carácter de notificación. A non recepción dos devanditos documentos de ingreso no domicilio non exime da súa obriga de pagamento.
Tamén se poderá dispor dos mesmos na OVT (https://ovt.depo.gal), nas “Oficinas de atención tributaria presenciais” ou no seu caso chamando ao “Centro de atención telefónica do ORAL nos teléfonos 886 211 400 e 886 211 420”.
Referencias de cobranza: os documentos de ingreso inclúen dúas referencias de cobramento con importes diferentes. A primeira é válida durante o período voluntario de pago que se indica no recibo. A segunda é válida a partir do día seguinte ao remate do período voluntario de pagamento, e o importe que ten asociado inclúe o principal da débeda e a recarga executiva do 5 %. Rematada a data de caducidade da segunda referencia xa non se poderán utilizar estes documentos para realizar o ingreso da débeda, polo que deberán descargarse outros a través da OVT (https://ovt.depo.gal), chamando ao centro de atención telefónica nos teléfonos 886 211 400 e 886 211 420 ou de xeito presencial, no seu caso, en calquera das nosas oficinas.
Formas e lugares de ingreso:
- A través da Oficina Virtual Tributaria (OVT) da Deputación de Pontevedra–ORAL, https://ovt.depo.gal)
- A través da aplicación de pagamentos da Deputación de Pontevedra (dispoñible para IOS e Android)
- Na caixa de calquera das entidades colaboradoras (ABANCA, Banco Santander, BBVA, CaixaBank, Ibercaja Banco, Sabadell e Unicaja Banco), e tamén nos caixeiros automáticos ou por internet (se a entidade colaboradora elixida dispón deses servizos)
Cargos bancarios por recibos domiciliados: os recibos que figuren correctamente domiciliados faranse chegar ás respectivas entidades financeiras para que sexan cargados nas contas correspondentes o día indicado no calendario fiscal para cada tributo.
Advertencia legal: o vencemento do prazo de ingreso en período voluntario sen que estea satisfeita a débeda determinará o inicio do procedemento de prema e a esixencia da recarga e dos xuros de demora que en cada momento correspondan. Tamén se liquidarán e se esixirán, no seu caso, as custas regulamentarias orixinadas dese procedemento.
Oficinas de atención tributaria presenciais: a atención ao público nas oficinas do ORAL farase, no seu caso, a través do sistema de cita previa, que se solicita a través das seguintes canles:
- Web do ORAL: https://oral.depo.gal ou https://oral.depo.es
- OVT: https://ovt.depo.gal
- Sede electrónica: https://sede.depo.gal/citaprevia/
- Teléfono de atención tributaria e cita previa: 886 211 400 e 886 211 420
RELACIÓN DE OFICINAS DE ATENCIÓN TRIBUTARIA ORAL-DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
| OFICINA PRINCIPAL | CENTROS DEPENDENTES | ENDEREZO | DÍAS E HORARIO DE
APERTURA |
|
COMARCAS DO DEZA |
O. P. Lalín |
Praza de Galicia, 1, baixo (Castro Tecnolóxico)
36500 Lalín |
De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas |
| COMARCA DE TABEIRÓS –
TERRA DE MONTES |
O. P. A Estrada | Avda. Benito Vigo, 47, baixo
36680 A Estrada |
De luns a venres de
9:00 a 14:00 horas |
| COMARCA DE CALDAS DE
REIS |
O. P. Caldas de Reis | Rúa José Salgado, 19, baixo
36650 Caldas de Reis |
De luns a venres de
9:00 a 14:00 horas |
|
COMARCA DO SALNÉS |
O. P. Vilanova de Arousa | Rúa Curros Enriquez, 18 baixo
36620 Vilanova de Arousa |
De luns a venres de
9:00 a 14:00 horas |
| O. P. Cambados | Rúa Ourense, 8
36630 Cambados |
De luns a venres de
9:00 a 14:00 horas |
|
| O. P. Sanxenxo | Rúa Viña da Fonte, 2
36960 Sanxenxo |
De luns a venres de
9:00 a 14:00 horas |
|
|
COMARCAS DO MORRAZO E VAL MIÑOR |
O. P. Cangas | Praza das Pontes, s/n, edificio do
Concello – 36940 Cangas |
De luns a venres de
9:00 a 14:00 horas |
| O. P. Moaña | Rúa As Barxas, 15, baixo
36950 Moaña |
De luns a venres de
9:00 a 14:00 horas |
|
|
O. P. Nigrán |
Rúa Damas Apostólicas, 15, oficina 108 – 36370 A Ramallosa,
Nigrán |
De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas | |
| Ofic. aux. Bueu | Rúa Eduardo Vicenti, 8
36930 Bueu |
Luns de 9:00 a 13:30
horas |
|
|
COMARCA DO BAIXO MIÑO |
O. P. Tui | Rúa do Rosal, 1
36700 Tui |
De luns a venres de
9:00 a 14:00 horas |
| O. P. A Guarda | Rúa José Manuel Andreini, 6,
baixo – 36780 A Guarda |
De luns a venres de
9:00 a 14:00 horas |
|
| Ofic. aux.Tomiño | Praza do Seixo, s/n, edificio do
Concello – 36740 Tomiño |
Todos os mércores de
9:00 a 13: 30 horas |
|
| Ofic. aux. O Rosal | Praza do Calvario, 1, edificio do
Concello – 36770 O Rosal |
Martes e xoves de 9:00
a 13:30 horas |
|
| COMARCA DA ÁREA DE
VIGO |
O. P. O Porriño | Rúa O Pinar, 5, baixo
36400 O Porriño |
De luns a venres de
9:00 a 14:00 horas |
|
COMARCA DO CONDADO E DA PARADANTA |
O. P. Ponteareas | Rúa Concha Brey, 4, baixo
36860 Ponteareas |
De luns a venres de
9:00 a 14:00 horas |
| Ofic. aux. Crecente | Rúa Solís Ruiz, 8
36420 Crecente |
Venres de 9:00 a 13:30
horas |
|
| Ofic. aux. Arbo | Rúa Luís Cubelas, 2 Sm
36430 Arbo |
Mércores de 9:00 a
13:30 horas |
|
| Ofic. aux. A Cañiza | Rúa Progreso 51 1º, edif. xulgados
36880 A Cañiza |
Martes e xoves 9:00 a
13:30 horas |
|
| Ofic. aux. As Neves | Praza da Cristiandade 1, 36440
As Neves |
Venres de 9:00 a 13:30
horas |
|
| Ofic. aux. Covelo | Praza Mestre Cerviño, 2
36872 Covelo |
Luns de 9:00 a 13:30
horas |
|
|
COMARCA DE PONTEVEDRA |
Servizos centrais | Rúa Manuel del Palacio, 16
36071 Pontevedra |
De luns a venres de
9:00 a 14:00 horas |
| Ofic. aux. Ponte Caldelas | Avda. de Galicia, 17, edificio do
Concello – Ponte Caldelas |
Venres de 9:00 a 13:30
horas |
|
| DATOS DE CONTACTO | Teléfonos Información tributaria e cita previa: 886 211 400 e 886 211 420 | ||
| Enderezo electrónico: informacion.oral@depo.es | |||
Asinado dixitalmente