EXPOSICIÓN PÚBLICA DAS LISTAS COBRATORIAS E COBRANZA DO IMPOSTO SOBRE BENS INMOBLES DE NATUREZA RÚSTICA, URBANA E DE CARACTERÍSTICAS ESPECIAIS DO EXERCICIO DE 2026
ANUNCIO
EXPOSICIÓN PÚBLICA DAS LISTAS COBRATORIAS E COBRANZA DO IMPOSTO SOBRE BENS INMOBLES DE NATUREZA RÚSTICA, URBANA E DE CARACTERÍSTICAS ESPECIAIS DO EXERCICIO DE 2026
De acordo co establecido nos artigos 22 e 24 da Ordenanza fiscal xeral do Órgano de Xestión Tributaria e Recadación de Tributos Locais (ORAL) desta Deputación, por medio deste anuncio iníciase o trámite de información pública das listas cobratorias do imposto sobre bens inmobles de natureza rústica, urbana e de características especiais (IBI) do exercicio de 2026 dos concellos que teñen delegada a xestión tributaria e a recadación nesta Deputación, as cales foron aprobadas por resolución da Tesourería do 3 de xullo de 2026 e que se relacionan a continuación:
AGOLADA, ARBO, BARRO, BAIONA, CALDAS DE REIS, CAMBADOS, CAMPO LAMEIRO (O), CANGAS DE MORRAZO, CANIZA (A), CATOIRA, CERDEDO COTOBADE, COVELO, CRECENTE, CUNTIS, DOZÓN, ESTRADA (A), FORNELOS DE MONTES, GONDOMAR, GUARDA (A), LALÍN, LAMA (A), MEAÑO, MEIS, MOAÑA, MONDARIZ, MONDARIZ BALNEARIO, MORAÑA, MOS, NEVES (AS), NIGRÁN, OIA, PAZOS DE BORBÉN, POIO, PORRIÑO (O), PORTAS, PONTEAREAS, PONTE CALDELAS, PONTECESURES, RODEIRO, ROSAL (O), SALCEDA DE CASELAS, SALVATERRA DE MIÑO, SANXENXO, SILLEDA, SOUTOMAIOR, TOMIÑO, TUI, VALGA, VILABOA, VILA DE CRUCES E VILANOVA DE AROUSA.
Esta exposición ao público ten carácter de notificación colectiva, ao abeiro do artigo 102.3 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria (LXT), e remitiráselles aos concellos mencionados para a súa inserción no taboleiro de edictos.
De acordo co establecido no artigo 14.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, do Texto refundido da Lei de facendas locais, e nas demais disposicións vixentes na materia, contra a citada resolución e as liquidacións incluídas nela poderase interpoñer un recurso de reposición ante a Tesourería da Deputación provincial no prazo dun (1) mes, contado a partir do día seguinte ao de finalización da exposición pública, previo ao recurso contencioso-administrativo.
Os citados rexistros conteñen datos de carácter persoal amparados pola Lei de protección de datos, polo que as persoas interesadas poderán consultar os rexistros relativos exclusivamente á súa débeda tributaria en cada un dos concellos respectivos e nas oficinas do ORAL durante o período de exposición ao público, desde o 29 de xullo ata o 5 de outubro de 2026, ambas as datas incluídas.
COBRANZA EN PERÍODO VOLUNTARIO DO IBI DO EXERCICIO DE 2026
De conformidade co previsto nos artigos 18, 24 e 25 da Ordenanza fiscal xeral do ORAL, en relación co artigo 62.3 da LXT e cos artigos 23, 24 e 25 do Regulamento xeral de recadación, de 29 de xullo de 2005, comunícaselles ás persoas interesadas que o período voluntario de cobranza do IBI do exercicio de 2026 para os concellos relacionados se inicia o 29 de xullo e remata o 6 de novembro de 2026, ambas as datas incluídas.
NORMAS DA COBRANZA
Recibos non domiciliados: os documentos para o ingreso dos recibos non domiciliados enviaránselle por correo postal ordinario ao domicilio único de cada contribuínte. Este envío non ten carácter de notificación. A non recepción dos devanditos documentos de ingreso no domicilio non exime da súa obriga de pagamento.
Tamén se poderá dispoñer deles na Oficina Virtual Tributaria (OVT) https://ovt.depo.gal, nas oficinas de atención tributaria presencial ou chamando ao centro de atención telefónica do ORAL nos teléfonos 886 211 400 e 886 211 420.
Referencias de cobranza: os documentos de ingreso inclúen dúas referencias de cobramento con importes diferentes. A primeira é válida durante o período voluntario de pago que se indica no recibo; a segunda, a partir do día seguinte ao remate do período voluntario de pagamento, e o importe que ten asociado inclúe o principal da débeda e a recarga executiva do 5 %. Rematada a data de caducidade da segunda referencia, xa non se poderán utilizar estes documentos para realizar o ingreso da débeda, polo que deberán descargarse outros a través da OVT (https:// ovt.depo.gal), chamando ao centro de atención telefónica nos teléfonos 886 211 400 e 886 211 420 ou de xeito presencial en calquera das nosas oficinas.
Formas e lugares de ingreso:
- A través da Oficina Virtual Tributaria (OVT) do ORAL (https://ovt.depo.gal)
- Mediante a aplicación de pagamentos da Deputación de Pontevedra (dispoñible para iOS e Android)
- Na caixa de calquera das entidades colaboradoras (ABANCA, Banco Santander, BBVA, CaixaBank, Ibercaja Banco, Sabadell e Unicaja Banco) e tamén nos caixeiros automáticos ou por internet (se a entidade colaboradora elixida dispón deses servizos)
Cargos bancarios por recibos domiciliados: os recibos que figuren correctamente domiciliados faránselles chegar ás respectivas entidades financeiras para que sexan cargados nas contas correspondentes o día indicado no calendario fiscal para cada tributo.
Advertencia legal: o vencemento do prazo de ingreso en período voluntario sen que se satisfaga a débeda determinará o inicio do período executivo e as débedas serán esixidas a través do procedemento de prema, e devindicaranse as correspondentes recargas do período executivo, xuros de mora e, no seu caso, as custas que se produzan.
Oficinas de atención tributaria presenciais: a atención ao público nas oficinas do ORAL farase a través do sistema de cita previa, que se solicita mediante as seguintes canles:
- Web do ORAL: https://oral.depo.gal ou https://oral.depo.es
- OVT: https://ovt.depo.gal
- Sede electrónica: https://sede.depo.gal/citaprevia/
- Teléfonos de atención tributaria e cita previa: 886 211 400 e 886 211 420
RELACIÓN DE OFICINAS DE ATENCIÓN TRIBUTARIA DO ORAL
| OFICINA PRINCIPAL | CENTROS DEPENDENTES | ENDEREZO | DÍAS E HORARIO DE APERTURA |
| Comarca de Deza | O. P. de Lalín | Praza de Galicia, 1, baixo (Castro Tecnolóxico)36500 Lalín | De luns a venres, de 9:00 a 14:00 horas |
| Comarca de Tabeirós-Terra de Montes | O. P. da Estrada | Avda. Benito Vigo, 47, baixo 36680 A Estrada | De luns a venres, de 9:00 a 14:00 horas |
| Comarca de Caldas | O. P. de Caldas de Reis | Rúa José Salgado, 19, baixo 36650 Caldas de Reis | De luns a venres, de 9:00 a 14:00 horas |
|
Comarca do Salnés |
O. P. de Vilanova de Arousa | Rúa Curros Enríquez, 18 baixo 36620 Vilanova de Arousa | De luns a venres, de 9:00 a 14:00 horas |
| O. P. de Cambados | Rúa Ourense, 836630 Cambados | De luns a venres, de 9:00 a 14:00 horas | |
| O. P. de Sanxenxo | Rúa Viña da Fonte, 236960 Sanxenxo | De luns a venres, de 9:00 a 14:00 horas | |
|
Comarca do Morrazo e Val Miñor |
O. P. de Cangas de Morrazo | Praza das Pontes, s/n,36940 Cangas de Morrazo | De luns a venres, de 9:00 a 14:00 horas |
| O. P. de Moaña | Rúa As Barxas, 15, baixo36950 Moaña | De luns a venres, de 9:00 a 14:00 horas | |
| O. P. de Nigrán | Rúa Damas Apostólicas, 15, oficina 10836370 A Ramallosa, Nigrán | De luns a venres, de 9:00 a 14:00 horas | |
| Ofic. aux. de Bueu | Rúa Eduardo Vicenti, 8 edificio do Concello, 36930 Bueu | Luns, de 9:00 a 13:30 horas | |
|
Comarca do Baixo Miño |
O. P. de Tui | Rúa do Rosal, 136700 Tui | De luns a venres, de 9:00 a 14:00 horas |
| O. P. da Guarda | Rúa José Manuel Andreini, 6, baixo, 36780 A Guarda | De luns a venres, de 9:00 a 14:00 horas | |
| Ofic. aux. de Tomiño | Praza do Seixo, s/n, edificio do Concello, 36740 Tomiño | Todos os mércores, de 9:00 a 13: 30 horas | |
| Ofic. aux. do Rosal | Praza do Calvario, 1, edificio do Concello, 36770 O Rosal | Martes e xoves, de 9:00 a 13:30 horas | |
| Comarca de Vigo | O. P. do Porriño | Rúa O Pinar, 5, baixo36400 O Porriño | De luns a venres, de 9:00 a 14:00 horas |
| OFICINA PRINCIPAL | CENTROS DEPENDENTES | ENDEREZO | DÍAS E HORARIO DE APERTURA |
|
Comarcas do Condado e da Paradanta |
O. P. de Ponteareas | Rúa Concha Brey, 4, baixo36860 Ponteareas | De luns a venres, de 9:00 a 14:00 horas |
| Ofic. aux. de Crecente | Rúa Solís Ruiz, 836420 Crecente | Venres, de 9:00 a 13:30 horas | |
| Ofic. aux. de Arbo | Rúa Luís Cubelas, 236430 Arbo | Mércores, de 9:00
a 13:30 horas |
|
| Ofic. aux. da Caniza | Rúa Progreso, 51, 1.º, edif. dos xulgados, 36880 A Caniza | Martes e xoves, de 9:00 a 13:30 horas | |
| Ofic. aux. das Neves | Praza da Cristiandade, 136440 As Neves | Venres, de 9:00 a 13:30 horas | |
| Ofic. aux. de Covelo | Praza Mestre Cerviño, 236872 Covelo | Luns, de 9:00 a 13:30 horas | |
|
Comarca de Pontevedra |
Servizos centrais | Rúa Manuel del Palacio, 1636071 Pontevedra | De luns a venres, de 9:00 a 14:00 horas |
| Ofic. aux. de Ponte Caldelas | Avda. de Galicia, 17, edificio do Concello, 36820 Ponte Caldelas | Venres, de 9:00 a 13:30 horas | |
| Datos de contacto | Teléfonos de información tributaria e cita previa: 886 211 400 e 886 211 420 | ||
| Correo electrónico: informacion.oral@depo.es | |||
Asinado dixitalmente