Exposición pública e cobranza Servizo Fiambreira agosto Escola Infantil 0-3 anos

Data de publicación :
21 Agosto, 2026

ANUNCIO

EXPOSICION PUBLICA E COBRANZA DO PADRON DO PREZO PUBLICO POLA PRESTACION DO SERVIZO DE FIAMBREIRA NA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL 0-3 ANOS DO MES DE AGOSTO

Por Resolución da alcaldía de data 18/08/2026, n.º 2026-0489, aprobase o padrón correspondente ao prezo público pola prestación do servizo de Fiambreira na Escola Infantil Municipal 0-3 anos do mes de agosto, co seguinte detalle:

1º/ Aproba-lo padrón correspondente ó Prezo Público polo servizo de Fiambreira na Escola Infantil Municipal 0-3 anos compresivos das liquidacións e correspondentes ao mes de agosto de 2026.

2º./ Establécese o período voluntario de cobranza entre os días 24 de agosto e 26 de outubro de 2026. O cargo en conta dos recibos domiciliados será o 27 de agosto de 2026. O ingreso poderá realizarse nas entidades colaboradoras que figuran nos propios recibos. O transcurso do período voluntario de ingreso sen que este se produza, determinará o inicio do procedemento executivo, coa devindicación e esixencia das recargas, xuros e demais conceptos que corresponda, consonte ó disposto na Lei 58/2003, Xeral Tributaria.

3º./ Os recibos non domiciliados remitiranse aos suxeitos pasivos. Advírtese que a non recepción do recibo non exonera da obriga de pagamento. No caso de non recepción, destrución ou extravío deste, dentro do período voluntario de ingreso, os contribuíntes poderán dirixirse ás oficinas do Concello para obter un duplicado.

4º./ Esta notificación notificarase colectivamente mediante publicación dun anuncio no Boletín Oficial da Provincia, na páxina web e sede electrónica do concello. A partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia , o Padrón permanecerá exposto ao público durante 15 días hábiles, para que os interesados poidan examinar o expediente e presenta-las reclamacións e recursos que estimen pertinentes.

5º./Contra a presente resolución e o Padrón que aproba, cabe interpoñer recurso de reposición perante a Alcaldía do Concello de Meaño no prazo dun mes a contar desde o día seguinte ao da finalización da exposición pública, sen prexuízo de que os interesados poidan presentar calquera outro recurso que estimen pertinente.”

Documento asinado e datado electrónicamenteá marxe

Documentos do Anuncio
Compartir: