Melloras e equipamento da rede de abastecemento

Data de publicación :
11 Novembro, 2025

 

A. PODER ADXUDICADOR
Administración contratante:  Concello de Meaño
Órgano de contratación:  Xunta de Goberno Local
Servizo xestor: Secretaría-intervención do Concello de Meaño
Responsable do contrato:  Dirección facultativa
Perfil de contratante:  www.concellodemeano.com enlazado á Plataforma de Contratos de Galicia https://www.contratosdegalicia.gal
Dirección do órgano de contratación: R/Campo da Feira nº 1 (Meaño)
Correo electrónico do órgano de contratación: concellodemeano@concellodemeano.com
Sede electrónica: concellodemeano.sedelectronica.gal
Teléfono/Fax: 986-747102   986-747391
B. PROCEDEMENTO DE ADXUDICACIÓN, TRAMITACIÓN DO EXPEDIENTE E FORMA DE PRESENTACIÓN DE OFERTAS
Tipo de contrato: OBRAS
Cabe recurso especial: NON
Contrato suxeito a regulación harmonizada: NON
Tipo de procedemento: ABERTO SIMPLIFICADO SUMARIO
Tramitación: ORDINARIA
Forma e prazo de presentación de ofertas(cláusula 17 do PCAP): Forma: Electrónica, única e exclusivamente a través do Sistema de Licitación Electrónica da Xunta de Galicia (SILEX), segundo a cláusula 17 do PCAP.

Prazo: 10 días hábiles a contar desde o seguinte á publicación no perfil do contratante do anuncio de licitación

Documentación a presentar: (Cláusula 18 do PCAP) Sobre UNICO co seguinte contido: Anexo I – Declaración responsable e oferta económica
C. DEFINICIÓN DO OBXECTO DO CONTRATO
Necesidade a satisfacer: Mellorar a xestión da rede de abastecemento e reducir as fugas de auga contribuíndo así ao cumprimento da normativa e dos obxectivos ambientais.
Nome da obra: MEJORAS Y EQUIPAMIENTO DE LA RED DE ABASTECIMIENTO DEL CONCELLO DE MEAÑO
Proxecto técnico: MEJORAS Y EQUIPAMIENTO DE LA RED DE ABASTECIMIENTO DEL CONCELLO DE MEAÑO
Equipo redactor e titulación: Enxeñeiro industrial D. Carlos García Pérez (nºcolex 2092)
Órgano e data de aprobación do proxecto: Resolución da Alcaldía nº 2025-0775 de data 04.11.2025
Obxecto do contrato:. O obxecto do contrato é mellorar a súa rede de abastecemento cambiando as válvulas de sectorización que non están operativas e instalar en distintos puntos da rede de abastecemento, equipos de medida de calidade da auga para rexistrar valores no Scada do Concello de Meaño.
División en lotes: NON
Xustificación da non división en lotes: Non procede a división en lotes posto que se trata dunha actuación que constitúe unha unidade operativa e funcional, nas que as actuacións proxectadas son elementos inseparables para a consecución dunha mesma finalidade.
Código CPV: 45231400 Traballos de construción das liñas de condución eléctrica

43332800   Instalacións hidráulicas

D. ORZAMENTO BASE DE LICITACIÓN
Orzamento base de licitación (IVE incluído): 47.994,35
E. VALOR ESTIMADO
Orzamento da obra (IVE excluído): 39.664,75
Importe das modificacións previstas (IVE excluído): 0
Importe das opcións eventuais (IVE excluído): 0
Importe das primas pagadoras aos licitadores (IVE excluído): 0
TOTAL VALOR ESTIMADO: 39.664,75
IVE (21 %): 8.329,60
Sistema de determinación do prezo: Por unidades de obra segundo o proxecto.
Xustificación da estimación do valor: A xustificación segundo proxecto
F. – RÉXIME DE FINANCIAMENTO E ANUALIDADES:
Existencia de crédito: RC núm. 220250007332
Aplicación orzamentaria: 161-6330001
Réxime de financiamento: cofinanciación
Financiación do Ente público empresarial de Augas de Galicia, no marco de o PLAN DE RECUPERACIÓN, TRANSFORMACIÓN E RESILIENCIA, financiado pola UNIÓN EUROPEA-NEXTGENERATIONEU, da obra: 39.664,75 € Financiación do Concello: o IVE polo importe de 8.329,60 €

 

Gasto plurianual: NON
Tramitación anticipada: NON
G. PRAZO DE EXECUCIÓN.
Prazo de execución: DOUS MESES, desde a formalización da acta de comprobación e replanteo.

En todo caso as obras deberán estar rematadas, certificadas, facturadas e recepcionadas na totalidade do proxecto antes do día 15 de marzo do 2026.

O incumprimento do prazo de entrega da obra que implique a pérda da subvención que financia a mesma dará lugar a una indemnización por danos e prexuicios a favor do concello polo importe da subvención deixada de percibir.

Prórroga: NON
Prazo mínimo de garantía: 12 meses
H. ADMISIBILIDAD DE VARIANTES: NON
I. CONDICIÓNS ESPECIAIS DE EXECUCIÓN
Establécese como condición especial de execución, segundo o disposto no artigo 202 da LCSP, a promoción da reciclaxe de produtos.

Os gastos derivados da realización das condición especial da execución establecido na presente cláusula serán a cargo exclusivo do contratista

Xustificación : se considera adecuada a promoción do reciclaxe tendo en conta a natureza do contrato.

Para os efectos da xustificación polo contratista da promoción da reciclaxe de produtos durante a execución da obra, deberá achegarse á súa finalización a seguinte documentación xustificativa:

-Albaráns de entrega de material en xestor autorizado.

-Panel informativo da xestión de residuos durante a obra.

J. REVISIÓN DE PREZOS: NON
Fórmula de revisión: De acordo co Art. 103 da lei 9/2017, de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as Directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, de 26 de febreiro de 2014 e tendo en conta as características do presente proxecto, non resulta precisa a proposta dunha fórmula de revisión dos prezos
K. GARANTÍA
PROVISIONAL: NON
DEFINITIVA NON, en virtude do artigo 159.6.f
COMPLEMENTARIA NON
L. ADSCRICIÓN OBRIGATORIA DE MEDIOS: Segundo proxecto
M. SUBCONTRATACIÓN: NON
N. MODIFICACIÓNS CONTRACTUAIS PREVISTAS: NON
Ñ. DATOS DE FACTURACIÓN
Entidade contratante: Concello de Meaño
Órgano de contratación: Xunta de Goberno Local
CÓDIGO DIR3 Oficina contable: L0L1360274 -OC

Órgano Xestor: L0L1360274-OG

Unidade tramitadora: L0L1360274-UT

O. SOLVENCIA ECONÓMICA E FINANCIEIRA E TÉCNICA, CLASIFICACIÓN E HABILITACIÓN EMPRESARIAL
O.1 Clasificación: Aínda de non ser obrigatoria, considerarase que licitador cumpre cos requisitos de solvencia económica e financeira, e técnica, se posúe a clasificación seguinte:

GRUPO SUBGRUPO CATEGORÍA
E OBRAS HIDRÁULICAS 1 (Obras hidráulicas sen cualificación específica) 1
O.2 Solvencia: Conforme aos artigos 76 e seguintes da LCSP, os licitadores deberan estar en posesión das seguintes condicións mínimas de solvencia económica e financeira e profesional ou técnica:

Económica e financeira.

Volume anual de negocios referido ao mellor exercicio dentro dos tres últimos dispoñibles en función das datas de constitución ou de comezo de actividades do empresario e de presentación das ofertas, por importe igual ou superior a unha vez e media o valor estimado do contrato.

A acreditación do referido volume anual de negocios do licitador ou candidato farase por medio das súas contas anuais aprobadas e depositadas no Rexistro Mercantil, se o empresario estivera inscrito no devandito rexistro, e no caso contrario polas depositadas no rexistro oficial no que deba estar inscrito. Os empresarios individuais non inscritos no Rexistro Mercantil acreditarán o seu volume anual de negocios mediante os seus libros de inventarios e conta anuais legalizados por Rexistro Mercantil.

Técnica

Relación das obras executadas no curso dos cinco últimos anos, avalada por certificados de boa execución; estes certificados indicarán o importe, as datas e o lugar de execución das obras e precisarase se se realizaron segundo as regras polas que se rexe a profesión e levaron normalmente a bo termo; no seu caso, devanditos certificados serán comunicados directamente ao órgano de contratación pola autoridade competente.

Para a acreditación da solvencia técnica neste apartado requirirase haber executado un mínimo de dúas obras de natureza análoga durante o últimos cinco anos, sendo o importe mínimo esixible o correspondente ao 70 % do valor estimado do contrato.

O.3 Habilitación empresarial: Non
P: UNIDADE TÉCNICA DE CONTRATACIÓN:
Constituirase unha Unidade Técnica de Contratación composta polos seguintes membros:

1) Técnico de Xestión Administración xeral.

2) Arquitecto municipal/ arquitecto técnico municipal

Suplente: a Secretaria-interventora

Secretaría: funcionaria administrativa de Admón Xeral.

Q: CRITEROS DE VALORACIÓN DAS OFERTAS:
Criterios de adxudicación avaliables automaticamente (pluralidade de criterios de adxudicación en base a mellor calidade-prezo) ata 100 puntos:

1.- MENOR PREZO OFERTADO. Ata un máximo de 70 puntos para a oferta máis baixa das admitidas e o resto distribuirase proporcionalmente con arranxo á seguinte fórmula matemática:

 

70 x menor prezo ofertado

P = —————————————

Oferta a valorar

 

2.- REDUCIÓN DO PRAZO DE EXECUCIÓN: Ata un máximo de 30 puntos a razón de 10 puntos por cada semana de redución do prazo.

R: CRITERIOS PARA A DETERMINACIÓN DE OFERTAS CON VALORES ANORMAIS OU DESPROPORCIONADOS
Unicamente poderán ser considerados con respecto ao criterio “prezo”.Considerarase, en principio, como anormal ou desproporcionada a baixa de toda proposición económica na que o criterio “prezo” se atope nalgún dos supostos establecidos no artigo 85 do Real Decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas. No suposto de detectar algunha baixa desproporcionada estarase ao disposto no artigo 149 LCSP.
S: OBRIGAS DE PUBLICIDADE:
 Para os efectos de dar cumprimento ás obrigas de publicidade establecidas na resolución de convocatoria, o contratista adxudicatario deberá colocar un cartel no ámbito de actuación que debe ter un tamaño mínimo A3:

O cartel colocarase ao comezo da execución do contrato.Os gastos derivados da realización das condición especial da execución establecido na presente cláusula serán a cargo exclusivo do contratista. Para a xustificación polo contratista deberá de aportar ao inicio das obras fotografías da colocación do cartel.

T.- ABONOS POR ACTUACIÓNS PREPARATORIAS: NON
U.- OUTROS:
Serán de conta do contratista todos os tributos de calquera índole que graven as operacións necesarias para a execución da obra e, en particular, as taxas por prestación dos traballos facultativos de reformulo, dirección, inspección e liquidación das obras e calquera outra que resulte de aplicación segundo as disposicións vixentes, na forma e contía que estas sinalen, así como a licenza de obras e do imposto sobre construcións, instalacións e obras; para o caso en que este sexa esixible.

As taxas por direccións de obras e coordinación de seguridade calcularanse tomando como base o orzamento de execución material.

Xustificación: por estar establecido na “Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola prestación de sevizos facultativos que se presten nas obras municipais”

Para a xustificación o contratista deberá de aportar xustificante do pago das taxas.

Documentos do Anuncio
Compartir: