Modificación de crédito 31-2025

Data de publicación :
7 Outubro, 2025

APROBACIÓN INICIAL MODIFICACIÓN DE CRÉDITO NA MODALIDADE DE CRÉDITO EXTRAORDINARIO/SUPLEMENTO DE CRÉDITO FINANCIADO CON CARGO AO REMANENTE LÍQUIDO DE TESOURARÍA

 

ANUNCIO

 

O Concello en Pleno, na sesión extraordinaria celebrada con data 2 de outubro de 2025 aprobou inicialmente o expediente de modificación orzamentaria na modalidade de crédito extraordinario/suplemento de crédito financiado con cargo ao remanente líquido de tesouraría (MC 31/2025).

 

De conformidade co establecido no artigo 169.1 e 177.2 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, exponse ao público o devandito  acordo no Portal de transparencia habilitado na sede electrónica desta mesma plataforma no enderezo hhttps://concellodemeano.sedeelectronica.gal/transparency do Concello de Meaño, ó abeiro do artigo 177 en relación co artigo 169 do R.D .Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, mediante edicto publicado no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, na páxina web e no Taboleiro de Edictos do Concello por un período de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOPP ao obxecto de que os interesados poidan formular reclamacións.

O expediente considerarase definitivamente aprobado se durante o prazo de exposición pública non se presentase reclamación algunha.

O que se fai público para xeral coñecemento.

O Alcalde Carlos Vieitez Fernández

 

Documentos do Anuncio
Compartir: