SUBVENCIÓNS E AXUDAS
BASES REGULADORAS SUBVENCIÓNS EN CONCORRENCIA COMPETITIVA A ENTIDADES DEPORTIVAS POLO CONCELLO DE MEAÑO NO EXERCICIO 2024.
A Xunta de Goberno Local, en sesión extraordinaria e urxente de data 30 de setembro de 2024, acordou aprobar as bases reguladoras das subvencións en réxime de concorrencia competitiva a entidades deportivas 2024; mediante o presente anuncio procedese a súa convocatoria, tendo en conta que o prazo de presentación de solicitudes será de dez dias hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra:
“·BASES REGULADORAS E CONVOCATORIA PARA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS EN CONCORRENCIA COMPETITIVA A ENTIDADES DEPORTIVAS POLO CONCELLO DE MEAÑO NO EXERCICIO 2024.
Segundo establece o artigo 232 do Real Decreto 2568/1986, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, na medida no que o permitan os recursos orzamentarios, o Concello poderá subvencionar economicamente ás asociacións para a defensa dos intereses xerais ou sectoriais dos veciños, tanto polo que se refire aos seus gastos xerais como ás actividades que realicen.
A este respecto, tendo en conta o sinalado neste artigo e ao abeiro da Lei 38/2003 do 17 de novembro, Xeral de Subvencións, da Lei 9/2007, do 13 de xuño de Subvencións de Galicia, regulamentos de desenvolvemento, Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, da Lei 7/1985, do 2 de abril Reguladora das Bases do Réxime Local, o Concello de Meaño, no marco do Plan Estratéxico de Subvencións procede a regular o procedemento para a concesión de axudas a entidades deportivas que cumpran coas condicións establecidas nestas bases.
PRIMEIRA.- OBXECTO.
É obxecto das presentes bases regular a convocatoria pública por parte do Concello de Meaño para a tramitación e concesión de subvencións, mediante o procedemento ordinario en réxime de concorrencia competitiva, destinadas á apoiar ás entidades deportivas no exercizo 2024, dirixidas a proxectos tendentes ao fomento da práctica deportiva e a participación en ligas e competicións oficiais:
Considerandose subvencionables os seguintes gastos correntes:
– Os gastos federativos: licenzas, mutualidades, inscricións, arbitraxes, canon.
– Material deportivo funxible e non inventariable
– Vestiario, que deberá contar co escudo do Concello.
– Asistencias a adestramentos e competicións: desprazamentos, aloxamento e manutención.
– Alugueiro de instalacións e equipos.
– Gastos correntes de instalacións propias: mantemento, electricidade.
– Seguros
– Organización de eventos deportivos non subvencionable por outra liñas.
– Gastos derivados da contratación de persoal
– Outros gastos menores como publicidade, farmacia, lavandería, formación e asesoria.
– E en xeral os gastos que respondan de xeito indubidable a natureza da actividade subvencionada.
Serán subvencionables os gastos correspondentes ao período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2024 e o 30 de novembro de 2024.
As asociacións e entidades poderán solicitar subvención para un máximo de dúas actividades debendo presentar unha solicitude completa, coa documentación que proceda en cada caso, por cada solicitude.
SEGUNDA.- FINANCIAMENTO.
A concesión destas axudas estará suxeita á dispoñibilidade orzamentaria convocándose, con cargo ao orzamento do Concello para o ano 2024, e segundo se regula nas Bases de execución, as subvencións que de seguido se detallan:
AXUDAS A ENTIDADES DEPORTIVAS. CRÉDITO DISPOÑIBLE 15.500,00 € |
Apartado: | APLICACIÓN | CONTIA |
1.- futbol, balonmán e tenis de mesa. |
341.480.00 |
CREDITO DISPOÑIBLE: 13.000,00 €
|
|
2.- outros deportes | 341.480.00 | CREDITO DISPOÑIBLE:
2.500,00 € |
TERCEIRA.- BENEFICIARIOS E REQUISITOS.
Poderán solicitar estas axudas as asociacións e entidades que reúnan os seguintes requisitos:
1.- Carecer de fins de lucro.
2.- Ter o seu domicilio social no termo municipal de Meaño e figurar inscritas como tal no Rexistro Municipal de Asociacións
3.- Desenvolver as súas actuacións no ámbito territorial do municipio e/ou que afecten a colectivos deste Concello ou versen sobre temas de interese do Concello.
No caso de gastos de funcionamento unicamente se admitirán aqueles vinculados á realizacion de actividades no termo municipal de Meaño ou dos que resulten directamente beneficiarios os veciños do Concello de Meaño, resultando de aplicación o establecido na base 11.4. c) no tocante ao cálculo do gasto imputado subvencionble.
4.- Non incorrer en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para a percepción de axudas ou subvencións públicas nin nalgunha das prohibicións para percibir subvencións recollidas na Lei.
5.- Estar ao corrente coas obrigas tributarias da Axencia Estatal Tributaria, Facenda galega, coa Seguridade Social e co Concello de Meaño.
6.- Contar con seguro de responsabilidade civil.
CUARTA.- SOLICITUDES E DOCUMENTACIÓN.
As solicitudes formalizaranse por medios electrónicos, segundo o previsto no artigo 14 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, nos modelos normalizados que estarán a súa disposición na páxina web do Concello de www.concellodemeano.com e que deberán presentarse a través da Sede Electrónica do Concello de Meaño.
Xunto coa mesma, deberá achegarase a seguinte documentación:
- A) Documentación xeral :
- a) Memoria explicativa da actividade concreta que se pretende realizar, con especificación do lugar, data prevista de realización, obxectivos e número de beneficiarios, asinada electrónicamente polo Presidente/a (ANEXO I).
- b) Orzamento da actividade, concreto e determinado, asinado electrónicamente (ANEXO I).
Na xustificación da subvención concedida, as entidades terán que acreditar a solicitude de, cando menos, tres ofertas de distintos provedores no caso de que o gasto sexa superior a 30.000,00 €.
- c) Certificación do/a Secretario/a da Asociación co visto bo do Presidente/a da composición da Xunta Directiva e data da súa elección (Anexo III), asinada electrónicamente.
- d) Declaración responsable, asinada electrónicamente, na que conste se a asociación ou entidade obtivo ou solicitou calquera outra axuda, subvención, ingresos ou recursos que financien a actividade e compromiso de comunicar ao Concello as que se obteñan nun futuro (Anexo II).
- e) Declaración responsable, asinada electrónicamente, de estar ao corrente das obrigas tributarias coa (Axencia Estatal Tributaria, Facenda galega, coa Seguridade Social e co Concello de Meaño. (Anexo II).
- f) Declaración responsable de non estar incurso en causas de prohibición para a percepción de axudas ou subvencións públicas e de aceptación das bases da convocatoria, asumindo o compromiso de dar cumprimento ás condicións da subvención. (Anexo II).
- g) Declaración responsable, asinada electrónicamente ,de que a asociación, entidade carece de fins de lucro. (Anexo II).
- h) Declaración responsable, asinada electrónicamente, de que a asociación conta con seguro de responsabilidade civil. (Anexo II).
- B) documentación específica que, ademais da prevista no apartado A) anterior , deberá de presentarse
- para o apartado a) futbol, balonmán e tenis de mesa:
- a) Certificado expedido pola correspondente federación acreditativo do nivel de competición. Dado que o ano natural pode corresponderse con dous períodos oficiais de competición, deberá indicarse a que tempada corresponde e todos os certificados referiranse a mesma tempada, e como data límite o certificado referirase a situación existente á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes das presentes axudas ( todo elo sen perxuizo de que a axuda solicitada e a súa xustificación se podan referise a todo exercicio 2024 coas condicións establecidas nestas bases reguladoras).
- b) Certificado expedido pola correspondente federación acreditativo do número de licencias federativas de alta.Dado que o ano natural pode corresponderse con dous períodos oficiais de competición, deberá indicarse a que tempada corresponde e todos os certificados referiranse a mesma tempada, e como data límite o certificado referirase a situación existente á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes das presentes axudas ( todo elo sen perxuizo de que a axuda solicitada e a súa xustificación podan referise a todo exercicio 2024 coas condicións establecidas nestas bases reguladoras)
- c) Certificado expedido pola correspondente federación acreditativo das categorías en que compite o club. Dado que o ano natural pode corresponderse con dous períodos oficiais de competición, deberá indicarse a que tempada corresponde e todos os certificados referiranse a mesma tempada, e como data límite o certificado referirase a situación existente á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes das presentes axudas ( todo elo sen perxuizo de que a axuda solicitada e a súa xustificación podan referise a todo exercicio 2024 coas condicións establecidas nestas bases reguladoras)
- d) De ser o caso, certificado expedido polo secretario/a da asociación co visto e prace do seu presidente, asinado electronicamente, de que o club/asociación dispón de instalacións propias para a práctica do deporte para o que se solicita a axuda.
- para o apartado b) outros deportes:
- a) Certificado, asinado electrónicamente, expedido polo secretario/a da asociación co visto e prace do seu presidente relativo ao número de socios á data de publicación da convocatoria.
- b) Certificado, asinado electrónicamente, expedido polo secretario/a da asociación co visto e prace do seu presidente relativo ao número de usuarios/ benefiarios da actividade para a que se solicita a axuda.
- c) Certificado, asinado electrónicamente, expedido polo secretario/a da asociación co visto e prace do seu presidente relativo ao orzamento de gastos da actividade para a que se solicita a axuda.
Se a solicitude remitida, acompañada da documentación, non reunise os requisitos da convocatoria ou calquera dos previstos no artigo 66 da Lei 39/2015,do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, requirirase ao interesado para que, nun prazo de 10 días hábiles, emende as faltas ou presente os documentos preceptivos, indicando que, en caso de non facelo, terase por desistido, arquivándose sen máis trámites.
QUINTA.- PRAZO E LUGAR DE PRESENTACIÓN.
1.- Prazo. Estas bases reguladoras publicaranse no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPP) e remitirase a convocatoria á Base Nacional de Subvencións (BDNS), que será quen lle dea traslado ao BOPP do extracto desta, sen prexuízo da súa inserción na páxina web e no taboleiro de anuncios do Concello.
O prazo para a presentación de solicitudes será de DEZ DIAS HÁBILES (10 dias hábiles), contados a partir do día seguinte ao publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.
A presentación da solicitude implicará que se autoriza ao Concello para o tratamento automatizado de todos os documentos contidos nela.
As solicitudes presentadas fóra do prazo anteriormente establecido non serán admitidas nesta convocatoria.
2.- Presentación de solicitudes. As solicitudes presentaranse, xunto coa documentación que se sinala na Base cuarta, electronicamente na sede electrónica do Concello de Meaño, co enderezo concellodemeano.sedelectrónica.gal, a través dos modelos normalizados que estarán a súa disposición na páxina web do Concello de www.concellodemeano.com.
SEXTA.- COMPATIBILIDADE DAS SUBVENCIÓNS. CONTÍA MÁXIMA. PRELACIÓN NA CONCESIÓN NO SUPOSTO DE PRESENTARSE MÁIS DUNHA SOLICITUDE DE ACTIVIDADE
As subvencións a que se refire esta convocatoria son compatibles coa percepción doutras subvencións, axudas ou ingresos para a mesma finalidade, procedentes de calquera das administracións e entes públicos ou privados ou persoas físicas, pero en ningún caso o conxunto das axudas e achegas recibidas poderá superar o 100% do custo da actividade ou proxecto subvencionado.
A contía da subvención por cada proxecto poderá acadar ata o 100% do custo da actividade ou da inversión para a que se conceden.
No caso de que, por unha mesma entidade/ asociación, se solicitaran axudas para dúas actividades valorarase en primeiro lugar a solicitude da actividade que conte con maior orzamento e que cumpra cos requisitos esixidos nestas bases.
De quedar crédito dispoñible no apartado, procederase a efectuar unha segunda ronda de valoración segundo os criterios de concesión previstos na seguinte base, atendendo ao límite de concesión de axudas e a existencia de crédito dispoñible.
SÉTIMA.- CRITERIOS DE CONCESION:
1º.- As solicitudes que cumpran os requisitos establecidos nas presentes bases valoraranse con arranxo aos seguintes criterios:
-Deportes apartado a) Para clubes deportivos de fútbol, balonmán e tenis de mesa.
Criterios de valoración | Puntuación máxima | Ponderación % |
Nivel de competición | 0-30 ( ate max. 30 puntos). | 30 % |
Nacional | 25 | |
Autonomica | 15 | |
Provincial | 10 | |
Comarcal | 5 | |
Orzamento de gastos subvencionables | 0-15 | 15 % |
Mais 10.000,00 | 15 | |
Mais de 7.500, 00 € e ate 10.000,00 € | 12 | |
Mais de 5.000, 00 € e ate 7.500,00 € | 10 | |
Mais de 2.500,00 € e ate 5.000,00 € | 7 | |
Mais de 1.000, 00 € e ate 2.500,00 € | 5 | |
Ate 1.000,00 | 3 | |
Número de licencias federativas | 0-15 | 15 % |
Mais de 75 | 15 | |
Mais de 50 ae ate 75 | 12 | |
Mais de 25 a ate 50 | 9 | |
Mais de 15 e ate 25 | 6 | |
Ate 15 | 3 | |
Número de categorías deportivas da entidade solicitante en competición da entidade solicitante | 4 puntos por cada categoría ( cun límite de 20 puntos) | 20 % |
Dispoñer de instalacións propias para a práctica do deporte para o que se solicita a axuda. | 10 puntos | 10 % |
Outros valores especiais que a comisión avaliadora por maioría dos seus membros considere de importancia | Ate 10 puntos | 10 % |
Puntuacion total máxima | 100 | 100% |
–Deportes apartado b) Outros clubes/asociacións deportivos/as:
Criterios de valoración | Puntuación máxima | Ponderación % |
Antiguedade no rexistro de asociacions do concello |
· < 1 ano:5 puntos
· > 1 ano e < 2 anos: 10 puntos. · > 2 anos e < 5 anos: 15 puntos. · > 5 anos e < 10 anos: 20 puntos.
|
25 % |
Nº socios |
· >1 socio e <10 socios: 5 puntos
· >10 socios e <20 socios: 10 puntos. · > 20 socios e < 50 socios: 15 puntos. · > 50 socios e < 100 socios: 17 puntos.
|
20 % |
Nº beneficiarios/ usuarios da actuacion/ actividade/curso para o que se solicita a axuda. |
· >1 benefiarios e <10 benefiarios: 5 puntos
· >10 benefiarios e <20 benefiarios: 10 puntos. · > 20 benefiarios e < 50 benefiarios: 15 puntos. · > 50 benefiarios e < 100 benefiarios: 17 puntos.
|
20 % |
Orzamento de gastos subvencionables | 0-25 | 25 % |
Mais de 5.000,00 € | 25 | |
Mais de 4.000, 00 € e ate 5.000,00 € | 20 | |
Mais de 2.500, 00 € e ate 4.000,00 € | 15 | |
Mais de 1.000,00 € e ate 2.500,00 € | 7 | |
Mais de 500, 00 € e ate 1.000 € | 5 | |
Ate 500,00 | 3 | |
Outros valores especiais que a comisión avaliadora por maioría dos seus membros considere de importancia |
Ate 10 puntos |
10% |
Puntuacion total máxima | 100 | 100% |
2º.- O importe máximo que se poderá conceder a cada club/asociación/entidade por cada solicitude de axuda será o 100% do orzamento da actividade a subvencionar.
3º.- Sistema de reparto:
Para o reparto das axudas atenderase á puntuación obtida por cada solicitude debidamente presentada para cada apartado.
Unha vez determinada a puntuación obtida por cada solicitude de axuda, a contía total do apartado apartado será repartida proporcionalmente entre as solicitudes admitidas o mesmo ponderando a puntuación obtida por cada unha das mesmas mediante a seguinte fórmula:
axuda = (_puntuac. da solicitude a valorar) x (contía máx. Apartado ) _____ < orzam da act.
suma dos puntos obtidos por todas as solicitudes admitidas para o apartado.
Con independencia do resultado da anterior fórmula, o importe máximo que se poderá conceder a cada club/asociación será o 100% do orzamento da actividade a subvencionar e cun límite máximo de axuda a conceder de 3.500,00 € por cada solicitante e solicitude de axuda.
OITAVA.- TRÁMITES ADMINISTRATIVOS POSTERIORES Á PRESENTACIÓN DE SOLICITUDE E EMENDA DESTAS. NOTIFICACIÓNS.
Todos os trámites administrativos que as entidades interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento serán realizados electronicamente, a través da sede electrónica do Concello de Meaño en concellodemeano.sedelectrónica.gal.
A instrución do procedemento de concesión de subvencións corresponderalle a un/unha empregado/a municipal, quen realizará de oficio cantas actuacións estime necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos datos en virtude dos que se formule a proposta de concesión.
Se a solicitude non reúne os datos esixidos na convocatoria ou calquera dos previstos no artigo 66 da LPACAP requiriráselle á persoa interesada, de conformidade co establecido no artigo 68 desta, para que nun prazo de 10 días hábiles emende as faltas ou presente os documentos preceptivos.
No caso de non enmendar no citado prazo, darase un novo e improrrogable prazo de 5 días hábiles.De non enmendar os defectos nos citados prazos terase por desistida a solicitude, que se arquivará sen máis trámite.
Comprobado que os solicitantes cumpren os requisitos esixidos nestas bases e que se achega a documentación requirida darase traslado dos expedientes de solicitude á Comisión de Valoración, como órgano instructor, que estará integrada polo Alcalde ou concelleiro/a en quen delegue, concelleira da área, informadora xuvenil, secretaria-interventora e unha funcionaria municipal, que actuará como secretaria.
Avaliadas as solicitudes, segundo os criterios regulados nas presentes bases os expedientes serán elevados a Comisión Especial de Contas, órgano avaliador, que formulará informe no que se concrete o resultado da avaliación xunto coa proposta de acordo, que conterá todos/as os/as solicitantes que participan na convocatoria, de:
- Concesión de axuda: facendo constar o apartado para o que se solicita a axuda, o orzamento, a axuda solicitada e o importe proposto de axuda a conceder.
- Denegación: facendo constar os motivos da mesma.
Corresponde á Xunta de Goberno Local resolver a concesión/ denegación das axudas.
Unha vez transcorridos seis meses a partir do día seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación da solicitude sen notificarse a resolución, os interesados estarán lexitimados para entender como desestimada por silencio administrativo a solicitude de subvención.
A concesión destas subvencións é compatible con outras que se reciban para o mesmo fin, tendo en conta que o conxunto de todas elas en ningún caso poderá superar o 100% do orzamento que presente a asociación ou entidade.
As notificacións de resolucións practicaranse por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común e a través da dirección electrónica habilitada.
As notificacións entenderanse practicadas no momento no que se produza o acceso ao seu contido, entendéndose rexeitada cando transcorresen dez días naturais dende a posta a disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.
O sistema remitiralle ás persoas interesadas avisos da posta a disposición das notificacións á conta de correo electrónico indicada na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.
NOVENA.- OBRIGAS DOS BENEFICIARIOS.
Aparte das que figuran na cláusula terceira, os beneficiarios de subvencións concedidas con cargo ao Orzamento municipal teñen as seguintes obrigas:
a.- Xustificar o cumprimento dos requisitos e condicións, así como a realización da actividade ou investimento e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión de subvención.
b.- Conservar os documentos xustificativos da aplicación dada aos fondos recibidos, en tanto poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.
c.- Dar adecuada publicidade da axuda concedida para a actividade, actuación ou investimento obxecto de subvención (cartelería, publicidade, recortes de prensa, valados, pancartas, etc). Os clubes deportivos, no suposto de destinar estas axudas a vestimenta, quedan obrigados a insertar nas mesmas o escudo do Concello de Meaño. (O escudo do Concello estará a disposición das asociacións).
d.- Os gastos que figuren na conta xustificativa serán pagados polos beneficiarios con anterioridade a presentación da xustificación da subvención.
e.- Os beneficiarios das subvencións deberán utilizar, con carácter xeral, formas de pago a terceiros que poidan acreditarse mediante documento expedido por unha entidade financeira no que quede identificado o beneficiario, o importe e a data de pago (Transferencias bancarias talóns nominativos, etc.) e só excepcionalmente poderán utilizar o pago metálico cando non sexa posible outra forma alternativa e o importe non supere os 200,00 €, neste último caso na factura deberá constar “ Pagado” xunto coa sinatura e selo do establecemento.
f.- A declarar a axuda recibida no modelo 347, nos casos en que así proceda atendendo a normativa tributaria.
DÉCIMA .- XUSTIFICACION E ABOAMENTO DAS SUBVENCIONS.
1.- As actividades correntes subvencionados deberán realizarse e ser facturadas durante o exercicio 2024, entre o 1 de xaneiro e o 30 de novembro.
As subvencións concedidas serán pagadas unha vez sexa xustificado o gasto realizado, obxecto da subvención, cos documentos xustificativos que se regulen nas bases da correspondente convocatoria.
2.- O prazo de presentación da xustificación das axudas concedidas rematará o 2 de decembro de 2024 (sen perxuizo de que os gastos sexan os correspondentes ao período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 30 de novembro de 2024, ambos incluídos).
A 31 de decembro de 2024 anularanse automaticamente tódalas subvencións pendentes de xustificar.
3.- Para pagar a subvención terase en conta o seguinte:
* No caso de que se xustifique gasto polo 100% do orzamento subvencionado, aboarase a totalidade da subvención.
* No caso de que se xustifique gasto inferior ao 100%, aboarase a parte proporcional da subvención.
O pagamento efectuarase por transferencia á conta bancaria indicada polo perceptor.
4.- Para recibir as subvencións concedidas, de acordo con estas bases, cómpre presentar electronicamente na sede electrónica do Concello de Meaño, co enderezo concellodemeano.sedelectrónica.gal, a través dos modelos normalizados que estarán a súa disposición na páxina web do Concello de www.concellodemeano.com. os seguintes documentos, asinados ou conformados dixitalmente segundo se indica:
a.- Conta xustificativa dos gastos, asinada electronicamente, na que se determinará o custo ou gasto total da finalidade subvencionada, detallando as facturas ou documentos con valor probatorio no ámbito mercantil e administrativo (identificando: o provedor, o CIF, o importe, nº de factura, data de emisión e data de pago. (Anexo IV).
Non se aboará máis que o importe xustificado co límite da subvención concedida.
b.- Facturas ou documentos análogos con valor probatorio no ámbito mercantil e administrativo, conformadas (de forma individual ou conxunta, de ser varias) mediante sinatura electrónica polo/a Presidente/a da asociación, con indicación do DNI. Admitíndose unicamente aquelas relativas aos gastos realizados e subvencionables que respondan de xeito indubidable á natureza da actividade subvencionada.
As facturas deberán de cumplir coa normativa de facturación.
De tratarse de gastos de monitores presentaran facturas, nóminas ou liquidacións na que se reflictan os datos persoais, concepto e o importe da prestación, o importe de retención correspondente ao IRPF e o importe liquido a percibir polo/a interesado/a xunto co xustificante do ingreso efectuado a Axencia Tributaria do importe retido e do ingreso das cotas da Seguridade social, de ser o caso. Si o gasto se produce no último trimestre do ano, o xustificante do ingreso efectuado á Axencia Tributaria e/ou á Seguridade Social do importe retido poderá presentarse ata o día 20 de xaneiro de 2025.
As facturas que teñan data posterior á da finalización do prazo de xustificación non serán admitidas.
c.- Memoria explicativa da actuación realizada, participantes ou beneficiarios e resultados obtidos, asinada electronicamente polo/a Presidente/a da actividades desenvolta ou investimento executado.
No caso de que un mesmo gasto poida aplicarse a mais dunha axuda solicitada ( tanto ao Concello de Meaño como a outras entidades) ou a mais dunha actividade, ou ben o mesmo non sexa aplicable ao 100% a actividade/ inversión/ gasto para o que se solicita a axuda, explicarase o método seguido para o cálculo do gasto imputado, por exemplo: no caso de atender a usuarios/ beneficiarios de varios concellos en atención a número de usuarios/ beneficiarios do Concello de Meaño; no caso de nóminas atendendo ao número de horas empregado polo traballador nas actividades subvencionadas; etc.
Os gastos de transporte, viaxes, etc que se deriven da participación en ligas, competicións, eventos, torneos, actuacións, xuntanzas, etc deberán xustificarse achegando ademáis da documentación xeral establecida ( facturas e xustificantes de pago):
– Para as competicións deportivas/ligas: achegando o correspondente calendario de competición no que figure o clube, categoría, data e lugar do evento deportivo.
– Para outra clase de eventos ou torneos deportivos, actuacións, xuntanzas, etc mediante cartel, anuncio ou certificado expedido polo organizador no que figure a asociación/clube ( con indicación da categoría de ser o caso dun clube deportivo), data e lugar do evento, xuntanza, etc.
d.- Declaración responsable, asinada electronicamente, de non ter recibido outras subvencións de Administracións Públicas ou detalle do financiamento obtido para a finalidade subvencionada e declaración responsable de que os ingresos obtidos non superan o custo da mesma. (Anexo IV)
e.- Certificacións acreditativas de estar ó corrente das súas obrigas tributarias (do Estado e da Comunidade Autónoma), coa Seguridade Social e de non ter débedas, de ningún tipo, co Concello de Meaño.
f.- Acreditación da difusión dada a subvención concedida coa declaración da Asociación, entidade ou club de darlle difusión á actividade, actuación ou investimento subvencionado, facendo constar a colaboración do Concello de Meaño -(Vestiario, notas de prensa, material de divulgación, papelería, lonas publicitarias, páxina web e redes sociais de asociación, etc.)- A publicidade deberá estar contextualizada en relación coa axuda concedida e acreditar a realidade da difusión realizada (Anexo IV).
g.- Certificación bancaria na que conste a conta bancaria da asociación.
h.- Acreditación de ter realizado o pago, nos termos sinalados na cláusula décima.e).
i.- Acreditación de contar co seguro de responsabilidade civil e ao corrente do seu pago.
O aboamento da subvención practicarase directamente á asociación na conta bancaria indicada por esta.
DÉCIMO PRIMEIRA.- DEVOLUCIÓN E REINTEGRO.
As axudas concedidas deberán ser devoltas ou reintegradas polas entidades beneficiarias nos seguintes casos:
- Por obtelas falseando as condicións requeridas.
- Por non aplicala aos fins para os que foi concedida.
- Incumprimento das obrigas de adoptar as medidas de difusión.
d.Resistencia, escusa ou obstrución ou negativa ás actuacións de comprobación e control.
e.Por incumprir o beneficiario as obrigas asumidas e as condicións fixadas nestas bases.
- Non declarar no modelo 347 a axuda recibida do Concello de Meaño, no caso de estar obrigada á súa declaración atendendo á normativa tributaria.
As responsabilidades anteriormente citadas esixiranse de acordo co procedemento previsto na lexislación vixente. Así mesmo, o reintegro das cantidades efectuarase de acordo co procedemento previsto no Regulamento Xeral de Recadación.
DÉCIMO SEGUNDA.- APROBACIÓN DAS BASES.
De acordo co establecido na Base XII de execución do orzamento para o 2024, e dando cumprimento ó establecido no artigo 18 da Lei Xeral de Subvencións e demais lexislación aplicable, o órgano competente para a aprobación destas bases é a Xunta de Goberno Local.
DECIMO TERCEIRA.- DEREITO SUPLETORIO.
Para o non establecido nas presentes bases, contemplarase o previsto nas bases de execución do orzamento xeral do Concello de Meaño 2022, na Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións, no Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións e demáis lexislación aplicable.
DECIMO CUARTA.- RECLAMACIÓNS.
Contra o acordo da aprobación destas bases que pon fin á vía administrativa poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, perante o mesmo órgano que o ditou, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa publicación (ao abeiro dos artigos 114, 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas), ou ben, directamente recurso contencioso -administrativo perante o Xulgado do Contencioso- Administrativo de Pontevedra segundo o disposto nos artigos 8 da Lei 29/1988, de 13 de xullo Reguladora da Xurisdición Contencioso -Administrativa, e todo iso no prazo establecido no artigo 46 da citada Lei.
Todo iso sen prexuízo de que poida utilizar calquera outro recurso que estimen conveninte.
DECIMO QUINTA.-
O Concello de Meaño poderá consultar e/ou poñer en coñecemento da Axencia Tributaria, da Seguridade Social ou de calquera outro organismo/ administración competente, as dúbidas ou incidencias que xurdan en relación coas facturas, nóminas e/ou pagos que se presenten para a xustificación das subvencións concedidas.
ANEXOS.- Tódos os anexos referidos nestas bases para a solicitude e a xustificación destas subvencións serán a través da páxina web de concello de Meaño www.concellodemeano.com.”
CONCELLO DE MEAÑO
SOLICITUDE DE SUBVENCIÓN DO CONCELLO DE MEAÑO.ANEXO I
1.- DATOS DO SOLICITANTE:
D/Dª…………………………………………………………………., con DNI…………………….., na súa condición de PRESIDENTE/A de……………………………………………………….. (Nome da Asociación) ……………………………………………………………. ……………………………………………………………………………………………., con C.I.F. ………………………. e domicilio en …………………………………………………… Concello ………………….. Código Postal…………………,Teléfono ……………………Fax ………………………… E-mail ………………………. ,en representación da mesma, EXPON:
2.- Que á vista da convocatoria das axudas do Concello de Meaño para ________________________, publicada no BOP de Pontevedra nº ___ de______ MANIFESTA que reúne todos os requisitos establecidos nas bases reguladoras das axudas.
3.- Que por medio da presente, e ao abeiro do citado programa de axudas, formúlase a seguinte SOLICITUDE de subvención:
PROXECTO/ACTIVIDADE/INVESTIMENTO………………………………………………………………………………………………………………..,
Orzamento da actividade/investimento…………………………………………………………………………… €
Subvención solicitada ………………………………………………………………………………………….……………… €
INFORMACIÓN/MEMORIA DO PROXECTO/ACTIVIDADE/INVESTIMENTO:
MESES DE REALIZACIÓN DA ACTIVIDADE / INVESTIMENTO:
(Marcar cun X) |
X | F | M | A | M | X | X | A | S | O | N | D |
HORARIO:
LUGAR: |
||||||||||||
OBXECTIVOS DA ACTIVIDADE (XERAL / ESPECÍFICOS): | ||||||||||||
ACTUACIÓNS E TAREFAS A LEVAR A CABO: | ||||||||||||
ORZAMENTO DESGLOSADO: |
3.- DOCUMENTACION: que, de acordo co previsto nas bases reguladoras, achega a seguinte documentación :
ANEXO II
SUBVENCIÓNS do CONCELLO DE MEAÑO
D/Dª……………………………………………………………………………………….., con DNI………………………….. en calidade de Presidente/a, D./Dª……………………………………………………….., con DNI……………………. en calidade de Secretario/a e D./Dª…………………………………………………., con DNI…………………… en calidade de Tesoureiro/a da Asociación…………………………………………………………………………………..,con CIF………………………………….. e enderezo en …………………………………………… do Concello de…………..
En relación coa solicitude de subvención para………………………………………………………………………………………………………………………
DECLARAN:
a.- Esta Asociación, Entidade, Club carece de fins de lucro
b.- A esta Asociación (Márquese o que proceda),
___Non se lle concederon outras axudas ou subvencións procedentes de Organismos Públicos e/ou entidades privadas para a mesma finalidade.
___Si se lle concederon, procedentes de Organismos Públicos e/ou entidades privadas, as seguintes axudas ou subvencións, para a mesma finalidade:
Relación de axudas solicitadas | Importe |
Relación de axudas concedidas | Importe |
Asemade, esta Asociación, Entidade, Club asume o compromiso de comunicar as que se obteñan nun futuro
Os participantes ou beneficiarios desta actividad ou investimento (Máquese o que proceda):
___Non parcipan no financiamento
___Si participan no financiamento, prevéndose uns ingresos de.. ……………€.
c.- Esta Asociación, Entidade, Club comprométese a completar o financiamento da actividade/ investimento así coma a facerse responsable de cumprir estrictamente toda a lexislación aplicable e ademáis a asumir os riscos que pudeiran xurdir con ocasión da execución da actividade /investemento para a que se solicita subvención.
d.- Esta Asociación, Entidade, Club non se atopa incursa en ningunha das causas de incapacidade, incompatibilidade nin en ningunha das prohibicións das enumeradas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeral de Subvencións e no artigo 10.2º da Lei 9/2007 do 13 de xuño de subvencións de Galicia e cumpre os requisitos establecidos para obter a condición de beneficiario das subvencións establecidas ou xestionadas pola Administración Pública e en concreto do Concello de Meaño e coñezo e acepto as bases da convocatoria, asumindo o compromiso de dar cumplimento ás condicións da subvención.
e.- Esta Asociación, Entidade, Club está o corrente coas súas obrigas tributarias coa Axencia Estatal Tributaria e coa Facenda Galega, coa Seguridade Social, e non ten débedas de ningún tipo co Concello de Meaño.
f.- Esta Asociación, Entidade, Club conta con seguro de responsabilidade civil e ao corrente do seu pago.
E para que así conste perante o Concello de Meaño, ós efectos da subvención a conceder por esa Institución, subscribo a presente, en …………………., …………… de………………………..de …….
O/A Presidente/a ( sinatura electronica) O/A Secretario/a
O/A Tesoureiro/a
ANEXO III
SUBVENCIÓNS DO CONCELLO DE MEAÑO
D./Dª ……………………………………, Secretario/a da Asociación……………………………, en virtude da Asamblea Xeral de data………
CERTIFICO:
Que na Asamblea Xeral celebrada o día ……………….resultaron elixidos como membros da Xunta directiva desta Asociación, cos seguintes cargos (nome e DNI):
-……………………………………………………………………………………………………………………..
-……………………………………………………………………………………………………………………..
-……………………………………………………………………………………………………………………..
-……………………………………………………………………………………………………………………..
-……………………………………………………………………………………………………………………..
-……………………………………………………………………………………………………………………..
ostentando actualmente o cargo.
E para que así conste e para os efectos de unir ao expediente de solicitude de subvención do Concello de Meaño, expido e asino a presente, co visto bo do Sr/a. Presidente/a en Meaño a………………………………………………….
O/A Presidente/a ( sinatura electronica) O/A Secretario/a
- ANEXO IV
- CONTA XUSTIFICATIVA SUBVENCIÓNS DO CONCELLO DE MEAÑO
D/Dª……………………………………………………………………………………….., con DNI………………………….. en calidade de Presidente/a, D./Dª……………………………………………………….., con DNI……………………. en calidade de Secretario/a e D./Dª…………………………………………………., con DNI…………………… en calidade de Tesoureiro/a da Asociación…………………………………………………………………………………..,con CIF………………………………….. e enderezo en …………………………………………… do Concello de ……………………………………
DECLARAN:
Que para actividade/investimento de……………………………………………………………………………… para a que recibiu unha subvención de…………………………..€, realizáronse os gastos que se relacionan na seguinte conta xustificativa:
Nº | Proveedor/Empresa | C.I.F | N.º FRA |
Data emisión
|
CONCEPTO |
Data de pago |
IMPORTE BRUTO |
TOTAL |
- b) Que os gastos que arriba se detallan, son reais e aplicaráronse á finalidade subvencionada.
- c) Que a Asociación fixo a debida divulgación do financiamento concedido polo Concello de Meaño, para a actividade/ou investimento subvencionado, facendo constar a colaboración do Concello de Meaño.
- d) Que todos os documentos recollidos na presente conta atópanse a disposición do Concello de Meaño, no local social da Asociación, aos efectos da súa posible comprobación.
- e) A esta Asociación (Márquese SI/NON segundo proceda):
_____ Non se lle concederon outras axudas ou subvencións procedentes de Organismos Públicos e/ou entidades privadas para a mesma finalidade.
_____ Si se lle concederon, procedentes de Organismos Públicos e/ou entidades privadas, as seguintes axudas ou subvencións, para a mesma finalidade:
Relación de axudas concedidas (indicación da procedencia) | Importe |
Os participantes ou beneficiarios desta actividad ou investimento (Márquese SI/NON segundo proceda):
_____ Non parciparon no financiamento
_____ Si participaron no financiamento acadando un importe por estas achegas de ……………€.
- f) Respecto á actividade/ó investimento realizado, o importe das subvencións concedidas das diversas institucións e das achegas dos participantes non superaron o importe total dos gastos devengados, sendo destinadas tódalas achegas ó investimento subvencionado.
- g) Que o investimento foi realizado acorde coa finalidade para a que se concedeu a subvención.
- h) Que achega unha memoria da actuación xustificativa do cumprimento das condicións impostas na concesión da subvención, con indicación do investimento realizado e os resultados obtidos.
- i) Que se acompañan as facturas esixidas na Base 11ª, apartado 3 b, conformadas mediante sinatura dixital polo Presidente da Asociación e documentos acreditativos de ter efectuado o pago das mesmas, conforme se sinala na Base décima.e).
- j) Que esta asociación conta con seguro de responsabilidade civil e ao corrente do seu pago.
- k) A esta asociación atópase ao corrente das obrigas tributaria (do Estado e da Comunidade Autónoma), coa Seguridade Social e non ter débedas de ningún tipo co Concello de Meaño, o que se acredita mediante as correspondentes certificacións.
E para que así conste perante o Concello de Meaño, ós efectos da xustificación da subvención concedida, suscribo a presente, en …………………., ……de……………..de ………
OS DECLARANTES,
O/A Presidente/a( sinatura electronica) O/A Secretario/a
O/A Tesoureiro/a
En Meaño, o alcalde Carlos Vieitez Fernández
Documento asinado e datado dixitalmente ao marxe
- Anuncio BOP nº 195, de data 7 de outubro de 2024.
- Anuncio BOP nº 202, de data 16 de outubro, extracto BDNS.
- Anexo I.
- Anexo II.
- Anexo III.
- Anexo IV.