PROHIBICIÓN DE QUEIMAS
O Concello de Meaño informa a toda a veciñanza de que, segundo comunicación das autoridades competentes, quedan prohibidas as queimas agrícolas de particulares ata novo aviso.
Esta medida implica:
- A suspensión de todos os permisos concedidos.
- A prohibición de solicitar novas autorizacións mentres se manteña a situación de risco.
Adóptase esta decisión debido ás condicións meteorolóxicas actuais, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas, bens e do noso medio natural.
Lémbrase á cidadanía a importancia de:
- Extremar as precaucións no monte e nas súas proximidades.
- Non realizar actividades que poidan provocar incendios.
- Comunicar calquera incidencia ao 112.
Agradecemos a colaboración de todos e todas.
Meaño, 25 de Marzo de 2026
O alcalde
Asdo: Carlos Vieitez Fernández