25 Novembro Día Internacional contra a Violencia de Xénero

  • 16 de novembro: Curso de Defensa persoal feminina, de 10:30 a 19:30 horas, impartido por Juan José Martínez, coach deportivo e motivacional. MÉTODO MAS – é unha metodoloxía de Defensa Persoal Feminina, para aprender a empregar o corpo e a mente contra as ameazas do día a día. Non só buscar ensinar ás mulleres a defenderse, senón tamén axudar a recoñecer as sinais de perigo e actuar de xeito preventivo para lograr anticiparse e evitar unha situación de risco.
  • 25 de novembro: Lectura do manifesto contra a violencia de xénero, por parte da psicóloga do CIM. Diante do concello ás 12.00 horas, coa colaboración dos rapaces do CEIP As Covas (Meaño).
  • 1 de decembro: Andaina contra a violencia de xénero – ruta circular de dificultade media . Dirixida a tódolos públicos. Saída as 10:00 horas dende o Parque dos Pasales (Dena), 3 horas aproximadas de duración con regreso ao punto de partida.
Comparte esta noticia: