Permiso de tala de árbores
Normativa
Decreto 50/2014, do 10 de abril, polo que se regulan os aproveitamentos madeireiros e leñosos, de cortiza, de pastos e micolóxicos en en montes ou terreos forestais de xestión privada na Comunidade Autónoma de Galicia e o contido, organización e funcionamento do Rexistro de Empresas do Sector forestal.
As persoas propietarias de montes ou terreos forestais privados que desexen realizar neles aproveitamentos madeireiros e leñosos teñen que solicitar autorización da Administración forestal nos seguintes casos:
a) Cando os montes ou terreos forestais estean poboados con especies do anexo I.
b) Cando os montes ou terreos forestais formen parte de espazos suxeitos a algún réxime de protección.
c) Cando os montes ou terreos forestais estean afectados por algunha lexislación de protección do dominio público.
d) Cando se trate de aproveitamentos de madeira ou leña queimada susceptible de uso comercial.
Se os aproveitamentos exixisen, conforme a lexislación sectorial de aplicación, autorización administrativa da competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, a autorización será única, e o seu outorgamento corresponde, en todo caso, ao órgano forestal competente segundo esta orde, que valorará tanto os aspectos de carácter forestal como, de ser o caso, os derivados da lexislación sectorial que resulte de aplicación.
En caso de declaración:
Para a solicitude do mesmo é necesario indicar o número de polígono e parcela / referencia catastral da finca na que se vai efectuar a corta.
Vespa Velutina
A Consellería do Medio Rural puxo en marcha, en colaboración con outros departamentos da administración autonómica e local así como con representantes do sector apícola o Programa de Vixilancia e control da Vespa Velutina en Galicia, no que tamén intervén a cidadanía en xeral no ámbito da detección de individuos ou de niños desta vespa.
Con este programa preténdese dar unha resposta rápida e eficaz á aparición deste insecto invasor que ameaza as colmeas poñendo en perigo o futuro da produción apícola e mermando o importante papel polinizador que teñen as abellas.
Calquera persoa que detecte un niño destas vespas pode comunícalo aos teléfonos 012 ou 112 onde o persoal adscrito ao programa realizará as actuacións precisas co fin de retirar ou neutralizar o niño.
Rógase aos veciños que revisen os galpóns, garaxes, porches e aleiros dos tellados que son os lugares habituais onde fan os niños as raíñas da Vespa Velutina. Os niños son de cor marrón pardo e por cada un que se retire evítanse 50 niños no seguinte ano.
Para a retirada dos niños prégase avisen aos Servizos de Emerxencias no teléfono 012 ou no Concello.