Información e Rexistro
Rexistro xeral de documentos
En todas as entidades locais haberá un rexistro xeneral de entrada e saída. O devandito rexistro permanecerá aberto o público todos os días hábiles según as normas comúns da Lei 30/92.
Os libros ou o soporte documental do Rexistro non poderá saír baixo ningún pretexto da Casa do Concello. O acceso o seu contido realizarase mediante consulta dos mesmos aló onde se atopen custodiados ou través da expedición de certificacións e testemuñas.
Regras básicas
- Rexistrado un documento estamparáselle a data, si é de entrada ou é de saída e o número de orde que corresponda.
- Si o documento presentado no Rexistro non reúne os requisitos ou faltara o reintegro (si corresponde) se lle requirirá a quen non o houbese presentado para que o subsane no prazo de 10 días con apercibimento de que si non o fixera arquivarase sen mais trámite.
- Os escritos poderán presentarse acompañados do/s documento/s en que funde/n o dereito do/os interesado/s, xa sexan orixinais, ou copia do orixinal que cotexará o Funcionario.
- Toda persoa que presente un documento poderá solicitar un recibo gratuíto no que constará o día e hora de presentación, número de entrada e sucinta referencia do asunto. O recibo fará proba respecto a data na que se rexistrou o documento. No lugar do recibo poderá entregarse copia selada do documento.
- O encargado do Rexistro, una vez efectuada a inscrición, fará a clasificación dos documentos e procederá a distribuílos entre as distintas oficinas, e uniranse os seus antecedentes, si os houbese, ou abrirase e iniciarase expediente no seu caso dándolle a pertinente tramitación.
Requisitos nas solicitudes
Dicir que o procedemento iniciarase cun escrito no que deberán constar as seguintes circunstancias:
- Nome, apelidos e domicilio do interesado, e, no seu caso, ademáis, a persoa que o represente, así coma a identificación do medio preferente e o lugar que se sinale aos efectos de notificacións.
- Feitos, razóns e peticións en que se concrete, con toda claridade, a solicitude.
- Órgano, centro ou unidade administrativa a que se dirixe.
- Lugar, data e sinatura do solicitante.
Como variantes das solicitudes de iniciación admítese a formulada nun so escrito por varias persoas cando as pretensións correspondentes teñan un contido idéntico ou sustancialmente similar.
NOTA IMPORTANTE: A inscrición padroal dos estranxeiros non comunitarios sen autorización de residencia permanente deberá ser obxeto de renovación periódica cada dous años. A non renovación conlevará a caducidade da inscrición e polo tanto a baixa no Padrón Municipal de habitantes sen necesidade de audiencia previa o interesado (Lei Orgánica 14/2003, de 20 de novembro, modificadora da Lei 7/1985 de 2 de abril.
Rexistro Xeral
Enderezo: Casa do Concello, rúa Campo da Feira, Nº 1, Meaño
Tel.: 981 747 102 Fax: 981 747 391
Horario: Luns a venres (agás festivos), de 8:00 a 14:00 horas.
Sábados, de 9:00 a 12:45 horas.
Rexistro Portelo Único (Xunta de Galicia)
Enderezo: Casa do Concello, rúa Campo da Feira, Nº 1, Meaño
Tel.: 981 747 102 Fax: 981 747 391
Horario: Luns, mércores e venres (agás festivos), de 8:00 a 14:00 horas.
Martes e xoves, de 8:00 a 11:45 horas.