Padrón municipal de habitantes

É o rexistro administrativo onde constan os veciños do municipio. Os seus datos constitúen proba da residencia no municipio e do domicilio habitual no mesmo. As certificacións que dos mencionados datos se expidan terán carácter de documento público e fehaciente para todos os efectos administrativos.

Normativa

Regulamento de Poboación e Demarcación das Entidades Locais (Real Decreto 1690/1986, de 11 de xullo).
Lei Orgánica 14/2003, de 20 de novembro, de reforma de la Lei Orgánica 4/2000.
A Lei 4/1996, de 10 de xaneiro (BOE nº 11, de 12/1/96), pola que se modifica la Lei 7/1985, de 2 de abril R.B.R.L., en relación co Padrón Municipal, e o Real Decreto 2612/1996, de 20 de decembro, (BOE nº 14, de 16/1/97), polo que se modifica o Regulamento de Poboación e Demarcación Territorial das Entidades Locais aprobado polo Real Decreto 1690/1986, de 11 de Xullo.

Resolución do 4 de xullo de 1997, conxunta da Presidenta do Instituto Nacional de Estatística e do Director Xeral de Cooperación Territorial, pola que se ditan instrucións técnicas aos Concellos sobre actualización d o Padrón municipal.

Trámites

Os trámites de altas e cambios de domicilio, no Padrón Municipal de Habitantes, poderanse realizar de luns a venres en horario de 8,00 a 14,00 h., nas oficinas municipais, (Rúa Campo da Feira nº 1 Meaño).

Rexistro Xeral

Enderezo: Casa do Concello, rúa Campo da Feira, Nº 1, Meaño
Tel.: 981 747 102 Fax: 981 747 391
Horario: De luns a venres (agás festivos), de 8:00 a 14:00 horas.