Punto de información catastral

Os Puntos de Información catastral son oficinas autorizadas pola Dirección General del Catastro en distintas Organizacións Públicas e Institucións, fundamentalmente en Concellos, onde os cidadáns poden acceder á información catastral.

Servicios que prestan os Puntos de Información Catastral.
A calquer cidadán:
  • Consulta e certificación de datos catastrais non protexidos.
Aos titulares catastrais ou os seus representantes debidamente autorizados:
  • Consulta e certificación de datos catastrais protexidos (nome, apelidos, razón social, NIF, domicilio e valor catastral) e non protexidos relativos ós inmobles da súa titularidade.
 
Resolución de 24 de novembro de 2008, da Dirección General del Catastro, pola que se aproba o réxime de establecemento e funcionamento dos Puntos de Información Catastral.
 
HORARIO:  de mércores a venres de 09:00 a 14:00 horas.
UBICACIÓN: Oficina Técnica Municipal.