OMIX (Oficina Municipal de Información Xuvenil)
Quen somos
A Oficina Municipal de Información Xuvenil é unha estrutura informativa de carácter municipal que presta diversos servizos de información ós xoves do Concello, canaliza toda a información que chega relacionada con temas da xuventude e favorece a igualdade de oportunidades. Entre os seus obxectivos está o achegamento xeral ao tema da información xuvenil, Fomenta-la participación da xuventude en actividades formativas, socioeducativas e tamén lúdicas, Favorece-lo clima de diálogo entre os mozos, Formaliza-la convivencia entre mozos/as dunha mesma idade, adquisición de valores respecto da sociedade, achegamento entre os mozos das distintas parroquias.
A oficina funciona de luns a venres, en horario de mañá de 8:30 a 14:30 horas de luns a venres e en horario de tarde de 16:00 a 20:00 horas os luns e xoves. No horario de maña está na Oficina que está sita no Concello e en horario de tarde na Biblioteca Municipal que está sita na primeira planta da Casa de Cultura de Meaño.
Servizos
Dentro da Oficina Municipal de Información Xuvenil realízanse entre outras as seguintes actividades:
- Atención ó público
- Recepción e organización da documentación xuvenil.
- Distribución de toda a información que sexa de interese para a xuventude, polos centros de ensino, asociacións etc.
- Tramitación do carné xove Euro < 30
- Consulta de documentación
Actividades
- Organización e realización de actividades variadas: Tenis, Aeróbic, pilates, inglés, informática.
- Certame Teatro.
- Día do libro, Concurso contos curtos.
- Semana das Letras Galegas: “Concurso literario”, “Teatro Escolar”, “Día das Letras Galegas”.
- Educación Viaria.
- Campamento musical.
- Campamento rural Xuvenil.
- Obradoiros: Habilidades Sociais, Drogodependecias, Obradoiro Educación en valores, Obradoiros de sexualidade.
Deporte
O departamento municipal de Deportes ten como misión promover e facilitar o acceso á practica deportiva de tódolos cidadáns do municipio, xa que considera necesaria a realización de actividade física e a práctica dalgún deporte para o óptimo mantemento da sáude.
Para levar esto a cabo, desenvolve as seguintes funcións: promoe a creación de instalacións deportivas, xestiona as instalacións existentes, organiza e desenvolve eventos deportivos.
O concello traballa en estreita colaboración cos clubes deportivos de fútbol e balonmano existentes no Termo municipal
Actividades
Dende o departamento organízanse actividades deportivas durante o curso escolar como de tenis de outubro a maio.
No mes de setembro temos dous eventos que son importantes a nivel deportivo:
- A festa da bicicleta o primeiro sábado do mes de setembro. Nesta festa reálizase un percorrido polo Termo municipal en horario de tarde a partir das 18:00 hors. e pode participar todo aquel interesado maior de 6 anos, posteriormente realizase un sorteo de agasallos entre os participantes.
- A carreira Popular, ten lugar o primeiro domingo de setembro en horario de mañá esta carreira ten importancia a nivel de Galicia e tamén no exterior, xa que participan corredores que veñen dende Portugal, e outras partes do territorio español.