Política de privacidade

En cumprimento co disposto na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal (LOPD), o Concello de Meaño informa os usuarios/as do presente sitio Web que os datos persoais facilitados van pasar a formar parte dun ficheiro automatizado de datos de carácter persoal, a titularidade do cal é responsabilidade do Concello de Meaño, sendo a súa finalidade poder atender e procesar axeitadamente as solicitudes de consulta remitidas, así como poder informalo/a e transmitirlle información dos servizos ofrecidos polo Concello de Meaño.

Coa remisión dos seus datos, Vde. presta o seu consentimento expreso para que o Concello de Meaño poida levar a cabo o tratamento automatizado.

Os seus datos persoais son tratados coa máxima confidencialidade, adoptando o Concello de Meaño, como responsable do ficheiro, as medidas de orde técnica e organizativa necesarias para garantir a confidencialidade e seguridade dos datos persoais, evitando a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado.

O Concello de Meaño procede ao arquivo dos datos que os usuarios/as facilitan para realizar unha consulta ou remitir unha solicitude, algúns dos cales son necesarios para atender axeitadamente estas. O usuario/a é advertido/a, convenientemente, da necesidade de facilitar os devanditos datos. Informámolo/a de que o enderezo de correo electrónico é utilizado para darlle resposta á súa consulta, así como poder transmitirlle información dos servizos ofrecidos polo Concello de Meaño e informalo/a de calquera outros cambios relevantes que se produzan.

A nosa páxina web non utiliza medios técnicos que nos permitan identificar usuarios/as en concreto nin coñecer datos da súa navegación, sen que o usuario/a sexa consciente. Iso non obstante, é o noso compromiso que calquera cambio na Política de Privacidade a este respecto será inmediatamente advertido, a través do presente sitio web, incluíndo a oportuna rectificación neste apartado.
Así mesmo, con relación aos datos persoais solicitados na forma prevista nesta Política de Privacidade, infórmaselles aos usuarios/as que teñen recoñecidos os dereitos de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos persoais. Os referidos dereitos poderán ser exercitados, ben polo usuario/a, ben polo seu representante, mediante a remisión dunha solicitude escrita e asinada ao seguinte enderezo:

Concello de Meaño
Rúa Campo da Feira, 1
Meaño C.P. 36968
Pontevedra)

A solicitude deberá conter o nome e apelidos do usuario/a e unha fotocopia do seu DNI, así como o contido da petición que desexe realizar, de ser o caso.

Lexislación aplicable e tribunais competentes

Os termos e condicións que rexen este sitio web, así como as relacións que puidesen derivarse, están protexidas e quedan suxeitas á lexislación española.
Para a resolución de calquera tipo de controversia, litixio ou discrepancia que puidese suscitarse entre o usuario/a e o Concello de Meaño polo uso deste sitio web, acórdase o seu sometemento aos xulgados e tribunais de Pontevedra, España.