Emprego

Servizo de Información e Asesoramento a Emprendedores

Entre outras actividades, puxéronse en marcha varios servicios a ofertar ós distintos colectivos interesados.

Servicio de asesoramento a emprendedores:

Ten como finalidade informar e asesorar a todas aquelas persoas que decidan por en marcha iniciativas empresariais ou queiran estudiar as posibilidades que ofrece o autoemprego. Este servicios ten, ademais, como obxectivo facilitar a tódalas persoas interesadas en crear a súa propia empresa toda a información sobre fórmulas xurídicas, elaboracións de plans de viabilidade, búsqueda de financiamento, información e axuda na tramitación de subvencións.
Este procedemento aplícase a todo-los emprendedores que se achegan ata o concello na búsqueda de asesoramento para a súa idea de negocio ou ó seu proxecto empresarial.

Servicio de asesoramento a empresarios e agrupacións socioeconómicas:

Asesoramento e axuda a empresarios na tramitación de subvencions á contratación de traballadores ou na búsqueda de financiamento para proxectos de mellora na empresa.
Información e axuda a agrupacións socioeconómicas na búsqueda de subvencións para proxectos de desenvolvemento.

Programas de formación e información:

  • Cursos do Servicio Galego de Igualdade.
  • Seminarios de “Difusión da Cultura Emprendedora”. (Obxectivos: Difundir cómo se xeneran as ideas empresariais, e animar as persoas con inquietudesemprendedoras a transformar as súas ideas de negocio en proxectos empresariais.)
  • Charlas informativas sobre a financiación das pequenas e medianas empresas. (Obxectivos: Analiza-las liñas financeiras con destino ás pequenas e medianas empresas que puxo en marcha o IGAPE, nesta charla explícanse os préstamos do IGAPE para inversión, e os microcréditos que concede este Instituto de Promoción, entre outras formas de financiación.)

INFORMACIÓN XERAL:

  • Formas xurídicas máis comúns.
  • Constitución de empresas.
  • Axudas e subvencións.
  • Programas de fomento de emprego
  • Direccións de interés.
 
Casa do Concello, rúa Campo da Feira, Nº 1, Meaño 
Tel.: 986 747 102   Fax: 986 747 391
Horario: De luns a venres (agás festivos), de 9 a 14 horas