Departamento de Educación e Cultura

O departamento de educación e cultura  asume e desenvolve competencias propias en materia educativa e cultural tanto en relación cos centros educativos do termo municipal como en outros ámbitos como o musical, a Biblioteca, o museo da Muller Labrega etc.
Dende o departamento organízanse e coordínanse diversas actividades ao longo do ano  dirixidas aos centro de ensino, asociacións, colectivos e cidadanía en xeral. Actividades dirixidas a fomentar o coñecemento en diferentes materias, actividades de ocio e tempo libre, animación á lectura, concursos, etc…
 
Casa do Concello, calle Campo da Feira, Nº 1, Meaño 
Tel.: 986 74 71 02   Fax: 986 74 73 91
Horario: De lunes a viernes (excepto festivos), de 9 a 14 horas.

Escola de música

A Escola de Música de Meaño ten a súa orixe en 1980, cando o Concello de Meaño, rexido por D. Germán Rodiño, antigo músico da Banda de Música de Meaño, puxo en marcha unha “escola” para intentar refundar a Banda de Música de Meaño. En 1985 D. Manuel Lores, cos poucos medios que tiña, logrou formar unha pequena agrupación e a Banda de Música de Meaño volveu a sonar coma nos seus mellores tempos. Pouco a pouco foise mellorando contratando a novos profesores, pero o cambio máis significativo deuse no 1999 coa posta en marcha da nova Escola de Música. Primeiro o Concello acondicionou un local para o uso exclusivo da Escola, e contratáronse a novos profesores especializados para a impartición das clases de música.No ano 2006  a Escola de Música pasou a ser de titularidade municipal e así creouse a Escola Municipal de Música que se xestiona dende a Concellería de Cultura e Educación.

No ano 2010-2011 volvéronse a realizar obras de acondicionamento e mellora das instalacións para poder dar cabida a todalas solicitudes formuladas,  a escola conta con    máis dun centenar de  alumnos repartidos nas disciplinas de Música e Movemento, Iniciación a Linguaxe Musical, Linguaxe Musical (6  cursos), Harmonía e análise, Violonchelo, Fagot, Óboe, Frauta, Clarinete, Guitarra, Percusión, Trompeta, Trombón, Saxofón, Trompa, Bombardino, Piano, Conxunto Madeira, Conxunto Metal, Conxunto Percusión, Coro, Banda Infantil e Banda Xuvenil. Impartidas todas por un total de 16 profesores especializados.

Durante o curso realízanse múltiples actividades: concertos didácticos nos colexios do Concello e da Comarca, diversos festivais como para celebrar  Santa Cecilia,  O Nadal, o mes da música e audicións varias durante o curso.
 Tamén saídas para escoitar e ver diversos espectáculos e tamén para actuar en lugares diferentes como Ribadumia, Beade etc.. E tamén a realización de master Class coincidindo coa Semana Santa.

Biblioteca

Na biblioteca hai ubicada unha sala de ordenadores con conexión a internet, para poder  utilizar este servizo deberán estar empadroados no Concello de Meaño e solicitar unha clave de usuario e contrasinal nas oficinas do Concello para o que será imprescindible a presentación do formulario de solicitude debidamente cuberto e a presentación da fotocopia do DNI.
 
Para os menores de idade a solicitude deberán realizala os seus pais ou titores  legais, sendo estes os únicos responsables dos contidos aos que accedan.
 
Na Axencia de Lectura pódense consultar e ler todos aqueles libros dos que dispón, pero si o que se quere é levar libros en préstamo, débese traer unha fotografía tamaño carne e o  DNI  cos datos persoais. Os posuidores do carne de socio poden solicitar prestados ata un máximo de tres libros por un período de quince días.
             
Durante os meses de marzo, abril e maio realizaranse sesións de animación á lectura para rapaces/as de infantil por unha banda e para rapaces/as de 1º e 2º de primaria por outra banda.
Un día importante que a Biblioteca organiza é a celebración do día do libro o 23 de abril  e para celebralo organízanse concursos de  contos curtos para alumnos/as de primaria e secundaria. E un concurso de  debuxos para alumnos de infantil.
 
A Axencia de Lectura Municipal de Meaño está ubicada na Casa de Cultura de Meaño
Enderezo: Rúa Campo da Feira nº 17 no 1º piso
Teléfono: 986 74 89 16
 
Horario:
Inverno: De luns a venres de 16:00 a 19:30
Verán: De luns a venres de 10:00 a 13:00 de xullo, agosto e setembro.

Museo da Muller Labrega

Alberga a oficina de Información Turística e está aberto na época estival , dende  o día 15 de xuño ata o 15 de setembro, os martes e xoves en horario de 18:30 a 21:00 horas. Os sábados de 11:00 a 14:00 e de 18:30 a 21:00 horas e os domingos e festivos de 11:00 a 14:00 horas.
Este edificio conta con  tres plantas: na planta baixa temos unha sala no que se proxectan documentais das tarefas propias das mulleres labregas,  hai unha pequena exposición de pezas relacionadas co liño, a costura e o pan e paneis informativos sobre estas tarefas.
A segunda planta alberga unha sala de exposicións e unha hemeroteca e a terceira e última planta unha aula para conferencias, cursos.
 
O Museo da Muller Labrega está situado no Pazo de Lis
Enderezo: Ás Covas nº 3- Meaño
Teléfono: 986 74 78 47

Escola infantil (0 - 3 anos)

Esta escola infantil está aberta en período lectivo dende ás 08:00 h ata as 20:00 horas sen interrupción para darlle unha maior flexibilidade de horario aos pais/nais. Para nenos con idade comprendida entre 0 e 3 anos.
Non ten servizo de comedor, so se lles dá o alimento aos nenos/as que están na aula de bebés. 

O período de matricula ábrese dende o 1 ata o 30 de abril 
Escola Infantil municipal
Enderezo: Rúa Os Colexios nº 9 – Dena- Meaño
Teléfono: 986 74 41 18.

Centro Social de Dena

No centro social de Dena lévanse a cabo distintas actividades organizadas polo Concello e tamén polas distintas asociacións da parroquia de Dena, etc…
 
Centro social Dena
Enderezo: Rúa Santa Lucía nº 23 – Dena
Teléfono: 986 74 49 19 

Horario
Está aberto de  setembro a agosto en horario de tarde de 17:00 a 23:00 horas os luns, martes, xoves, venres e domingos.

Actividades e Concursos

Actividades

Ao longo do ano realízanse diversas actividades culturais:

Visitas guiadas Ruta dos Muíños.
O Concello de Meaño, dentro das súas actividades de potenciación do medio ambiental e promoción do seu territorio, pon en valor, a recuperación das marxes do río da Chanca, así como a recuperación de todo o patrimonio existente ó seu carón ( Muíños, Pontellas, etc.), que foron no seu día importante medio de vida económico e centros de reunión, conversas, creacións culturais, etc…
Por tal motivo, elaborouse esta Unidade Didáctica, co obxecto de dála a coñecer a toda a poboación de Galicia, todo aquel colectivo: asociación, centro educativo que estea interesado en  realizar esta rota, deberá poñerse en contacto co Departamento de Cultura do Concello de Meaño, mediante instancia indicando data e número de participantes.
Esta visita guiada pode ter unha duración estimada de 3 horas, que poden ser recortadas en función das necesidades de cada grupo.
A visita distribúese do seguinte xeito: recepción dos participantes e acompañamento ata a casa de Cultura de Lores donde haberá unha presentación da visita e entrega das unidades didácticas. Baixada ata a ruta e explicación dos aspectos máis importantes mentres facemos a ruta e logo subida ata o mirador da Barriera na parroquia de Simes dende donde poderemos apreciar todo o Val do Concello de Meaño e ver a ruta dende o alto.
Mes do teatro ( marzo)

Durante o mes de marzo lévanse a cabo representacións teatrais a cargo de grupos de teatro amateurs ou de asociacións para que representen algunha das súas obras.

Mes da Música (abril)

Durante o mes de abril temos o mes dedicado a música no que os alumnos da Escola de Música Municipal de Meaño dan concertos e tamén se celebra o festival de Bandas organizado pola Banda Unión Musical de Meaño.

Mes das Letras (maio)

Durante o mes de maio, mes dedicado ás letras, o Concello de Meaño organiza distintas actividades. A primeira delas é organozar nos centros educativos representacións teatrais. A segunda é a celebración do día 17 de Maio, día da Letras Galegas

Actividades de Verán

Co fin de poder conciliar a vida laboral coa vida familiar durante o verán organízanse distintas actividades para os rapaces de educación Infantil, primaria e secundaria tales como campamento Meniñadas e Brincadeira. 

Festa dos Muíños

Esta romaría ten lugar o último domingo do mes de xullo e consiste nunha xuntanza nos Muíños de Lores – Simes. A festaestá amenizada todo o día con música tradicional, un xantar nos Muíños e unha mostra de artesanía tradicional. Para poder asistir ó xantar é necesario recoller  invitación a disposición dos interesados nas oficinas municipais.

Festa da bicicleta

Esta festa ten lugar na 1ª fin de semana do mes de setembro, comeza na praza do concello coa inscrición dos participantes que deben ter como idade mínima 7 anos.
Os participantes terán que facer un percorrido polo Concello e logo haberá sorteo de obxectos relacionados co mundo do ciclismo entre os participantes.

Festa dos Milagres

Festa da patroa que se celebra o 2º domingo de setembro e pola mañá hai misa solemne e pasarrúas da Banda Unión Musical de Meaño.
Pola Tardiña concerto da Banda Unión Musical de Meaño e verbena.

Actividades extraescolares

O Concello de Meaño, por noveno ano consecutivo,  a través das Concellerías de  Cultura e Educación, Deporte e Xuventude vai organizar as actividades extraescolares para os/as alumnos/as de infantil, primaria, (nados entre os anos 2010 e 2002).

Desenvolveranse dende  martes 1 de outubro ata o 31de maio, agás o Módulo da Escola de Música que rematará o 30 de xuño.

Estas actividades divídense en tres módulos:

MODULO I: ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA

MODULO II: ACTIVIDADES ARTÍSTICAS E CULTURAIS

MODULO III: ACTIVIDADES DEPORTIVAS

Pode consultar información sobre estos módulos, así coma os horarios e outra información no seguinte documento:

Actividades extraescolares curso 2013 – 2014 

Obradoiros CEIPS e IES.

O Técnico de Intervención,  e as animadoras socioculturais do Concello de Meaño van impartir uns programas de carácter transversal que permiten o desenrolo integral dos adolescentes, fomentando a mellora nas condutas de relacións interpersoais. A realidade actual mostra no día a día unha serie de problemas en canto a abuso de sustancias, dificultades educativas, problemática de descoñecemento sexual que é importante que sexan abordadas con carácter preventivo dende a educación non formal. Estes programas son:

– Taller de Habilidades Sociais: impartirase nas aulas de  1º da ESO e tamén nos dous CEIPS nas aulas
   de 6º curso.
– Taller de Drogodependencia: Impartirase nas aulas de 2º da ESO
– Taller de Educación en Valores: Impartirase nas aulas de 3º da ESO
– Taller de Sexualidade: Impartirase nas aulas de 4º da ESO

Estes programas impartiranse  de novembro a marzo cunha duración de entre 5 e 6 sesións por taller e aula. 

Divernadal

O Concello de Meaño dende a Concellería de Cultura e Educación pon en funcionamento o programa Divernadal co fin de poder conciliar o traballo dos pais coas vacacións escolares, o programa  desenvolverase durante as vacacións escolares de Nadal salvo os días festivos.Este programa está destinado a rapaces/zas nacidos entre os anos 2009 e 2001. Os participantes estarán atendidos por monitores en actividades socioculturais, en horario de 09:00 a 14:00h

Concursos

  •  Relatos e Murais  Letras Galegas
  • Postais de Nadal e Murais
  • Nacementos

Dirixido ás asociacións inscritas no Rexistro do Concello, e aos distintos Centros Educativos do Termo Municipal de Meaño.