APROBACIÓN DO PREZO PÚBLICO DA ACTIVIDADE “EXCURSIÓN FIN DE ACTIVIDADES PARA MAIORES DE 60 ANOS 2026”
ANUNCIO
Conforme o disposto nos artigos 41, 47 e 127 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, e na Ordenanza reguladora dos prezos públicos pola prestación de servizos e a realización de actividades de carácter lúdico, cultural, educativo e outros (BOP nº 148 do 06.08.2025) faise público a efectos de coñecemento xeral e publicidade o acordo da Xunta de Goberno local de data 11 de maio de 2026 pola que se aprobou o establecemento do prezo público pola realización da actividade “EXCURSIÓN FIN DE ACTIVIDADES PARA MAIORES DE 60 ANOS 2026” en 50,00 €/persoa.
Meaño, o alcalde
Documento asinado dixitalmente ao marxe