OUTROS DOCUMENTOS, NOTIFICACIÓNS E INFORMACIÓNS PÚBLICAS
INICIO DO EXPEDIENTE DE CONCESIÓN ADMINISTRATIVA DE USO PRIVATIVO DUN BEN DE DOMINIO PÚBLICO PARA A EXPLOTACIÓN DA TASCA NO MUIÑO DENOMINADO “MUIÑO DE DANIEL O FERREIRO” EN RÉXIME DE CONCORRENCIA.
Instruído polos servizos municipais o expediente de concesión administrativa de uso privativo dun ben de dominio público para a explotación da tasca no muíño denominado “Muíño de Daniel O Ferreiro” en réxime de concorrencia; sométese, ao abeiro do artigo 87.4 do Regulamento de Bens das Entidades Locais, aprobado por Real Decreto 1372/1986, de 13 de xuño, a documentación que integra o proxecto, que servirá de base para a concesión administrativa de referencia, xunto cos Pregos de cláusulas económico-administrativas particulares e de prescricións técnicas, a información pública mediante anuncio publicado no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, na páxina web e no Taboleiro de Edictos do Concello, durante o prazo de trinta días hábiles, a efectos de reclamacións e suxestións. O devandito expediente estará a disposición dos/as interesados/as no Portal de transparencia habilitado na sede electrónica no enderezo hhttps://concellodemeano.sedeelectronica.gal/transparency do Concello de Meaño.
En Meaño, o alcalde Carlos Vieitez Fernández
Documento asinado e datado dixitalmente ao marxe