Programa Benestar Balnearios – Xunta de Galicia 2026

CARLOS VIÉITEZ FERNÁNDEZ, ALCALDE-PRESIDENTE DO ILMO. CONCELLO DE MEAÑO (PONTEVEDRA)

INFORMO:

PROGRAMA BENESTAR BALNEARIOS-XUNTA DE GALICIA

Ten unha duración de 10 días cada unha en réxime de pensión completa nos establecementos balnearios que participan no programa.

Nos prezos incluen os seguintes servizos:

  1. Aloxamento e manutención en réxime de pensión completa e en cuartos dobres de uso compartido.
  2. Tratamentos termais coas indicacións terápeuticas: recoñecemento médico e tratamento termal básico.
  3. Programa de actividades de animación sociocultural que se leve a cabo no establecemento hoteleiro ou termal.
  4. Póliza colectiva de seguro turístico.

Beneficiarios: Ser maior de 60 anos, ou ter 55 e reunir a condición de pensionista do sistema da Seguridade Social, polos conceptos de xubilación, invalidez, viuvez ou outras pensións.

Prazo: Dende o 27 de maio ata o 26 de xuño 

Para tramitar a solicitude poden facelo nos Servizos Sociais Comunitarios do Concello co DNI. Recoméndase acudir con cita previa.

En Meaño,

Comparte esta noticia: