Consumo moderado e responsable da auga

Esta Alcaldía, pon en coñecemento a resolución de Augas de Galicia do pasado martes, na cal se activou o escenario de alerta ou escaseza servera na unidade territorial de escaseza Nº3- Río Lérez e Ría de Pontevedra, na que se integra parcialmente o termo municipal de Meaño.

Apelamos á responsabilidade de tódolos/as veciños/as da necesidade de un consumo moderado e responsable da auga da rede de abastecemento, para así evitar restricións.

 

Por este motivo solicito a máxima colaboración de tódolos/as usuarios/as para que se faga un uso racional de auga e así poder mellorar o servizo; debendo consumir a auga estrictamente necesaria e non malgastala, evitando na medida do posible, para usos que non sexan domésticos (baldeo de aceras, rego de xardíns, piscina, lavado de coches, etc…)

 

Meaño, 18 de Agosto de 2026

O alcalde

Asdo: Carlos Vieitez Fernández

Comparte esta noticia: