APROBACION INICIAL DA MODIFICACION DO ARTIGO 3 DA ORDENANZA REGULADORA DO PREZO PUBLICO POLA PRESTACION DO SERVIZO DE COMEDOR ESCOLAR NO CEIP COIRON-DENA.
ANUNCIO
A Xunta de Goberno Local, en sesión ordinaria celebrada con data 14 de setembro de 2026, acordou a aprobación inicial da modificación do artigo 3 da Ordenanza Reguladora do prezo público pola prestación do Servizo de Comedor Escolar no CEIP Coirón-Dena.
O que se somete a información pública, para os efectos e en cumprimento do que prevé o artigo 49 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, a fin de que, no termo de trinta días contados a partir do día seguinte ao da inserción deste edicto no Boletín Oficial da Provincia, os interesados poidan examinar o expediente de referencia e presentar, no seu caso, as reclamacións e/ou suxestións que consideren oportunas.
No caso de que non se formulen reclamacións / suxestións durante o período de exposición pública, a aprobación provisional devirá automaticamente en aprobación definitiva.
En Meaño,
O Alcalde, Carlos Vieitez Fernández
(Documento asinado e datado dixitalmente ao marxe)