Presentación curso 2026-2027 Escola de Música Municipal

O concello informa que o mércores 23 de setembro terá lugar a presentación do curso 2026-2027 da Escola de Música Municipal de Meaño, no Centro Social de Dena, nos seguintes horarios:

  • 19:30 horas: Música e Movemento (3, 4 e 5 anos ), Inicio Linguaxe Musical (6 e 7 anos).
  • 20:30 horas: Linguaxe Musical (+ de 8 anos), Especialidades Instrumentais (escolla presencial de horarios individuais), Conxuntos Instrumentais.

As clases comezarán o 1 de outubro.

Comparte esta noticia: