Exposición Censo Electoral

Data de publicación :
12 Outubro, 2026

Carlos Vieitez Fernández, Alcalde-Presidente do Ilmo. Concello de Meaño.-

INFORMA:

Que, con motivo das Eleccións ás Cortes Xerais, que se celebrarán o vindeiro 29 de novembro de 2026, o servizo de consulta do Censo Electoral estará dispoñible no Concello de Meaño durante o período comprendido entre os días 12 e 19 de outubro de 2026, ambos inclusive.

As persoas que desexen realizar algunha consulta ou formular unha reclamación ao censo deberán acudir ao Negociado de Estatística e Padrón, acreditando a súa identidade mediante DNI, pasaporte ou permiso de conducir con fotografía.

Así mesmo, as persoas interesadas poderán solicitar a exclusión das copias do censo electoral que se facilitan aos representantes das candidaturas proclamadas para o envío de propaganda electoral, trámite que poderá realizarse no Concello durante o período de consulta.

O Alcalde

Asdo: Carlos Vieitez Fernandez

Documentos do Anuncio
Compartir: