Termalismo Imserso 2027

CARLOS VIÉITEZ FERNÁNDEZ, ALCALDE-PRESIDENTE DO ILMO. CONCELLO DE MEAÑO (PONTEVEDRA)

INFORMO

Que está aberto o prazo para facer as solicitudes de inscrición no Programa de Termalismo do Imserso para o ano 2027.

Persoas Beneficiarias e requisitos:

  • Ser pensionista de xubilación ou incapacidade permanente do Sistema de Seguridade Social.

  • Ser pensionista de viudedade con cincuenta e cinco anos de idade do Sistema de Seguridade Social español.

  • Ser pensionista por outros conceptos ou perceptor de prestacions ou subsidios de desempleo, con sesenta ou máis anos de idade do Sistema de Seguridade Social español.

  • Ser asegurado ou beneficiario do Sistema da Seguridade Social español, con sesenta e cinco ou máis anos de idade.

    Poderán ir acompañados de cónxuxe ou parella estable ou un fillo/a con discapacidade, igual ou superior 45% (aloxados na mesma habitación)

Prazo de solicitudes:

-Turnos de febreiro a agosto: ata o día 5 de decembro de 2026

-Turnos de setembro a decembro: ata o día 12 de maio de 2027

Para tramitar a solicitude poden facelo nos Servizos Sociais Comunitarios do Concello co DNI. Recoméndase acudir con cita previa.

En Meaño,

Comparte esta noticia: