Ampliación rede alumeado Polígono Indrustrial A Pedreira

Data de publicación :
12 Setembro, 2024
A. PODER ADXUDICADOR
Administración contratante:  Concello de Meaño
Órgano de contratación:  Xunta de Goberno Local
Servizo xestor: Secretaría-intervención do Concello de Meaño
Responsable do contrato:  Dirección facultativa
Representante da Administración na recepción da obra Facultativo/a da Oficina Técnica Municipal
Perfil de contratante:  www.concellodemeano.com enlazado á Plataforma de Contratos de Galicia https://www.contratosdegalicia.gal
Dirección do órgano de contratación: R/Campo da Feira nº 1 (Meaño)
Correo electrónico do órgano de contratación: concellodemeano@concellodemeano.com
Sede electrónica: concellodemeano.sedelectronica.gal
Teléfono/Fax: 986-747102   986747391
B. PROCEDEMENTO DE ADXUDICACIÓN, TRAMITACIÓN DO EXPEDIENTE E FORMA DE PRESENTACIÓN DE OFERTAS
Tipo de contrato: OBRAS
Cabe recurso especial: NON
Contrato suxeito a regulación harmonizada: NON
Tipo de procedemento: ABERTO SIMPLIFICADO SUMARIO
Tramitación: ORDINARIA
Forma e prazo de presentación de ofertas(cláusula 17 do PCAP): Forma: Electrónica, única e exclusivamente a través do Sistema de Licitación Electrónica da Xunta de Galicia (SILEX), segundo a cláusula 17 do PCAP.

Prazo: 10 días hábiles a contar desde o seguinte á publicación no perfil do contratante do anuncio de licitación

Documentación a presentar: (Cláusula 18 do PCAP)

 

Sobre UNICO co seguinte contido: Anexo I – Declaración responsable e oferta económica
C. DEFINICIÓN DO OBXECTO DO CONTRATO
Necesidade a satisfacer:  Dotar dunha nova liña de  iluminación a un vial municipal sito no polígono de A Pedreira que na actualidade carece de dito servizo.
Nome da obra: “Ampliacion da rede de alumeado no poligono industrial de A Pedreira”
Proxecto técnico: “Ampliacion da rede de alumeado no poligono industrial de A Pedreira”
Equipo redactor e titulación: Enxeñeiro de Camiños, Canais e Puertos, co nº de colexiado 16.225, D. Javier Carballo Núñez
Órgano e data de aprobación do proxecto: ALCALDÍA, Decreto nº2024-0499 de 28/08/2024
Obxecto do contrato:.  Dotar dunha nova liña de iluminación a un vial municipal sito no polígono de A Pedreira que na actualidade carece de dito servizo.

As actuacións comprenderán: a canalización e arquetas de derivación, a instalación de 14 farois con luminarias led de baixo consumo así como un cadro de control. Así mesmo, a apertura de gabias, cableado e  reposición do pavimento do vial.

División en lotes: NON
Xustificación da non división en lotes: Non procede a división en lotes posto que se trata dunha actuación que constitúe unha unidade operativa e funcional, nas que as actuacións proxectadas son elementos inseparables para a consecución dunha mesma finalidade.
Código CPV: 45316000-5 Trabajos de instalación de sistemas de alumbrado y señalización.
D. ORZAMENTO BASE DE LICITACIÓN
Orzamento base de licitación (IVE incluído): 45.351,61 €
E. VALOR ESTIMADO
Orzamento da obra (IVE excluído): 37.480,67 €
Importe das modificacións previstas (IVE excluído):  

0

Importe das opcións eventuais (IVE excluído):  

0

Importe das primas pagadoras aos licitadores (IVE excluído):  

0

TOTAL VALOR ESTIMADO: 37.480,67 €
IVE (21 %): 7.870,94 €
Sistema de determinación do prezo: Por unidades de obra segundo o proxecto.
Xustificación da estimación do valor: Para a determinación do orzamento base de licitación tivéronse en conta os prezos habituais no mercado. O proxecto aprobado conta cun anexo de xustificación prezos
F. – RÉXIME DE FINANCIAMENTO E ANUALIDADES:
Existencia de crédito: RC núm.220240006851
Aplicación orzamentaria: 165-6090001
Réxime de financiamento: cofinanciación
 

Obra

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, INDUSTRIA E INNOVACIÓN
CONCELLO DE MEAÑO
Total Xunta de Galicia financiacion obra:

36.281,29 €

Total Concello financiación obra:

9.070,32 €

Gasto plurianual: NON
Tramitación anticipada: NON
G. PRAZO DE EXECUCIÓN.
Prazo de execución: UN  (1) MES, dende a formalización da acta de comprobación e replanteo, e en todo caso antes do 25/10/2024.
Prórroga: NON
Prazo mínimo de garantía:  DOCE (12) MESES.

Dito prazo comezará a contar a partir do día seguinte ao da firma da Acta de Recepción das obras. Durante o prazo de garantía, a empresa construtora adxudicataria das obras estará obrigada a mantelas en perfecto estado de mantemento e limpeza

H. ADMISIBILIDAD DE VARIANTES: NON
I. CONDICIÓNS ESPECIAIS DE EXECUCIÓN
1º/ DE TIPO MEDIOAMBIENTAL:

− Minimización da xeración de residuos perigosos e non perigosos, así como a súa reutilización ou reciclaxe.

− Os residuos susceptibles de reciclaxe depositaranse en colectores independentes para facilitar ou seu tratamento.

Deberá achegarse á súa finalización a seguinte documentación xustificativa:

-Albaráns de entrega de material en xestor autorizado.

-Panel informativo da xestión de residuos durante a obra.

Os gastos derivados da realización da condición especial da execución establecido na presente cláusula serán a cargo exclusivo do contratista

Xustificación: se considera adecuada a promoción do reciclaxe tendo en conta a natureza do contrato.

2º/ CARTEL INFORMATIVO:

Por tratarse de obras subvencionadas pola Consellería de Economía, Industria e Innovación o contratista deberá de  colocar un cartel informativo no lugar de execución da actuación subvencionada,

conforme ao modelo indicado no anexo IV da ORDE do 4 de xaneiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas encamiñadas á habilitación e mellora de infraestruturas dos parques empresariais da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (código de procedemento IN519B) . O cartel  deberá permanecer instalado durante todo o período de execución do proxecto, dende o inicio ate a súa recepción.

Unha vez finalizada a execución da actuación subvencionada, no momento da recepción da mesma, a empresa substituirá o cartel por unha placa explicativa permanente, conforme ao modelo indicado no anexo V. A  placa debe ser dun material resistente (aluminio, metacrilato ou similar) e cun tamaño mínimo A4.?

O contratista deberá de aportar ao inicio das obras fotografías da colocación do cartel.

O contratista deberá aportar ao rematar as obras fotografía da colocación da placa explicativa

Xustificación: por imposición da axuda concedida pola Consellería de Economía, Industria e Innovación.

3º/ TAXA SERVIZOS FACULTATIVOS:

Conforme ao establecido na “Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola prestación de sevizos facultativos que se presten nas obras municipais” serán de conta do contratista tódolos tributos de calquera índole que graven as operacións necesarias para a execución da obra e, en particular, as taxas por prestación dos traballos facultativos de reformulo, dirección, inspección e liquidación das obras e calquera outra que resulte de aplicación segundo as disposición vixentes, na forma e contía que estas sinalen, así como a licenza de obras e do imposto sobre construcións, instalacións e obras; para o caso en que este sexa esixible.

As taxas por direccións de obras e coordinación de seguridade calcularanse tomando como base o orzamento de execución material.

O contratista deberá de aportar xustificante do pago das taxas.

Xustificación: por estar establecido na “Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola prestación de sevizos facultativos que se presten nas obras municipais”

J. REVISIÓN DE PREZOS:

 

NON
Fórmula de revisión: NON PROCEDE
K. GARANTÍA
PROVISIONAL: NON
DEFINITIVA NON
COMPLEMENTARIA NON
L. ADSCRICIÓN OBRIGATORIA DE MEDIOS: Segundo proxecto
M. SUBCONTRATACIÓN: NON
N. MODIFICACIÓNS CONTRACTUAIS PREVISTAS: NON
Ñ. DATOS DE FACTURACIÓN
Entidade contratante:  Concello de Meaño
Órgano de contratación: Xunta de Goberno Local
CÓDIGO DIR3 Oficina contable: L0L1360274 -OC

Órgano Xestor: L0L1360274-OG

Unidade tramitadora: L0L1360274-UT

O. SOLVENCIA ECONÓMICA E FINANCIEIRA E TÉCNICA, CLASIFICACIÓN E HABILITACIÓN EMPRESARIAL
O.1 Clasificación: NON

 

O.2 Solvencia: Neste procedemento, en virtude do disposto en o artigo 159.6 b) LCSP, eximirase a os licitadores da acreditación da solvencia económica e financeira e técnica ou profesional.
O.3 Habilitación empresarial: Non
P: UNIDADE TÉCNICA DE CONTRATACIÓN:
Constituirase unha Unidade Técnica de Contratación composta polos seguintes membros:

1) Técnico de Administración xeral.

2) Arquitecto municipal

Suplente: a secretaria-interventora

Secretaría: Trinidad Lorenzo Lema, funcionaria administrativa de Admón Xeral.

Suplente: Pastora Castro Lema, funcionaria administrativa de Admón Xeral.

Q: CRITEROS DE VALORACIÓN DAS OFERTAS:
Criterios de adxudicación avaliables automaticamente (pluralidade de criterios de adxudicación en base a mellor calidade-prezo) ata 100 puntos:
1.-Menor prezo ofertado: Ata un máximo 85 puntos para a oferta máis baixa das admitidas e o resto distribuirase proporcionalmente con arranxo á seguinte fórmula matemática:

P= (85*menor prezo ofertado)/ Oferta a valorar

Non se admitirán na súa totalidade as proposicións nas que se oferte un prezo total superior ao Orzamento Base de Licitación, IVE excluido.

Todas as puntuacións redondearanse ao segundo decima

2.- Certificados de calidade e outros: ata un máximo de 15 puntos:

 a.- Estar en posesión do certificado de sistemas de XESTIÓN DE CALIDADE vinculada co obxecto do contrato (UNE-EN ISO 9001), en vigor: 5 puntos.

b.- Estar en posesión do certificado de XESTIÓN AMBIENTAL vinculada co obxecto do contrato (UNE-EN- ISO 14001), en vigor: 5 puntos.

c.- Estar en posesión do certificado ISO 18001 OSHSAS PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS (UNE EN ISO 45001), en vigor: 5 puntos

Para a valoración destes certificados os licitadores deberán achegar xunto coa oferta a correspondente documentación xustificativa.

R: CRITERIOS PARA A DETERMINACIÓN DE OFERTAS CON VALORES ANORMAIS OU DESPROPORCIONADOS
Unicamente poderán ser considerados con respecto ao criterio “prezo”.Considerarase, en principio, como anormal ou desproporcionada a baixa de toda proposición económica na que o criterio “prezo” se atope nalgún dos supostos establecidos no artigo 85 do Real Decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas. No suposto de detectar algunha baixa desproporcionada estarase ao disposto no artigo 149 LCSP.
S: OBRIGAS DE PUBLICIDADE:
Por tratarse de obras subvencionadas pola Consellería de Economía, Industria e Innovación o contratista deberá de  colocar un cartel informativo no lugar de execución da actuación subvencionada,

conforme ao modelo indicado no anexo IV da ORDE do 4 de xaneiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas encamiñadas á habilitación e mellora de infraestruturas dos parques empresariais da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (código de procedemento IN519B) . O cartel  deberá permanecer instalado durante todo o período de execución do proxecto, dende o inicio ate a súa recepción.

Unha vez finalizada a execución da actuación subvencionada, no momento da recepción da mesma, a empresa substituirá o cartel por unha placa explicativa permanente, conforme ao modelo indicado no anexo V. A  placa debe ser dun material resistente (aluminio, metacrilato ou similar) e cun tamaño mínimo A4.?

O contratista deberá de aportar ao inicio das obras fotografías da colocación do cartel.

O contratista deberá aportar ao rematar as obras fotografía da colocación da placa explicativa

T.- ABONOS POR ACTUACIÓNS PREPARATORIAS: NON
Documentos do Anuncio
Compartir: