Anuncio de aprobación inicial do proxecto de expropiación para execución da UA-3 do PXOM

Data de publicación :
21 Novembro, 2025

ANUNCIO DE APROBACIÓN INICIAL DO PROXECTO DE EXPROPIACIÓN, POLO PROCEDEMENTO DE TAXACIÓN CONXUNTA, PARA A EXECUCIÓN DA UA-3 DO PXOM

 

Mediante acordo da Xunta de Goberno Local na sesión celebrada na data 20.11.2025, aprobase inicialmente o Proxecto de Expropiación, polo procedemento de taxación conxunta, para a obtención dos bens e dereitos necesarios para o desenvolvemento da UA-3 do PXOM en Dena e o viario de conexión coas infraestruturas existentes.

Conforme ao prevido nos artigos 118.2 e 3 da Lei 2/2016 e 293.2 e 3 do Decreto 143/2016 sometese a información pública polo prazo DUN MES mediante a inserción de anuncios no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior circulación da provincia para que aquelas persoas que puideran resultar interesadas formulen as observacións e reclamacións que estimen convenientes, en particular non concernente á titularidade ou valoración dos seus respectivos dereitos.

O que se fai público para os efectos indicados, informando que contra este acordo, en canto acto de mero trámite que non pon fin á vía administrativa, non cabe interpoñer recurso ningún, sen prexuízo do dereito á formulación das alegacións que se consideren pertinentes.

 

En Meaño a 20 de novembro de 2025

O Alcalde Carlos Vieitez Fernández

Documentos do Anuncio
Compartir: