Aprobación inicial do Orzamento Municipal exercicio 2024

Data de publicación :
8 Xaneiro, 2024
ANUNCIO

ORZAMENTOS E CADRO DE PERSOAL
APROBACIÓN INICIAL DO ORZAMENTO MUNICIPAL DO CONCELLO DE MEAÑO PARA O EXERCICIO 2024

Aprobado inicialmente polo Pleno da Corporación, en sesión extraordinaria de data 29 de decembro de 2023, o Orzamento Municipal correspondente ao exercicio económico 2024, así coma as Bases de Execución,  Anexos de Persoal, a relación de cargos con dedicación, a asignación a grupos políticos, as subvencións  nominativas e  demáis documentación que integra o expediente do Orzamento; dando cumprimento ao artigo 169.1 do R.D.Lvo. 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais,  exponse ao público por un prazo de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia, durante os cales os interesados poderán examina-lo na sede electrónica https://concellodemeano.sedelectrónica.gal/transparency/ e formular alegacións ante o Pleno da Corporación, segundo se sinala no artigo 170 do R.D.Lvo. 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais.

O Orzamento Municipal considerarase definitivamente aprobado si durante o devandito prazo non se presentasen reclamacións ó mesmo, ó abeiro do artigo 169.1 do R.D.Lvo. 2/2004, do 5 de marzo.

Meaño, a alcalde Carlos Vieitez Fernández

Documento asinado e datado dixitalmente ao marxe

Documentos do Anuncio
Compartir: