Aprobación inicial do Plan especial de infraestruturas e dotacións na Toxa

Data de publicación :
10 Marzo, 2025

ANUNCIO

EXPEDIENTE:  560/2022

ASUNTO:  APROBACION INICIAL DO PLAN ESPECIAL DE INFRAESTRUTURAS E DOTACIONS, A TOXA 

A Xunta de Goberno Local do Concello de Meaño, en sesión ordinaria de data 10/02/2025, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

“PRIMEIRO. Aprobar inicialmente o “Plan Especial de Infraestruturas e dotacións A Toxa-Meaño”, de iniciativa pública municipal, que incorpora as previsións recollidas no Informe Ambiental Estratéxico emitido polo órgano ambiental, nos termos que obran no expediente.

O  referido “Plan Especial de Infraestruturas e dotacións A Toxa-Meaño afecta a dúas  parcelas ubicada no lugar de A Toxa, na parroquia de Meaño, clasificada como Suelo Rústico Apto para urbanizar no PXOM do Concello de Meaño e coas seguintes rerefencias catastrais 36027A065000520000ME, 36027A065000970000MQ e  8194004NG1989S0000UL. 

SEGUNDO. Abrir un período de información pública  durante o prazo de DOUS MESES  mediante a publicación de anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión da provincia de Pontevedra.

Durante o devandito período quedará o expediente ao disposición de calquera que queira examinalo ou obter copias para que se presenten as alegacións que se estimen pertinentes, estando ao disposición dos interesados na sede electrónica deste Concello https://concellodemeano.sedelectronica.gal/transparency. 

TERCEIRO. Suspender  o outorgamento das licenzas de parcelación de terrenos, edificación e demolición para áreas ou usos determinados  na área afectada pola aprobación do Plan Especial, e que afecta as parcelas catastrais: 36027A065000520000ME, 36027A065000970000MQ e parte da   8194004NG1989S0000UL 

Esta suspensión terá unha duración máxima de dous anos, a contar desde a devandita aprobación inicial, extinguíndose, en calquera caso, coa aprobación definitiva do plan.

Esta suspensión publicarase conxuntamente coa aprobación inicial. 

CUARTO. Notificar individualmente o trámite de información pública a todas as persoas titulares catastrais dos terreos afectados. 

QUINTO. Solicitar ás Administracións afectadas pola súa competencia sectorial para que emitan o correspondente informe para os efectos regulados na Lexislación sectorial. Os informes sectoriais autonómicos haberán de ser emitidos no prazo máximo de tres meses, transcorrido o cal se entenderán emitidos con carácter favorable.”

O que se fai público para que durante o prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, os interesados poidan consultar o expediente e formular as alegacións que xulguen oportunas. A documentación sometida á exposición pública estará a disposición dos interesados na Secretaria-intervención do Concello de Meaño e na seguinte dirección web do Concello https://concellodemeano.sedelectrónica.gal/transparency/.

En Meaño, a 11 de febreiro de 2025 o Alcalde  Carlos Vieitez Fernández.

 

Documentos do Anuncio
Compartir: