Aprobación inicial modificación de crédito MC 12-2024

Data de publicación :
13 Xuño, 2024
APROBACIÓN INICIAL MODIFICACIÓN DE CRÉDITO NA MODALIDADE DE CRÉDITO EXTRAORDINARIO E SUPLEMENTO DE CRÉDITO FINANCIADO CON CARGO AO REMANENTE LÍQUIDO DE TESOURARÍA
ANUNCIO
O Concello en Pleno, na sesión celebrada en data 05/06/2024 aprobou inicialmente o expediente de modificación orzamentaria na modalidade de crédito extraordinario-suplemento de crédito financiado con cargo ao remanente líquido de tesouraría (MC 12/2024).
De conformidade co establecido no artigo 169.1 e 177.2 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, exponse ao público devandito acordo no Portal de transparencia habilitado na sede electrónica desta mesma plataforma no enderezo hhttps://concellodemeano.sedeelectronica.gal/transparency do Concello de Meaño, ó abeiro do artigo 177 en relación co artigo 169 do R.D .Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, mediante edicto publicado no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, na páxina web e no Taboleiro de Edictos do Concello por un período de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOPP ao obxecto de que os interesados poidan formular reclamacións.
O expediente considerarase definitivamente aprobado se durante o prazo de exposición pública non se presentase reclamación algunha.
O que se fai público para xeral coñecemento.O Alcalde Carlos Vieitez Fernández

Documentos do Anuncio
Compartir: