Aprobación inicial ordenanza xeral de subvencións

Data de publicación :
8 Xaneiro, 2024
ANUNCIO
ORDENANZAS E REGULAMENTOS

ORDENANZA XERAL DE SUBVENCIÓNS DO CONCELLO DE MEAÑO. (EXP. 693/2023)

Aprobada provisionalmente  polo Pleno da Corporación, en sesión extraordinaria de data 29 de decembro de 2023, a Ordenanza xeral reguladora das subvencións do Concello de Meaño; exponse ao público o devandito expediente, ó abeiro do artigo 49 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local e artigo 133.2 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións públicas,  polo prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte o da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, para que os interesados poidan examinar o expediente e presenta-las reclamacións que estimen oportunas.
De non presentarse reclamación ao expediente neste período, este acordo provisional entenderase definitivamente adoptado.
O expediente completo pode consultarse na seguinte dirección web do Concello:  https://concellodemeano.sedelectrónica.gal/transparency/

Meaño, o alcalde Carlos Vieitez Fernández

Documento asinado e datado dixitalmente ao marxe

Documentos do Anuncio
Compartir: