SUBVENCIÓNS E AXUDAS
BASES REGULADORAS PARA A CONCESIÓN DE AXUDAS MUNICIPAIS EN CONCORRENCIA COMPETITIVA DESTINADAS Ó APOIO Á NATALIDADE NO CONCELLO DE MEAÑO 2024.
A Xunta de Goberno Local, en sesión extraordinaria e urxente de data 30 de setembro de 2024, acordou aprobar as bases reguladoras para a concesión de axudas municipais destinadas ó apoio a natalidade no Concello de Meaño 2024; mediante o presente anuncio procedese a súa convocatoria, tendo en conta que o prazo de presentación de solicitudes iniciarase o día seguinte ó da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, rematando o 4 de novembro de 2024:
“BASES REGULADORAS E CONVOCATORIA PARA A CONCESIÓN DE AXUDAS MUNICIPAIS EN CONCORRENCIA COMPETITIVA DESTINADAS Ó APOIO Á NATALIDADE NO CONCELLO DE MEAÑO 2024.
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
A Lei 7/1985, do 2 de abril Reguladora da Bases do Réxime Local, define ao Municipio como a entidade básica da organización territorial do Estado, que ten personalidade xurídica propia e plena capacidade para o cumprimento dos seus fins; sendo os seus elementos o territorio, a poboación e a organización.
O descenso do índice de natalidade é un feito xeneralizado en Galicia e, sendo máis acusado no rural, o Concello de Meaño non é alleo a este problema e a necesidade de solucións, xa que, son as persoas o principal valor dunha comunidade, a poboación un elemento do municipio e as familias o núcleo no que se asenta a sociedade.
Por iso, decidiuse establecer esta medida de fomento encamiñada a apoiar a natalidade. Unha medida de apoio que atopa o seu fundamento na lóxica necesidade de que, sendo a natalidade un beneficio para todos, é lexítimo axudar as nais e pais a soportar as indubidables cargas materiais que se ocasionan, sobre todo nos primeiros meses de vida dunha/un nena/o. Trátase así de axudar a remover os obstáculos que entorpecen a propia vontade das parellas de elixir a dimensión da súa familia, de conseguir que a decisión de ter ou adoptar unha/un filla/o dependa unicamente das conviccións ou desexos persoais, non de causas alleas ás mesmas. Co obxectivo último de fomentar a natalidade e co inmediato de apoiar ás familias de Meaño, na medida dos recursos dos que dispón este Concello, preténdese axudar ás familias que teñan fillas/os, por nacemento, tutela ou adopción mediante a posta en marcha das presentes Bases o mesmo tempo que se pretende fixar a poboación no termo municipal de Meaño, evitar a caída na natalidade e o progresivo envellecemento da poboación que se ven sufrindo.
Por outra banda, a Constitución española de 1978 consagra, no seu artigo 39, o deber dos poderes públicos de asegurar a protección social, económica e xurídica da familia.
O Estatuto de Autonomía de Galicia lexitima a actuación lexislativa da Comunidade Autónoma no eido da protección da familia, infancia e adolescencia, nos títulos competenciais xenéricos de asistencia social e de promoción do desenvolvemento comunitario, artigo 27.
Xa mais especificamente no eido da normativa sectorial, a Lei 13/2008, do 3 de decembro, de Servizos sociais de Galicia, atribúelle ás Corporacións locais a creación e xestión dos servizos comunitarios básicos, configurándose como servizos de carácter integrador e principal instancia do sistema galego de servizos sociais para o desenvolvemento de intervencións de carácter preventivo, de atención integral a persoas, familias e de incorporación socio-laboral e habilita expresamente ós concellos para conceder axudas económicas destinadas a apoiar o coidado dos menores, paliar situacións transitorias de necesidade, garantir un mínimo de subsistencia e reforzar procesos de integración familiar e inclusión social.
Por todo isto, convócanse as axudas municipais de fomento da natalidade, no marco xurídico definido pola Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, os preceptos básicos da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, o Real Decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, as Bases de execución do orzamento municipal, e a demais normativa de aplicación.
BASE 1ª. OBXECTO.
Esta liña de subvencións se atopa recollida no Plan Estratéxico de subvencións 2024-2027 do concello de Meaño na área estratéxica de Benestar Social e Comunitario.
É obxecto das presentes bases regular a convocatoria pública, por parte do Concello de Meaño, para a tramitación e concesión de axudas económicas por nacemento, tutela ou adopción de filla/o; coa finalidade de fomentar a natalidade no Concello de Meaño.
Polo tanto, o obxecto das presentes bases é a concesión de axudas para sufragar parcialmente os custos derivados do nacemento e/ou adopción das nenas e dos nenos empadroados no Concello de Meaño, no período comprendido do 01-12-2023 a 31-10-2024.
BASE 2ª. REQUISITOS DOS BENEFICIARIOS
Concederase unha axuda por cada fillo/a nado/a no período comprendido entre o 01-12-2023 a 31-10-2024. Serán beneficiarias/os destas axudas as nais ou pais que teñan, tutelen ou adopten unha/un filla/o e cumpran os seguintes requisitos:
- As nais/pais solicitantes deberán estar empadroados no concello de Meaño no intre da solicitude, e polo menos un deles cunha antelación mínima dun ano á data do parto, tutela ou adopción . Así mesmo, poderá presentar a solicitude durante o período de xestación, dispoñendo de 10 naturais dende a data de remate de prazo de presentación de solicitudes para presentar a documentación pendente. Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ó primeiro día hábil seguinte.
No suposto de presentar a solicitude durante o período de xestación e con carácter previo ó nacemento, deberá presentarse un certificado/informe médico acreditativo do estado de xestación donde conste a data probable de parto
- As/os nenas/os nadas/os, tuteladas/os ou adoptadas/os, causantes destas axudas deberán estar inscritos no padrón municipal de habitantes do Concello de Meaño ou cursada a alta e convivir coa/o solicitante, na data de solicitude.
- A nai e pai deberán comprometerse a seguir empadroados no concello de Meaño, tanto eles como os fillos causantes das axudas, por un período de 2 anos a contar desde o día seguinte ao nacemento, tutela ou adopción. O empadroamento suporá a residencia efectiva, polo que tanto as/os beneficiarias/os como as/os fillas/os, deberán vivir habitualmente en calquera das parroquias do Concello de Meaño. Esta circunstancia poderá ser comprobada en calquera momento polo concello.
- Que a renda per cápita da unidade familiar, sumada a base impoñible xeral e a base impoñible do aforro, da declaración do IRPF do ano 2023 non supere os 13.500€
No caso de non presentar declaración de IRPF teranse en conta os ingresos netos de todos os membros computables da unidade familiar, debendo achegar un certificado negativo de renda no que figuren as imputacións de rendas que lle constan a axencia tributaria.
CÁLCULO DA RENDA FAMILIAR: calcularase sumando as rendas de todos os membros computables da unidade familiar. Serán membros computables da unidade familiar, a efectos do calculo da renda familiar os seguintes:
— Nais/pais ou titoras/es legais, fillas/os menores de idade, fillas/os maiores de idade con discapacidade e fillas/os solteiras/os menores de 25 anos que convivan no domicilio familiar.
— No caso de divorcio ou separación legal non se considerará membro computable aquel proxenitor que non conviva coa/o filla/o, agás nos casos de custodia compartida. Será membro computable, en caso de que o haxa, o novo cónxuxe ou parella do nai/pai solicitante da axuda.
— Computarán por dous os membros da unidade familiar (pai, nai, filla/fillo) cunha discapacidade igual ou superior ao 33%, ou que acrediten unha pensión de incapacidade permanente nos graos total, absoluta ou grande invalidez.
- Estar ao corrente por todos os conceptos nas obrigas tributarias co Concello de Meaño.
- Atoparse ao corrente no cumprimento das obrigas tributarias coa facenda estatal, autonómica e coa Seguridade Social.
- Non ter pendente de xustificación ningunha axuda concedida polo concello de Meaño no exercicio anterior, ou ter desistido de forma motivada e por escrito.
- Someterse ás actividades de control realizadas por parte do Concello para comprobar a veracidade dos actos consignados na documentación presentada, así como do cumprimento dos requisitos para a percepción da axuda e colaborar co Concello en ditas actuacións.
- Comunicar ó Concello calquera modificación nas circunstancias esixidas para a concesión desta axuda.
- Non estar incursos en ningunha das circunstancias que recolle o artigo 10 da Lei 9/07, de 13 de xuño, de Subvencións de Galicia.
BASE 3ª. TIPO DE AXUDA E CONTÍA
A axuda consistirá nun pagamento único por nacemento ou adopción de filla/o no período de que vai do 1 de decembro de 2023 ó 31 de outubro de 2024.
O importe das axudas ás que se poderá acceder consistirán nunha cantidade fixa segundo a seguinte clasificación:
- a) Por nacemento da primeira filla/o 150 €
- b) Por nacemento da segunda filla/o 200 €
- c) Por nacemento da terceiro/a fillo/a e seguintes 250 €
No caso de partos, tutelas ou adopcións múltiples ás cantidades anteriores incrementaranse en 50 euros por neno/a obxecto da axuda
No caso de nacementos ou adopcións de fillos con algunha discapacidade recoñecida nun grao igual ou superior ó 33% ou recoñecemento da situación de dependencia a cantidade incrementarse en 75 € por neno/a .
No suposto de fillas/os de anteriores parellas, estes terase en conta para determinar o nº de orde, do fillo/a, unicamente no caso de que ditas fillas/os estean empadroados e convivan con eles.
BASE 4ª. DISPOÑIBILIDADE ORZAMENTARIA
As axudas previstas nesta convocatoria financiaranse con cargo á aplicación orzamentaria 231.48002 do orzamento municipal para o ano 2024, ata un máximo de 5.000,00 euros.
BASE 5ª. CRITERIOS DE AVALIACIÓN.
De resultar suficiente o crédito previsto no Base 4ª concederanse axudas a todas as persoas solicitantes que cumpran os requisitos, segundo a contía establecida na Base 3ª.
De non resultar suficiente o crédito consignado para estas axudas concederanse, por orde crecente da renda per cápita da unidade familiar ata esgotar o crédito orzamentario.
En caso de coincidencia do importe de rendas e o esgotamento do crédito orzamentario destinado para esta finalidade terase en conta a orde de presentación de solicitudes.
De quedar crédito dispoñible na aplicación orzamentaria, procederase a efectuar unha segunda ronda de valoración na que se ampliará a contía en 50 euros por menor. Para tal efecto terase en conta a renda per cápita da unidade familiar por orde crecente (de menor a maior contía), determinando o límite de concesión de axudas a existencia de crédito dispoñible.
BASE 6ª. FORMA E PRAZO DE SOLICITUDES DE AXUDA
6.1 FORMA
As solicitudes das axudas reguladas na presente convocatoria, cubertas no modelo normalizado habilitado para tal fin (ANEXO I) presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Meaño , ou por calquera dos medios previstos no artigo 16 la Lei 39/2015, de 1 de outubro de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. As solicitudes deberán ir acompañadas, da seguinte documentación (en orixinal ou copia compulsada):
- Certificado de empadroamento e convivencia da unidade familiar, expedido polo Concello, onde figure a data de alta no padrón de habitantes, (aportado de oficio polo concello).
- Fotocopia do DNI, NIE ou pasaporte da/o solicitante e parella ou cónxuxe.
- Fotocopia do Libro de Familia ou certificado literal de nacemento no Rexistro Civil de cada filla/o incluído o causante.
- Nos supostos de adopción ou tutela copia do auto xudicial de adopción ou da resolución xudicial de constitución da tutela.
5.-No suposto de presentar a solicitude con carácter previo ó nacemento, certificado médico acreditativo do estado de xestación onde conste a data probable de parto.
- Acreditación de estar ó corrente no cumprimento das obrigas tributarias coa facenda estatal e autonómica e coa Seguridade Social (ANEXO III).
- Compromiso de seguir empadroados no concello de Meaño por un período mínimo de dous anos, a contar dende o día seguinte ao nacemento do fillo/a obxecto da axudas..(ANEXO II)
- Compromiso de proceder á devolución da axuda no caso de deixar de cumprir algún dos requisitos necesarios para ser beneficiario da mesma, ou ben cando sexa probado por parte do concello que non se cumpre algún dos mencionados requisitos. (ANEXO II)
- Certificación do número de conta da persoa titular á data da solicitude (N.º de conta co IBAN e titularidade).
- Fotocopia da Declaración da Renda 2023 ou certificado negativo da Administración de Facenda de non estar obrigada/o a presentala, de cada membro da unidade familiar computable aos efectos desta axuda. Ou autorización a comprobar os datos.
- Calquera outra que se estime conveniente para a instrución do procedemento. No caso de non ter libro de familia ou se a situación familiar non coincide coa reflectida no mesmo, terá que presentarse documento ou documentos acreditativos do número de membros da unidade familiar, tales como: Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou o convenio regulador onde conste a custodia do causante. A documentación que se achegue deberá ter validez no momento da presentación da solicitude.
6.2 PRAZO.
O prazo para a presentación de solicitude iniciarase ó día seguinte ó da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra rematando o 4 de novembro de 2024. Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ó primeiro día hábil seguinte.
A presentación da solicitude implicará que se autoriza ao Concello para o tratamento automatizado de todos os documentos contidos nela.
As solicitudes presentadas fóra do prazo anteriormente establecido non serán admitidas nesta convocatoria.
BASE 7ª. EMENDA DE SOLICITUDES.
De acordo co establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, de 1 de outubro de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, para aquelas solicitudes que non estean correctamente cubertas ou non acheguen os documentos establecidos nas presentes bases preceptivos, o Concello requirirá a persoa interesada para que, nun prazo de dez días hábiles, emende as faltas ou remita os documentos preceptivos. De non facelo, considerarase desistida a súa petición e arquivarase o expediente nos termos previstos na citada lei.
BASE 8ª. INSTRUCIÓN E RESOLUCIÓN.
8.1 INSTRUCIÓN.
Recibidas as solicitudes procederase a súa tramitación. O procedemento será instruído pola educadora familiar ou, na súa ausencia, o/a empregado/a público/a que a Alcaldía propuxera, que realizarán de oficio cantas actuacións estime necesarias para o coñecemento e comprobación dos datos así coma os requirimentos de subsanación de deficiencias da documentación.
Comprobado que os solicitantes cumpren os requisitos esixidos nestas procederase á súa avaliación, segundo os criterios regulados na base 5 e formulación de proposta provisional de concesión.
Avaliadas as solicitudes, os expedientes serán elevados a Comisión Informativa de Asuntos Sociais e Igualdade, que formulará proposta de resolución, que conterá todos/as os/as solicitantes que participan na convocatoria e no sentido que proceda (concedida, denegada e importe):
1- Concedidas: reseñarase o importe da axuda individual de cada beneficiario/a; tendo en conta que o importe total das mesmas non pode superar o crédito consignado.
2- Denegadas: farase constar algúns dos seguinte motivos:
a)- A solicitude foi presentada fora de prazo.
b)- Non achegan a documentación requirida.
c)- Non estar empadroados/as no Concello de Meaño.
d)- Supera ingresos sinalados na presentes bases.
e)- Esgotamento do crédito orzamentario
f)- Outros, especificar.
A Xunta de Goberno Local, coa proposta da Comisión Informativa de Asuntos Sociais e Igualdade, acordará a concesión definitiva das axudas con cargo á aplicación orzamentaria sinalada na Base 4.
O acordo de concesión non terá obrigatoriamente que distribuír a totalidade do crédito.
8.2 RESOLUCIÓN. O prazo máximo para resolver e notificar o procedemento será o 02 de decembro do ano 2024.
As persoas interesadas poderán entender desestimadas as solicitudes, por silencio administrativo, se transcorrido dito prazo non se dita resolución expresa.
BASE 9ª. NOTIFICACIÓN, RECURSOS E PUBLICIDADE DA RESOLUCIÓN.
9.1 NOTIFICACIÓN. A notificación da resolución realizarase de acordo co previsto nos artigos 40 e seguintes da Lei 39/2015, de 1 de outubro de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
9.2 RECURSOS. Contra o acordo de resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que ditou o acto no prazo dun mes dende o día seguinte ó da súa notificación de acordo co establecido no artigo 124.1 da Lei 39/2015, de 1 de outubro de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado Contencioso Administrativo de Pontevedra do prazo de dous meses contados dende o día seguinte ó da súa notificación, conforme ós artigos 8.1 y 46.1 da Lei 29/98, de 3 de xuño, Contencioso-Administrativa. De interpoñerse o recurso potestativo de reposición, este resolverase e notificarase no prazo dun mes segundo establece o artigo 124.2 da citada Lei 39/2015, de 1 de outubro de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, entendéndose desestimado o recurso de reposición polo transcurso do mencionado prazo sen resolución expresa notificada, podendo entón os interesados interpoñer recurso contencioso-administrativo dentro do prazo de seis meses contados dende o día seguinte a aquel en que se deba entender presuntamente desestimado o recurso de reposición interposto, de acordo co artigo 46.1 y 4 de la 29/98.
9.3 PUBLICACIÓN DAS AXUDAS.
A relación definitiva das persoas beneficiarias das axudas publicarase no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/20215, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
Así mesmo será obxecto de publicidade a través da páxina web do Concello de Meaño e comunicadas a Base Nacional de Subvencións consonte ao disposto no artigo 20 da Lei 38/2003 xeral de subvencións.
BASE 10ª. OBRIGAS DAS PERSOAS BENEFICIARIAS.
Os beneficiarios destas axudas quedan obrigados a:
- Permanecer empadroados no Concello de Meaño por un período de dous anos posteriores ao día seguinte do nacemento do fillo/a obxecto da axuda. O empadroamento suporá a residencia efectiva, polo que tanto as persoas beneficiarias como as súas fillas e fillos, deberán vivir habitualmente no Concello de Meaño. Esta circunstancia poderá ser comprobada en calquera momento polo persoal correspondente do concello solicitando os informes que procedan.
- Cumprir con calquera outra obriga disposta no artigo 14 da Lei 38/2003 do 17 de novembro, xeral de subvencións.
- Seguir as directrices que marcan as bases da convocatoria e destinar o importe da axuda na súa integridade á finalidade para a que foi outorgada a axuda.
- Someterse ás actuacións de comprobación e control financeiro que poidan realizar os órganos de control competentes, achegando canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.
- Proceder ao reintegro dos fondos percibidos, segundo se establece no artigo 38 da Lei 9/2007, de 13 de xuño, de Subvencións de Galicia. O Concello de Meaño poderá en calquera momento solicitar maior información ou verificar calquera aspecto relacionado coa solicitude ou concesión da subvención.
O incumprimento dalgunha destas obrigas poderase resolver coa suspensión do pagamento da subvención ou co seu reintegro.
BASE 11ª. PAGAMENTO
O pagamento farase efectivo mediante transferencia bancaria no número de conta bancaria indicado polo/a solicitante, e farase efectivo no prazo de quince días hábiles dende a data da resolución na que se outorgue a subvención.
BASE 12ª. REINTEGRO
Procederá o reintegro, total ou parcial, da axuda percibida, xunto cos xuros de demora:
- Nos supostos indicados no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
- No caso de incumprimento das obrigas sinaladas nas presentes Bases ( Base 10ª) ou das condicións que orixinaron o dereito, coma o cambio de residencia a outro domicilio fora do termo municipal de Meaño.
- O interese de demora esixirase desde o momento do pago da subvención ata a data en que se acorde o reintegro da mesma. O interese de demora aplicable será o interese legal do diñeiro, vixente no momento do pago da subvención, incrementado nun 25 por cento, salvo que a Lei de Orzamentos do Estado de cada ano estableza outro diferente.
BASE 13ª. COMPATIBILIDADE CON OUTRAS AXUDAS.
A axuda económica regulada nas presentes bases será compatible con calquera outra establecida tanto polas administracións públicas ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades, así como por calquera entidade privada.
BASE 14ª. PUBLICIDADE DA CONVOCATORIA.
Estas bases reguladoras publicaranse no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPP) e remitirase a convocatoria á Base Nacional de Subvencións (BDNS), de conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8) da LXS, que será quen lle dea traslado ao BOPP do extracto desta convocatoria, sen prexuízo da súa inserción na páxina web e no taboleiro de anuncios do Concello.
BASE 15ª. PROTECCIÓN DE DATOS.
Os datos de carácter persoal obtidos neste procedemento serán obxecto de tratamento polo Concello de Meaño, en calidade de órgano responsable, coa finalidade de xestionar este procedemento, verificar os datos e documentos que a persoa interesada declare na súa solicitude para comprobar a súa exactitude e levar a cabo todas as actuacións administrativas que, no seu caso, se deriven.
BASE 16ª. NATUREZA E RÉXIME XURÍDICO.
As axudas concedidas ao abeiro desta convocatoria teñen a natureza xurídica de subvencións, de acordo cos criterios establecidos na Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións.
O seu réxime xurídico axústase ao disposto nestas bases, na Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións e no seu Regulamento (Real Decreto 887/2006, do 21 de xullo); na lei 9/2007 de Subvencións de Galicia ; na Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local; na Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, nas Bases de execución do Orzamento e demais normativa aplicable.
DISPOSICIÓN FINAL.
En todo o non previsto nestas bases, aplicarase o disposto nas Bases de execución do orzamento xeral 2024 do Concello de Meaño, e nas normas legais e regulamentarias de aplicación, Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións e no RD 887/2006 do 21 de xullo polo que se aproba o regulamento da Lei xeral de subvencións, Lei 9/2007 de subvencións de Galicia e demais normativa de réxime local aplicable.”
ANEXO I AXUDAS POR NACEMENTO DE FILLA/O 2024
Nome e apelidos do ou da solicitante: | DNI.
|
Nome e apelidos do cónxuxe ou parella:
|
DNI: |
Enderezo a efectos de notificación:
|
Concello:
|
C.P:
|
|
Correo electrónico:
|
Teléfono/s: |
Datos do fillo/a nado /a polo/a cal solicita a axuda:
Nome e apelidos: Nº orden do fillo/a: |
Data de nacemento ou adopción do fillo/a:
|
Solicitude previa ó nacemento:
Nome e apelidos:
|
Data probable de Parto:
Nº de orde do/a Neno/a: |
DATOS BANCARIOS: Titular da conta:
N.º Conta ( IBAN):
|
Autorizo a consultar todos aqueles documentos que obran en poder das distintas administracións, para completar ou comprobar a documentación necesaria, para dita solicitude.
De conformidade co Regulamento (UE) 2016/679, de 27 de abril de 2016, o Regulamento Xeral de Protección de Datos (RGPD), infórmaselles que os datos facilitados co motivo da solicitude e concesión da axuda por nacemento de fillo/a serán tratados unicamente con dita finalidade. Poderá exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, supresión e oposición, limitación do tratamento e portabilidade dos datos dirixíndose por escrito acreditando a súa identidade ó CONCELLO DE MEAÑO no seguinte enderezo Rúa Campo da Feira, n.º 1, C.P. 36968, Meaño, Pontevedra ou ben ó seguinte correo electrónico: concellodemeano@concellodemeano.com |
Meaño, ……….de ………………………de 20____
Sinatura da persoa solicitante
AO SR. ALCALDE- PRESIDENTE DO ILMO. CONCELLO DE MEAÑO
Documentación a presentar coa solicitude:
As solicitudes das axudas reguladas na presente convocatoria, cubertas no modelo normalizado habilitado para tal fin (ANEXO I) presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Meaño, ou por calquera dos procedementos previstos no artigo 16 la Lei 39/2015, de 1 de outubro de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. As solicitudes deberán ir acompañadas, da seguinte documentación (en orixinal ou copia compulsada):
- Certificado de empadroamento e convivencia da unidade familiar, expedido polo Concello, onde figure a data de alta no padrón de habitantes, (aportado de oficio polo concello).
- Fotocopia do DNI, NIE ou pasaporte da/o solicitante e parella ou cónxuxe.
- Fotocopia do Libro de Familia ou certificado literal de nacemento no Rexistro Civil de cada filla/o incluído o causante.
- Nos supostos de adopción ou tutela copia do auto xudicial de adopción ou da resolución xudicial de constitución da tutela.
5.-No suposto de presentar a solicitude con carácter previo ó nacemento, certificado médico acreditativo do estado de xestación donde conste a data probable de parto.
- Acreditación de estar ó corrente no cumprimento das obrigas tributarias coa facenda estatal e coa autonómica e coa Seguridade Social (ANEXO III).
- Compromiso de seguir empadroados no concello de Meaño por un período mínimo de dous anos.(ANEXO II)
- Compromiso de proceder á devolución da axuda no caso de deixar de cumprir algún dos requisitos necesarios para ser beneficiario da mesma, ou ben cando sexa probado por parte do concello que non se cumpre algún dos mencionados requisitos. (ANEXO II)
- Certificación dos datos bancarios onde se pretenda recibir o importe da axuda (N.º de conta).
- Fotocopia da Declaración da Renda 2023 de todos os membros computables da unidade familiar; no caso de non ter obriga de facer a declaración ada renda, deberan achegar un certificado negativo de renda no que figuren as imputación de rendas que lle constan a axencia tributaria, de cada membro da unidade familiar computable aos efectos desta axuda. Ou autorización a comprobar os datos.
- Calquera outra que se estime conveniente a instrución do procedemento. No caso de non ter libro de familia ou se a situación familiar, non coincide coa reflectida no libro, terá que presentarse documento ou documentos acreditativos do número de membros da unidade familiar, tales como: Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou o convenio regulador onde conste a custodia do causante. A documentación que se achegue deberá ter validez no momento da presentación da solicitude
ANEXO II
COMPROMISO DE EMPADROAMENTO E DEVOLUCIÓN DA AXUDA POR INCUMPRIMENTO DALGÚN REQUISITOS
D/Dna_______________________________________________ con DNI________________
e
D/Dna_______________________________________________ con DNI________________
Enderezo en______________________________________________________________
COMPROMETÉMONOS:
– A seguir empadroado e con residencia efectiva, tanto eu como o/a meu/miña fillo/a causante desta axuda e a miña parella ou o meu cónxuxe no Concello de Meaño un período mínimo de dous anos contados dende o día seguinte do nacemento do fillo/a
– Á devolución desta axuda en caso de incumprirse algún dos requisitos esixidos para a súa concesión.
Meaño, ……… de ………………….de 20___
Sinatura: …………………………….
ANEXO III
DECLARACIÓNS DE NON ATOPARSE EN SITUACIÓN DE INHABILITACIÓN OU PROHIBICIÓN PARA A PERCEPCIÓN DE AXUDAS PÚBLICAS
D/Dna_______________________________________________ con DNI________________
eD/Dna_______________________________________________ con DNI________________
Enderezo en______________________________________________________________
DECLARA/N:
- Que estou ó corrente das obrigas tributarias coa facenda estatal e autonómica e coa Seguridade Social.
- Que estou ó corrente nas obrigas tributarias co Concello de Meaño
- -Que non estou incurso/a en ningunha clase de inhabilitación ou prohibición para a obtención de axudas conforme o artigo 13 da Lei 38/2003 xeral de subvencións e que coñezo e acepto as bases da convocatoria.
Meaño, …….. de ……………………. de 20_______
Sinatura:……………………………………
En Meaño, o alcalde Carlos Vieitez Fernández
Documento asinado e datado dixitalmente ao marxe
- Anuncio BOP nº 194, de data 4 de outubro de 2024.
- Anuncio BOP nº 202, de data 16 de outubro, extracto BDNS.
- Anexo I.
- Anexo II.
- Anexo III.