Axudas inversións 2024

Data de publicación :
4 Outubro, 2024

SUBVENCIÓNS E AXUDAS 

BASES REGULADORAS PARA A CONCESION DE SUBVENCIONS DESTINADAS A INVERSIONS REALIZADAS POR ENTIDADES INSCRITAS NO REXISTRO DE ASOCIACIONS DO CONCELLO DE MEAÑO, NO EXERCICIO 2024. 

A Xunta de Goberno Local, en sesión extraordinaria e urxente de data 30 de setembro de 2024, acordou aprobar as bases reguladoras para subvencións, mediante concorrencia competitiva, destinadas a inversións realizadas por entidades inscritas no Rexistro de Asociacións do Concello de Meaño no exercicio 2024; mediante o presente anuncio procédese a súa convocatoria, tendo en conta que o prazo de presentación de solicitudes será de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra:

BASES REGULADORAS E CONVOCATORIA PARA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS DESTINADAS A INVERSIÓNS REALIZADAS POR ENTIDADES INSCRITAS NO REXISTRO DE ASOCIACIÓNS DO CONCELLO DE MEAÑO, EN RÉXIME DE CONCORRENCIA COMPETITIVA, NO EXERCICIO 2024.

Segundo establece o artigo 232 do Real Decreto 2568/1986, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, na medida no que o permitan os recursos orzamentarios, o Concello poderá subvencionar economicamente ás asociacións para a defensa dos intereses xerais ou sectoriais dos veciños, tanto polo que se refire aos seus gastos xerais como ás actividades que realicen.

A este respecto, tendo en conta o sinalado neste artigo e ao abeiro da Lei 38/2003 do 17 de novembro, Xeral de Subvencións, da Lei 9/2007, do 13 de xuño de Subvencións de Galicia, regulamentos de desenvolvemento, Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, da Lei 7/1985, do 2 de abril Reguladora das Bases do Réxime Local, o Concello de Meaño, no marco do Plan Estratéxico de Subvencións se atopan recollidas as inversións en materia de cultura polo importe de 2,000,00 €, en materia de deportes polo importe de 3,000,00 €, e en materia de benestar comunitario camiños veciñais polo importe de 4,000,00 €, benestar comunitario recursos hidráulicos polo importe de 2.000,00 €. No orzamento 2024 se substitúe a liña de Benestar comunitario recursos hidráulico  pola liña benestar comunitario cemiterios polo importe de 4,000,00 €, por ser esta liña de maior interese para os veciños do concello.

Procede a regular o procedemento para a concesión de axudas a entidades inscritas no rexistro de asociación do Concello de Meaño que cumpran coas condicións establecidas nestas bases.

 

PRIMEIRA.- OBXECTO.

É obxecto das presentes bases regular a convocatoria pública por parte do Concello de Meaño para a tramitación e concesión de subvencións, mediante o procedemento ordinario en réxime de concorrencia competitiva, destinadas á apoiar as inversións,no exercizo 2024, das entidades inscritas no rexistro de asociación do Concello de Meaño nos seguintes ámbitos:

 

  1. A) Inversións en instalacións deportivas e en equipamento/material inventariable para instalacións deportivas: Comprende o financiamento de gastos de:

– investimento destinados á mellora de instalacións deportivas propias.

– investimento en equipamento/ material  inventariable para instalacións deportivas tales como máquinas deportivas, material de ximnasio, mobiliario deportivo, etc.

Considerase que o equipamento é inventariable si  a súa vida útil media é superior a un ano.

  1. B) Camiños veciñais: dirixido ao financiamento de gastos de investimento relacionados coa mellora de camiños veciñais de acceso en núcleos ou a fincas rústicas cando beneficien a capacidade productiva da zona.
  1. C) Inversións en Equipamentos culturais: investimentos en equipamento/ material inventariable para a actividade das asociacións tales como: mobiliario de oficina, ordenadores, equipos audio visuais, etc.

Considerase que o equipamento/material é inventariable si  a súa vida útil media é superior a un ano

  1. D) Bienestar comunitario: comprende todos los gastos relativos a actuacions e servizos cuxa finalidade sexa a mellora da calidade de vida en xeral e na presete convocatoria dirixido, especialmente ao financiamento de gastos de investimento nos cemiterios veciñais ou parroquiais.

Poderán ser obxecto da subvención:

– Investimentos (obras e adquisicións de bens duradeiros) que estén relacionados coas competencias establecidas nos artigos 25 e 26 da Lei 7/85 de 2 de abril, de Réxime Local e cos fins propios das Asociacións. Os investimentos subvencionados manteranse como mínimo 5 anos. 

As entidades inscritas no rexistro de asociacións do Concello de Meaño poderán solicitar axuda para un único proxecto de inversión.

SEGUNDA.- FINANCIAMENTO.

A concesión destas axudas estará suxeita á dispoñibilidade orzamentaria convocándose, con cargo ao orzamento do Concello para o ano 2024, e segundo se regula nas Bases de execución, as subvencións que de seguido se detallan:

Apartado: APLICACIÓN ORZAMENTO
a.- Inversións en instalacións deportivas e en equipamento/material inventariable para instalacións deportivas 342-78000 3.000,00 €
b.- Camiños veciñais 454-780.00 4.000,00 €
c.- Equipamentos culturais 333-780.00 2.000,00 €
d.Bienestar comunitario 164-78000 4.000,00 €

TERCEIRA.- BENEFICIARIOS E REQUISITOS.

Poderán solicitar estas axudas as asociacións e entidades que reúnan os seguintes requisitos:

1.- Carecer de fins de lucro.

2.- Ter o seu domicilio social no termo municipal de Meaño e figurar inscritas como tal no Rexistro Municipal de Asociacións

3.- Desenvolver as súas actuacións no ámbito territorial do municipio e/ou que afecten a colectivos deste Concello ou versen sobre temas de interese do Concello.

4.- Non incorrer en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para a percepción de axudas ou subvencións públicas nin nalgunha das prohibicións para percibir subvencións recollidas na Lei.

5.- Estar ao corrente coas obrigas tributarias da Axencia Estatal Tributaria, Facenda galega, coa Seguridade Social e co Concello de Meaño.

6.- Contar con seguro de responsabilidade civil.

CUARTA.- SOLICITUDES E DOCUMENTACIÓN.

As solicitudes formalizaranse por medios electrónicos, segundo o previsto no artigo 14 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, nos modelos normalizados que estarán a súa disposición na páxina web do Concello de www.concellodemeano.com e que deberán presentarse a través da Sede Electrónica do Concello de Meaño.

Xunto coa mesma, deberá  achegarase a seguinte documentación: 

  1. A) Documentación xeral :
  2. a) Memoria explicativa da inversión concreta que se pretende realizar, con especificación do lugar, data prevista de realización, obxectivos e número de beneficiarios, asinada electrónicamente polo Presidente/a (ANEXO I).
  3. b) Orzamento da inversion, concreto e determinado, asinado electrónicamente (ANEXO I).

Na xustificación da subvención concedida, as entidades terán que acreditar a solicitude de, cando menos, tres ofertas de distintos provedores no caso de que o gasto sexa superior a 30.000,00 €.

  1. c) Certificación do/a Secretario/a da Asociación co visto bo do Presidente/a da composición da Xunta Directiva e data da súa elección (Anexo III), asinada electronicamente.
  2. d) Declaración responsable, asinada electronicamente, na que conste se a asociación ou entidade obtivo ou solicitou calquera outra axuda, subvención, ingresos ou recursos que financien a actividade e compromiso de comunicar ao Concello as que se obteñan nun futuro (Anexo II).
  3. e) Declaración responsable, asinada electronicamente, de estar ao corrente das obrigas tributarias coa (Axencia Estatal Tributaria, Facenda galega, coa Seguridade Social e co Concello de Meaño. (Anexo II).
  4. f) Declaración responsable de non estar incurso en causa de prohibición para a percepción de axudas ou subvencións públicas e de aceptación das bases da convocatoria, asumindo o compromiso de dar cumprimento ás condicións da subvención. (Anexo II).
  5. g) Declaración responsable, asinada electronicamente ,de que a asociación, entidade carece de fins de lucro. (Anexo II).
  6. h) Declaración responsable, asinada electronicamente, de que a asociación conta con seguro de responsabilidade civil. (Anexo II).

Se a solicitude remitida, acompañada da documentación, non reunise os requisitos da convocatoria ou calquera dos previstos no artigo 66 da Lei 39/2015,do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, requirirase ao interesado para que, nun prazo de 10 días hábiles, emende as faltas ou presente os documentos preceptivos, indicando que, en caso de non facelo, terase por desistido, arquivándose sen máis trámites.

QUINTA.- PRAZO E LUGAR DE PRESENTACIÓN.

1.- Prazo. Estas bases reguladoras publicaranse no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPP) e remitirase a convocatoria á Base Nacional de Subvencións (BDNS), que será quen lle dea traslado ao BOPP do extracto desta, sen prexuízo da súa inserción na páxina web e no taboleiro de anuncios do Concello.

O prazo para a presentación de solicitudes será de DEZ DIAS HÁBILES (10 dias hábiles), contados a partir do día seguinte ao publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.

A presentación da solicitude implicará que se autoriza ao Concello para o tratamento automatizado de todos os documentos contidos nela.

As solicitudes presentadas fóra do prazo anteriormente establecido non serán admitidas nesta convocatoria.

2.- Presentación de solicitudes. As solicitudes presentaranse, xunto coa documentación que se sinala na  Base cuarta, electronicamente na sede electrónica do Concello de Meaño, co enderezo concellodemeano.sedelectrónica.gal, a través dos modelos normalizados que estarán a súa disposición na páxina web do Concello de www.concellodemeano.com.

SEXTA.- COMPATIBILIDADE DAS SUBVENCIÓNS. CONTÍA MÁXIMA. PRELACIÓN NA CONCESIÓN NO SUPOSTO DE PRESENTARSE MÁIS DUNHA SOLICITUDE DE ACTIVIDADE

As subvencións a que se refire esta convocatoria son compatibles coa percepción doutras subvencións, axudas ou ingresos para a mesma finalidade, procedentes de calquera das administracións e entes públicos ou privados ou persoas físicas, pero en ningún caso o conxunto das axudas e achegas recibidas poderá superar o 100% do custo do proxecto de inversion subvencionado.

A contía da subvención por cada proxecto poderá acadar ata o 100% do custo da inversión para a que se concede.

SÉTIMA.- CRITERIOS DE CONCESION:

1º.- As solicitudes presentadas, que cumpran os requisitos establecidos nas presentes bases, valoraranse con arranxo aos seguintes:

Criterios de valoración Puntuación máxima Ponderación %
Antigüidade no rexistro de asociacións do Concello ·          < 1 ano : 2 puntos

·          mais de1 ano e < 2 anos: 5 puntos

·          mais de 2 anos e < 5 anos: 10 puntos

·          mais de 5 anos e < 10 anos: 15 puntos

  • mais de 10 anos: 20 puntos
20 %
Nº  socios ·          Mais de 1 socio e < 10 socios: 5 puntos

·          Mais de 10  e < de 20 socios: 10 puntos

·          Mais de 20  e < 50 socios: 15 puntos.

·          Mais de 50  e < 100 socios: 20 puntos.

  • Mais de 100  socios: 25 puntos
 

25 %

Por realizar obras que melloren a accesibilidade de infraestruturas ; que supoñan unha mellora na eficiencia enerxética; unha reducción de consumos de enerxía ou  a implantación de sistemas de enerxía non contaminantes .

DEBERÁ REFLEXARSE  E XUSTIFICARSE AXEITADAMENTE  NA MEMORIA

 

25 puntos

 

25%

 

Importe da inversión a realizar

·          Entre 1,00 € e 1.000,00 €:5 puntos.

·          Entre 1.000,01 € e 5.000,00 €: 10 puntos

·          Entre 5.000,01 € e 10.000,00 €:15 puntos

·          Entre 10.000,01 e 30.000,00 €: 20 puntos

  • Mais de 30.000,00 €:25 puntos
 

25%

Por non ser  beneficiario de  axudas  do Concello de Meaño ao a abeiro da liña de inversións do programa de subvencións nos  exercizos  2022 e 2023  e que conten cunha antigüidade mínima de 4 anos no rexistro de asociacións do Concello.

 

 

5 puntos

 

5%

2º.- O importe máximo que se poderá conceder a cada club/asociación/entidade por cada solicitude de axuda será  o 100% do orzamento da actividade a subvencionar.

3º.- Sistema de reparto:

Para o reparto das axudas atenderase á puntuación obtida por cada solicitude debidamente presentada para cada apartado.

Unha vez determinada a puntuación obtida por cada solicitude de axuda,  a contía total do   apartado será repartida proporcionalmente entre as solicitudes admitidas no mesmo apartado ponderando a puntuación obtida por cada unha das mesmas mediante a seguinte fórmula:

 axuda = (_puntuac.  da solicitude  a valorar) x  (contía máx. Apartado  )        _____    < orzam da act.

        suma dos puntos obtidos por todas as solicitudes admitidas  para o apartado.

 Con independencia do resultado da anterior fórmula, o importe máximo que se poderá conceder a cada club/asociación será o 100% do orzamento da actividade a subvencionar  por cada solicitante e solicitude de axuda.

 OITAVA.- TRÁMITES ADMINISTRATIVOS POSTERIORES Á PRESENTACIÓN DE SOLICITUDE E EMENDA DESTAS. NOTIFICACIÓNS.

            Todos os trámites administrativos que as entidades interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento serán realizados electronicamente, a través da sede electrónica do Concello de Meaño en  concellodemeano.sedelectrónica.gal.

A instrución do procedemento de concesión de subvencións corresponderalle a un/unha empregado/a municipal, quen realizará de oficio cantas actuacións estime necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos datos en virtude dos que se formule a proposta de concesión.

Se a solicitude non reúne os datos esixidos na convocatoria ou calquera dos previstos no artigo 66 da LPACAP requiriráselle á persoa interesada, de conformidade co establecido no artigo 68 desta, para que nun prazo de 10 días hábiles emende as faltas ou presente os documentos preceptivos.

No caso de non emendar no citado prazo, darase un novo e improrrogable prazo de 5 días hábiles. De non emendar os defectos nos citados prazos terase por desistida a  solicitude, que se arquivará sen máis trámite.

 Comprobado que os solicitantes cumpren os requisitos esixidos nestas bases e que se achega a documentación requirida darase traslado dos expedientes de solicitude á Comisión de Valoración, como órgano instructor,  que estará integrada polo  Alcalde ou concelleiro/a en quen delegue, concelleira da área respectiva e unha funcionaria municipal, que actuará como secretaria.

Avaliadas as solicitudes, segundo os criterios regulados nas presentes bases os expedientes serán elevados a Comisión Especial de Contas, órgano avaliador,  que formulará informe no que se concrete o resultado da avaliación xunto coa proposta de acordo, que conterá todos/as os/as solicitantes que participan na convocatoria, de:

  • Concesión de axuda: facendo constar o apartado para o que se solicita a axuda, o orzamento, a axuda solicitada e o importe proposto de axuda a conceder.
  • Denegación: facendo constar os motivos da mesma.

Corresponde á Xunta de Goberno Local resolver a concesión/ denegación das axudas.

Unha vez transcorridos seis meses a partir do día seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación da solicitude sen notificarse a resolución, os interesados estarán lexitimados para entender como desestimada por silencio administrativo a solicitude de subvención.

A concesión destas subvencións é compatible con outras que se reciban para o mesmo fin, tendo en conta que o conxunto de todas elas en ningún caso poderá superar o 100% do orzamento que presente a asociación ou entidade.

As notificacións de resolucións practicaranse por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común e a través da dirección electrónica habilitada.

 As notificacións entenderanse practicadas no momento no que se produza o acceso ao seu contido, entendéndose rexeitada cando transcorresen dez días naturais dende a posta a disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

O sistema remitiralle ás persoas interesadas avisos da posta a disposición das notificacións á conta de correo electrónico indicada na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

NOVENA.- OBRIGAS DOS BENEFICIARIOS.

Aparte das que figuran na cláusula terceira, os beneficiarios de subvencións concedidas con cargo ao Orzamento municipal teñen as seguintes obrigas:

a.- Xustificar o cumprimento dos requisitos e condicións, así como a realización da inversion e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión de subvención.

b.- Conservar os documentos xustificativos da aplicación dada aos fondos recibidos, en tanto poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.

c.- Dar adecuada publicidade da axuda concedida para a actividade, actuación ou investimento obxecto de subvención (cartelería, publicidade, recortes de prensa, valados, pancartas, redes sociais, etc).

d.- Os gastos que figuren na conta xustificativa serán pagados polos beneficiarios con anterioridade a presentación da xustificación da subvención.

e.- Os beneficiarios das subvencións deberán utilizar, con carácter xeral, formas de pago a terceiros que poidan acreditarse mediante documento expedido por unha entidade financeira no que quede identificado o beneficiario, o importe e a data de pago (Transferencias bancarias talóns nominativos, etc.) e só excepcionalmente poderán utilizar o pago metálico cando non sexa posible outra forma alternativa e o importe non supere os 200,00 €, neste último caso na factura deberá constar “ Pagado” xunto coa sinatura e selo do establecemento.

f.- A declarar a axuda recibida no modelo 347, nos casos en que así proceda atendendo a normativa tributaria. 

DÉCIMA .- XUSTIFICACION E ABOAMENTO DAS SUBVENCIONS.

1.- Os investimentos subvencionados deberán realizarse e ser facturadas durante o exercicio 2024, entre o 1 de xaneiro e o 30 de novembro.

As subvencións concedidas serán pagadas unha vez sexa xustificado o gasto realizado, obxecto da subvención, cos documentos xustificativos que se regulen nas bases da correspondente convocatoria.

2.- O prazo de presentación da xustificación das axudas concedidas rematará o 2 de decembro de 2024 (sen perxuizo de que os gastos sexan os correspondentes ao período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 30 de novembro de 2024, ambos incluídos).

A 31 de decembro de 2024 anularanse automaticamente tódalas subvencións pendentes de xustificar.

3.- Para pagar a subvención terase en conta o seguinte:

* No caso de que se xustifique gasto polo 100% do orzamento subvencionado, aboarase a totalidade da subvención.

* No caso de que se xustifique gasto inferior ao 100%, aboarase a parte proporcional da subvención.

O pagamento efectuarase por transferencia á conta bancaria indicada polo perceptor.

4.- Para recibir as subvencións concedidas, de acordo con estas bases, cómpre presentar electronicamente na sede electrónica do Concello de Meaño, co enderezo concellodemeano.sedelectrónica.gal, a través dos modelos normalizados que estarán a súa disposición na páxina web do Concello de www.concellodemeano.com. os seguintes documentos, asinados ou conformados dixitalmente segundo se indica:

a.- Conta xustificativa dos gastos, asinada electronicamente,  na que se determinará o custo ou gasto total da inversion subvencionada, detallando as facturas ou documentos con valor probatorio no ámbito mercantil e administrativo (identificando: o provedor, o CIF, o importe, nº de factura, data de emisión e data de pago. (Anexo IV).

Non se aboará máis que o importe xustificado co límite da subvención concedida.

b.- Facturas ou documentos análogos con valor probatorio no ámbito mercantil e administrativo,  conformadas (de forma individual ou conxunta, de ser varias) mediante sinatura electrónica polo/a Presidente/a da asociación, con indicación do DNI. Admitíndose unicamente aquelas relativas aos gastos realizados e subvencionables que respondan de xeito indubidable á natureza da actividade subvencionada.

As facturas deberán de cumplir coa normativa de facturación.

As facturas que teñan data posterior á da finalización do prazo de xustificación non serán admitidas. 

c.- Memoria explicativa da actuación realizada, participantes ou beneficiarios e resultados obtidos, asinada electronicamente polo/a Presidente/a da actividades desenvolta ou investimento executado.

d.- Declaración responsable, asinada electronicamente, de non ter recibido outras subvencións de Administracións Públicas ou detalle do financiamento obtido para a finalidade subvencionada e declaración responsable de que os ingresos obtidos non superan o custo da mesma. (Anexo IV)

e.- Certificacións acreditativas de estar ó corrente das súas obrigas tributarias (do Estado e da Comunidade Autónoma), coa Seguridade Social e de non ter débedas, de ningún tipo, co Concello de Meaño.

f.- Acreditación da difusión dada a subvención concedida coa declaración da Asociación, entidade ou club de darlle difusión á actividade, actuación ou investimento subvencionado, facendo constar a colaboración do Concello de Meaño -( notas de prensa, material de divulgación, papelería, lonas publicitarias, páxina web e redes sociais de asociación, etc.)- A publicidade deberá estar contextualizada en relación coa axuda concedida e acreditar a realidade da difusión realizada (Anexo IV).

g.- Certificación bancaria na que conste a conta bancaria da asociación.

h.- Acreditación de ter realizado o pago, nos termos sinalados na cláusula décima.e).

i.- Acreditación de contar co seguro de responsabilidade civil e ao corrente do seu pago.

O aboamento da subvención practicarase directamente á asociación na conta bancaria indicada por esta.

DÉCIMO PRIMEIRA.- DEVOLUCIÓN E REINTEGRO.

As axudas concedidas deberán ser devoltas ou reintegradas polas entidades beneficiarias nos seguintes casos:

  1. Por obtelas falseando as condicións requeridas.
  2. Por non aplicala aos fins para os que foi concedida.
  3. Incumprimento das obrigas de adoptar as medidas de difusión.

d.Resistencia, escusa ou obstrución ou negativa ás actuacións de comprobación e control.

e.Por incumprir o beneficiario as obrigas asumidas e as condicións fixadas nestas bases.

  1. Non declarar no modelo 347 a axuda recibida do Concello de Meaño, no caso de estar obrigada á súa declaración atendendo á normativa tributaria.

As responsabilidades anteriormente citadas esixiranse de acordo co procedemento previsto na lexislación vixente. Así mesmo, o reintegro das cantidades efectuarase de acordo co procedemento previsto no Regulamento Xeral de Recadación.

DÉCIMO SEGUNDA.- APROBACIÓN DAS BASES.

De acordo co establecido na Base XII de execución do orzamento para o 2024, e dando cumprimento ó establecido no artigo 18 da Lei Xeral de Subvencións e demais lexislación aplicable, o órgano competente para a aprobación destas bases é a Xunta de Goberno Local.

DECIMO TERCEIRA.- DEREITO SUPLETORIO.

Para o non establecido nas presentes bases, contemplarase o previsto nas bases de execución do orzamento xeral do Concello de Meaño 2022, na Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións, no Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións e demáis lexislación aplicable.

DECIMO CUARTA.- RECLAMACIÓNS.

Contra o acordo da aprobación destas bases que pon fin á vía administrativa poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, perante o mesmo órgano que o ditou, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa publicación (ao abeiro dos artigos 114, 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas), ou ben, directamente recurso contencioso -administrativo perante o Xulgado do Contencioso- Administrativo de Pontevedra segundo o disposto nos artigos 8 da Lei 29/1988, de 13 de xullo Reguladora da Xurisdición Contencioso -Administrativa, e todo iso no prazo establecido no artigo 46 da citada Lei.

Todo iso sen prexuízo de que poida utilizar calquera outro recurso que estimen conveninte. 

DECIMO QUINTA.-

O Concello de Meaño poderá consultar e/ou poñer en coñecemento da Axencia Tributaria, da Seguridade Social ou de calquera outro organismo/ administración competente, as dúbidas ou incidencias que xurdan en relación coas facturas, nóminas e/ou pagos que se presenten para a xustificación das subvencións concedidas.

ANEXOS.- Tódos os anexos referidos nestas bases para a solicitude e a xustificación destas subvencións serán a través da páxina web de concello de Meaño www.concellodemeano.com.”

CONCELLO DE MEAÑO

SOLICITUDE DE SUBVENCIÓN DO CONCELLO DE MEAÑO.ANEXO I

 

1.- DATOS DO SOLICITANTE:

D/Dª…………………………………………………………………., con DNI…………………….., na súa condición de PRESIDENTE/A de……………………………………………………….. (Nome da Asociación)  …………………………………………………………….      ……………………………………………………………………………………………., con C.I.F. ………………………. e domicilio en  …………………………………………………… Concello ………………….. Código Postal…………………,Teléfono ……………………Fax ………………………… E-mail ………………………. ,en representación da mesma, EXPON:

2.- Que á vista da convocatoria das axudas do Concello de Meaño para  ________________________, publicada no BOP de Pontevedra nº ___ de______ MANIFESTA que  reúne todos os requisitos establecidos nas bases reguladoras das axudas.

3.- Que por medio da presente, e ao abeiro do citado programa de axudas,  formúlase a seguinte  SOLICITUDE de subvención:

PROXECTO/ACTIVIDADE/INVESTIMENTO………………………………………………………………………………………………………………..,

Orzamento da actividade/investimento…………………………………………………………………………… €

Subvención solicitada ………………………………………………………………………………………….……………… €  

INFORMACIÓN/MEMORIA DO PROXECTO/ACTIVIDADE/INVESTIMENTO:

MESES DE REALIZACIÓN DA ACTIVIDADE / INVESTIMENTO:

(Marcar cun X)

X F M A M X X A S O N D
HORARIO:

 

LUGAR:

OBXECTIVOS DA ACTIVIDADE (XERAL / ESPECÍFICOS):
ACTUACIÓNS E TAREFAS A LEVAR A CABO:
ORZAMENTO DESGLOSADO:

3.- DOCUMENTACION: que, de acordo co previsto nas bases reguladoras, achega a seguinte documentación :

 

ANEXO II

SUBVENCIÓNS do CONCELLO DE MEAÑO

D/Dª……………………………………………………………………………………….., con DNI………………………….. en calidade de Presidente/a, D./Dª……………………………………………………….., con DNI……………………. en calidade de Secretario/a e D./Dª…………………………………………………., con DNI…………………… en calidade de Tesoureiro/a  da Asociación…………………………………………………………………………………..,con CIF………………………………….. e enderezo en …………………………………………… do Concello de…………..

En relación coa solicitude de subvención para………………………………………………………………………………………………………………………

DECLARAN:

a.- Esta Asociación, Entidade, Club carece de fins de lucro

b.- A esta Asociación (Márquese o que proceda),

___Non se lle concederon outras axudas ou subvencións procedentes de Organismos Públicos e/ou entidades privadas para a mesma finalidade.

___Si se lle concederon, procedentes de Organismos Públicos e/ou entidades privadas, as seguintes axudas ou subvencións, para a mesma finalidade:

Relación de axudas solicitadas Importe
Relación de axudas  concedidas Importe

Asemade, esta  Asociación, Entidade, Club  asume o compromiso de comunicar as que se      obteñan nun futuro

Os participantes ou beneficiarios desta actividad ou investimento (Máquese o que        proceda):

___Non parcipan no financiamento

___Si participan no financiamento, prevéndose uns  ingresos de.. ……………€.

c.- Esta Asociación, Entidade, Club comprométese a completar o financiamento da actividade/ investimento así coma a facerse responsable de cumprir estrictamente toda a lexislación aplicable e ademáis a asumir os riscos que pudeiran xurdir con ocasión da execución da actividade /investemento para a que se solicita subvención.

d.- Esta Asociación, Entidade, Club non se atopa incursa en ningunha das causas de incapacidade, incompatibilidade nin en ningunha das prohibicións das enumeradas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeral de Subvencións e  no artigo 10.2º da Lei 9/2007 do 13 de xuño de subvencións de Galicia e cumpre os requisitos establecidos para obter a condición de beneficiario das subvencións establecidas ou xestionadas pola Administración Pública e en concreto do Concello de Meaño e coñezo e acepto as bases da convocatoria, asumindo o compromiso de dar cumplimento ás condicións da subvención.

e.- Esta Asociación, Entidade, Club está o corrente coas súas obrigas tributarias coa Axencia Estatal Tributaria e coa Facenda Galega, coa Seguridade Social, e non ten débedas de ningún tipo co Concello de Meaño.

f.- Esta Asociación, Entidade, Club conta con seguro de responsabilidade civil e ao corrente do seu pago.

E para que así conste perante o Concello de Meaño, ós efectos da subvención a conceder por esa Institución, subscribo a presente, en …………………., …………… de………………………..de …….

O/A Presidente/a ( sinatura electronica)       O/A Secretario/a

O/A Tesoureiro/a

ANEXO III

 SUBVENCIÓNS  DO CONCELLO DE MEAÑO

 

D./Dª ……………………………………, Secretario/a da Asociación……………………………, en virtude da Asamblea Xeral de data………

CERTIFICO:

Que  na Asamblea Xeral celebrada o día ……………….resultaron elixidos como membros da  Xunta directiva desta Asociación, cos seguintes cargos (nome e DNI):

-……………………………………………………………………………………………………………………..

-……………………………………………………………………………………………………………………..

-……………………………………………………………………………………………………………………..

-……………………………………………………………………………………………………………………..

-……………………………………………………………………………………………………………………..

-……………………………………………………………………………………………………………………..

ostentando actualmente o cargo.

E para que así conste e para os efectos de unir ao  expediente de solicitude de subvención do Concello de Meaño, expido e asino a presente, co visto bo do Sr/a. Presidente/a en Meaño a………………………………………………….

 

 

 

O/A Presidente/a ( sinatura electronica)                    O/A Secretario/a

ANEXO IV

CONTA XUSTIFICATIVA SUBVENCIÓNS DO CONCELLO DE MEAÑO

D/Dª……………………………………………………………………………………….., con DNI………………………….. en calidade de Presidente/a, D./Dª……………………………………………………….., con DNI……………………. en calidade de Secretario/a e D./Dª…………………………………………………., con DNI…………………… en calidade de Tesoureiro/a  da Asociación…………………………………………………………………………………..,con CIF………………………………….. e enderezo en …………………………………………… do Concello de ……………………………………

DECLARAN:

Que para actividade/investimento de……………………………………………………………………………… para a que recibiu unha subvención de…………………………..€, realizáronse os gastos que se relacionan na seguinte conta xustificativa:

Proveedor/Empresa C.I.F N.º FRA  

Data emisión

 

CONCEPTO  

Data de pago

IMPORTE BRUTO
 

          TOTAL

  1. b) Que os gastos que arriba se detallan, son reais e aplicaráronse á finalidade subvencionada.
  2. c) Que a Asociación fixo a debida divulgación do financiamento concedido polo Concello de Meaño, para a actividade/ou investimento subvencionado, facendo constar a colaboración do Concello de Meaño.
  3. d) Que todos os documentos recollidos na presente conta atópanse a disposición do Concello de Meaño, no local social da Asociación, aos efectos da súa posible comprobación.
  4. e) A esta Asociación (Márquese SI/NON segundo proceda):

_____ Non se lle concederon outras axudas ou subvencións procedentes de Organismos Públicos e/ou entidades privadas para a mesma finalidade.

_____ Si se lle concederon, procedentes de Organismos Públicos e/ou entidades privadas, as seguintes axudas ou subvencións, para a mesma finalidade:

Relación de axudas concedidas (indicación da procedencia) Importe
   
   

Os participantes ou beneficiarios desta actividad ou investimento (Márquese SI/NON    segundo proceda):

      _____ Non parciparon no financiamento

      _____ Si participaron no financiamento acadando un importe por estas achegas de      ……………€.

  1. f) Respecto á actividade/ó investimento realizado, o importe das subvencións concedidas das diversas institucións e das achegas dos    participantes non superaron o importe total            dos gastos devengados, sendo destinadas tódalas achegas ó investimento subvencionado.
  2. g) Que o investimento foi realizado acorde coa finalidade para a que se concedeu a subvención.
  3. h) Que achega unha memoria da actuación xustificativa do cumprimento das condicións impostas na concesión da subvención, con indicación do investimento realizado e os resultados obtidos.
  4. i) Que se acompañan as facturas esixidas na Base 11ª, apartado 3 b, conformadas mediante sinatura dixital polo Presidente da Asociación e documentos acreditativos de ter efectuado o pago das mesmas, conforme se sinala na Base décima.e).
  5. j) Que esta asociación conta con seguro de responsabilidade civil e ao corrente do seu pago.
  6. k) A esta asociación atópase ao corrente das obrigas tributaria (do Estado e da Comunidade Autónoma), coa Seguridade Social e non ter débedas de ningún tipo co Concello de Meaño, o que se acredita mediante as correspondentes certificacións.

E para que así conste perante o Concello de Meaño, ós efectos da xustificación da subvención concedida, suscribo a presente, en …………………., ……de……………..de ………

OS  DECLARANTES,

O/A Presidente/a( sinatura electronica)                                   O/A Secretario/a

O/A Tesoureiro/a

 En Meaño, o alcalde Carlos Vieitez Fernández

Documento asinado e datado dixitalmente ao marxe

Documentos do Anuncio
Compartir: