Axudas material escolar curso 2024-2025

Data de publicación :
4 Outubro, 2024

SUBVENCIÓNS E AXUDAS

BASES REGULADORAS PARA A CONCESIÓN DE AXUDAS MUNICIPAIS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL E EQUIPAMENTO ESCOLAR PARA ALUMNOS/AS EMPADROADOS NO CONCELLO DE MEAÑO E MATRICULADOS EN CENTROS DOCENTES PÚBLICOS CURSO 2024/2025 

A Xunta de Goberno Local, en sesión extraordinaria e urxente de data 30 de setembro de 2024, acordou aprobar as Bases reguladoras para a concesión de axudas municipais para a adquisición de material e equipamento escolar para alumnos/as de infantil (2ª etapa), educación primaria, secundaria obrigatoria, FP básica e educación especial, empadroados no Concello de Meaño e matriculados en centros docentes públicos curso 2024-2025; mediante o presente anuncio procedese a súa convocatoria; tendo en conta que o prazo de presentación de solicitudes será de quince días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra:

BASES REGULADORAS PARA A CONCESIÓN DE AXUDAS MUNICIPAIS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL E EQUIPAMENTO ESCOLAR PARA ALUMNOS/AS DE INFANTIL (2ª ETAPA), EDUCACIÓN PRIMARIA, SECUNDARIA OBRIGATORIA, FP BÁSICA E EDUCACIÓN ESPECIAL, EMPADROADOS NO CONCELLO DE MEAÑO E MATRICULADOS EN CENTROS DOCENTES PÚBLICOS CURSO 2024/2025

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

A Constitución española de 1978 consagra, no seu artigo 39, o deber dos poderes públicos de asegurar a protección social, económica e xurídica da familia.

Pola súa banda, o Estatuto de Autonomía de Galicia lexitima a actuación lexislativa da Comunidade Autónoma no eido da protección da familia, infancia e adolescencia, nos títulos competencias xenéricos de asistencia social e de promoción do desenvolvemento comunitario, artigo 27.

A normativa de réxime local, no artigo 25.1 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime local e no artigo 80.1 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia, prevé que os municipios, para a xestión dos seus intereses e no ámbito das súas competencias, poden promover actividades e prestar os servizos públicos que contribúan a satisfacer as necesidades e aspiracións da comunidade veciñal, correspondéndolle como competencia propia, entre outras, a avaliación e información de situacións de necesidade social e a atención inmediata a persoas en situación ou risco de exclusión social.

Xa mais especificamente, no eido da normativa sectorial, a Lei 13/2008, do 3 de decembro, de Servizos sociais de Galicia, atribúelle ás Corporacións locais a creación e xestión dos servizos comunitarios básicos, configurándose como servizos de carácter integrador e principal instancia do sistema galego de servizos sociais para o desenvolvemento de intervencións de carácter preventivo, de atención integral a persoas, familias e de incorporación socio-laboral e habilita expresamente ós concellos para conceder axudas económicas destinadas a apoiar o coidado dos menores, paliar situacións transitorias de necesidade, garantir un mínimo de subsistencia e reforzar procesos de integración familiar e inclusión social.

Por último, a Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia, garante a protección total da familia; en especial, a das familias valoradas de especial consideración, ás que se lles asegura un trato preferente nos ámbitos educativos, da vivenda, cultura, novas tecnoloxías, etc. O artigo 8 desta lei atribúe tamén competencias ós municipios para a execución de programas e proxectos destinados á atención das familias.

No exercicio da competencia propia da atención inmediata a persoas en situación ou risco de exclusión social, prevista no artigo 25.2.e) da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local, no Orzamento Municipal 2024 prevese crédito para a concesión de axudas municipais a adquisición de material escolar para educación infantil ( 2º etapa), primaria, secundaria obrigatoria, FP básica e educación especial e co obxectivo de paliar as dificultades económicas que poidan atravesar as familias con menos recursos, de xeito que estas situacións non mingüen o dereito ó acceso á educación en condicións de igualdade dos menores; implantando a través destas bases un sistema de axudas en función da renda co obxecto de que se beneficien as familias con menos recursos e intervindo na atención inmediata a persoas en situación ou risco de exclusión social.

Estas axudas están destinadas ós/ás alumnos/as empadroados/as no termo municipal de Meaño e matriculados/as en centros docentes públicos e pertencentes a unidades familiares carentes de recursos económicos.

Por todo isto, convócase o procedemento para  a concesión de axudas municipais de material escolar, no marco xurídico definido pola Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, os preceptos básicos da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, o Real Decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, as Bases de execución do orzamento municipal e a demais normativa de aplicación.

BASES

Primeira. Obxecto e finalidade.

Esta liña de subvencións se atopa recollida no Plan Estratéxico de subvencións 2024-2027 do concello de Meaño na área estratéxica de Educación.

É obxecto das presentes Bases e convocatoria regular o procedemento para a concesión de axudas para adquisición de material escolar a:

– Liña 1: Alumnos/as de educación infantil (2º Ciclo), primaria e educación especial.

– Liña 2: Alumnos/as de educación secundaria obrigatoria, FP básica e educación especial,

Serán subvencionables as compras realizadas e pagadas dende o 1/07/2024 á data de finalización do prazo de xustificación das axudas, coas condicións que se establecen nestas bases.

O alumnado debe estar empadroado no termo municipal de Meaño e matriculado en centros docentes públicos, para o curso 2024/2025.  E que non teñan cumpridos os 18 anos a 31/12/2024.

As axudas van dirixidas a menores de familias con dificultades socioeconómicas e teñen por finalidade última apoiar ás unidades familiares que, por insuficiencia de recursos económicos, non poidan afrontar este gasto, de xeito que estas situacións non mingüen o dereito ao acceso á educación en condicións de igualdade dos menores.

Estas axudas outorgaranse de acordo aos principios de publicidade, concorrencia competitiva e obxectividade establecendo un procedemento que tenta ser áxil, eficaz e breve no tempo.

Segunda. Dotación orzamentaria e programa subvencionable.

  1. a) Crédito máximo destinado á financiación destas axudas ascende a:

-3.000,00 €, con cargo á partida 231.48003 do Orzamento Municipal 2024, axudas para a adquisición de material escolar dos/as alumnos/as de educación infantil (2ª etapa), primaria e educación especial.

-1.000,00 €, con cargo á partida 231.48004 do Orzamento Municipal 2024, axudas para a adquisición de material escolar das/os alumnas/os de educación secundaria obrigatoria, FP básica e educación especial

De non esgotarse o crédito nalgunha das aplicacións, o crédito dispoñible poderá destinarse á concesión de axudas da outra liña ata esgotar o crédito total de 4.000,00 €.

En ningún caso, a suma das axudas concedidas con cargo a ambas liñas poderá superar a contía acumulada de 4.000,00 € destas dúas aplicacións.

  1. b) Programa subvencionable: Axudas para adquisición de material e equipamento escolar. Neste concepto inclúese:

– Libros escolares ( inclúense os dicionarios)

– Libros de lectura necesarios durante o curso escolar

-Material funxible (bolígrafos, cadernos, cores, rotuladores, tesoiras, gomas, afialapis, carpetas, cadernos, pagamentos, lapis, témpera, pinceis, arquivadores, material de debuxo, frauta de bico, pincho usb etc.) necesario para a actividade escolar

– Mochila, estoxo e neceser

– Vestiario básico ( chándal, mandilón, calcetíns, zapatillas de deporte)

– Material e libros específicos para o alumnado con necesidades educativas especiais.

– Material informático

Terceira. Compatibilidade

As axudas concedidas en virtude das presentes bases serán compatibles con calquera outra axuda que poida percibir coa mesma finalidade doutras entidades públicas ou privadas, sempre que as axudas concorrentes non superen o custo dos materiais subvencionados.

Cuarta. Requisitos necesarios

Serán requisitos necesarios para solicitar as axudas os seguintes:

  1. a) Non estar incurso en ningunha das circunstancias sinaladas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia que impiden obter a condición de beneficiario.
  2. b) Ser pai/nai/titor ou titora legal do alumnado matriculado en educación infantil (2º Ciclo), primaria, secundaria obrigatoria, FP básica e educación especial un centro público durante o curso escolar 2024/2025
  3. c) A unidade familiar de convivencia deberá estar empadroada e residir de modo efectivo no municipio de Meaño (A comprobación realizarase polo propio Concello).
  4. d) Convivir co/ca alumno/a para os que se solicitan as axudas.
  5. e) Que os alumnos/as para os/as que se solicitan as axudas estean matriculados/as ou teñan reserva de matrícula en centros docentes públicos, de educación infantil (2º Ciclo), educación primaria, educación secundaria obrigatoria, FP básica, e educación especial, par ao curso 2024-25, e non teñan cumpridos os 18 anos a 31/12/2024.
  6. f) Ter unha renda per-cápita familiar igual ou inferior a 6.500,00 €. Para a determinación da renda per-cápita familiar terase en conta o disposto na base 5ª
  7. g) Non dispoñer ningún membro da unidade familiar de vehículo propio cunha potencia superior aos 15,99 cabalos fiscais e que conte cunha antigüidade inferior a 8 anos.
  8. h) Que a vivenda propia coa que conte a unidade familiar teña un valor catastral inferior ou igual a 150.000,00 € no caso de vivenda unifamiliar e 80.000,00 € no caso de piso.
  9. i) Non ser titular calquera dos membros da unidade familiar de ningún outro ben inmoble de natureza urbana distinto da vivenda familiar, agás solar.

Quinta. Renda per-cápita familiar.

  1. Enténdese por renda per-cápita familiar a renda familiar dividida entre o número de membros da unidade computables.
  2. Para os efectos do cálculo da renda per-cápita, computarán por dous os membros da unidade familiar que figurando na solicitude teñan unha discapacidade igual ou superior ao 33%, que acrediten unha pensión de incapacidade permanente nos graos de total, absoluta ou grande invalidez ou que teñan recoñecida a condición de pensionista de clases pasivas cunha pensión de xubilación ou retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade. Segundo o establecido nos artigos 38 e 42 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral de violencia de xénero, para os efectos do cálculo da renda per-cápita nos casos de violencia de xénero no ámbito familiar, quedarán excluídos do cómputo das rendas os ingresos do agresor, considerándose a familia como monoparental.
  3. Nesta convocatoria, para os efectos de determinar a renda per cápita familiar, terase en conta a situación persoal e familiar a 31 de decembro de 2023 e a renda per cápita do exercicio fiscal 2023.

Nos casos en que a capacidade económica da unidade familiar experimentase un deterioro significativo en relación coa que consta na declaración de IRFP do 2023, os interesados terán que manifestar esta circunstancia e acreditar a nova situación económica achegando a documentación xustificativa correspondente ós 4 meses anteriores á convocatoria.

  1. A renda familiar obterase por agregación das rendas de cada un dos membros computables que obteñan ingresos de calquera natureza, de conformidade coa normativa reguladora do imposto sobre a renda das persoas físicas. Os membros da unidade familiar que presentasen declaración do imposto sobre a renda do 2023, para os efectos do cálculo da renda familiar, sumaran os recadros da base impoñible xeral e o da base impoñible do aforro da declaración.

No caso de non presentar declaración teranse en conta os ingresos netos de todos os membros computables da unidade familiar.

  1. No caso de familias monoparentais en que conviva un só proxenitor ou titor co causante, deberá acreditarse documentalmente co certificado de familia monoparental.

No caso de divorcio ou separación legal dos pais, non se considerará membro computable aquel que non conviva co causante. Non obstante, se é o caso, terá a consideración de membro computable o novo cónxuxe ou persoa unida por análoga relación, e as rendas incluiranse dentro do cómputo da renda familiar.

Sexta. Determinación da unidade familiar

  1. Para os efectos previstos nesta orde, e con referencia á situación familiar en 31 de decembro de 2023, considérase que conforman a unidade familiar:

-Os pais non separados legalmente e, se é o caso, o titor ou titora, ou a persoa encargada da garda e protección do menor.

-Os fillos ou fillas menores de idade, con excepción dos emancipados.

-Os fillos ou fillas maiores de idade con discapacidade física, psíquica ou sensorial ou incapacitados xudicialmente, suxeitos á patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

-Os fillos ou fillas solteiros menores de vinte e cinco anos e que convivan no domicilio familiar e non conformen a súa propia unidade familiar.

-A separación transitoria motivada por razóns de estudo, traballo, tratamento médico ou outras causas semellantes non rompen a convivencia para estes efectos.

  1. Cando non exista vínculo matrimonial, a unidade familiar entenderase constituída polo pai, a nai e todos os descendentes que convivan con eles, e que reúnan os requisitos do punto anterior. Esta situación deberá acreditarse documentalmente mediante o correspondente xustificante de empadroamento.
  2. No caso de falecemento dalgún dos proxenitores que convivan co causante, acreditarase a circunstancia mediante un certificado de defunción.
  3. Os casos de separación ou divorcio acreditaranse mediante sentenza xudicial ou convenio regulador onde conste a custodia do/a menor.
  4. No caso de separación ou divorcio dos proxenitores con custodia compartida acreditada mediante sentenza xudicial, as rendas de ambos os proxenitores incluiranse dentro do cómputo da renda familiar.
  5. En casos especiais en que a unidade familiar non estea conformada do xeito establecido no punto 1 deste artigo, deberá achegarse xustificante de empadroamento en que figure o/a alumno/a polo que se solicita a axuda e todos os familiares que convivan con el.
  6. Nos supostos en que o causante da axuda sexa un menor en situación de acollemento, será de aplicación á familia de acollida o disposto nos puntos anteriores.

Sétima. Contía das axudas.

As axudas a conceder ás persoas solicitantes que reúnan os requisitos previstos nesta orde ao amparo das presentes bases, segundo a renda per-cápita familiar no ano 2023, son:

Familias monoparentais:

– Renda per-cápita familiar ata 3.500,00 €: 90,00 €

– Renda per-cápita familiar desde 3.501,00 € ata 6.500,00 €: 70,00 €

Resto de familias:

– Renda per-cápita familiar ata 3.200,00 €: 80,00 €

– Renda per-cápita familiar desde 3.201,00 € ata 6.500,00 €: 60,00 €

Oitava. Criterios de valoración.

As solicitudes valoraranse tendo en conta a renda per-cápita dos compoñentes da unidade familiar do ano 2023 conforme co previsto nas bases 4ª, 5ª, 6ª e 7ª

A lista de concesión farase por orde inversa ó da contía da renda per-cápita da unidade familiar, de menor a maior contía. O límite de renda é o establecido nas bases 4ª e 7ª, e o límite do número de axudas a conceder virá determinado polo crédito da aplicación orzamentaria. No caso de igualdade de ingresos, concederase  tendo en conta o  maior número de membros da unidade familiar. No caso de persistir o empate, terase en conta si algun membro da unidade familiar ten certificación de discapacidade, de continuar terase en conta o número de rexistro de entrada.

Novena. Publicidade e forma e prazo de presentación de solicitudes

  1. a) Publicidade

A publicación das presentes Bases realizarase no taboleiro de anuncios, na páxina web do Concello de Meaño www.concellodemeano.com e no Boletín Oficial de Pontevedra.

As axudas que se concedan a través deste programa unha vez resoltas, publicaranse no taboleiro de anuncios do Concello, con expresión do DNI (ordenado numericamente) do solicitante e a resolución recaída (concedida-denegada ou lista de agarda e importe concedido).

  1. b) Prazo

O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días naturais, contados desde o seguinte á publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, segundo a LXS (arts. 17.3.b), 18 e 20.8 en relación coa Base de Datos Nacional de Subvencións.

  1. c) Forma de presentación

As solicitudes, segundo o anexo I, presentaranse no Rexistro Xeral do Concello ou por calquera dos procedementos establecidos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

As axudas  deberán ser solicitadas polos pais, nais, titores ou representantes legais do alumnado.

As solicitudes formalizaranse no impreso normalizado que figura no anexo I, que incluirá autorización expresa para que o Concello poida realizar as comprobacións oportunas que acrediten a veracidade dos datos, e virán acompañadas da seguinte documentación:

  1. Fotocopia do DNI, NIE ou pasaporte do solicitante.
  2. Fotocopia do libro de familia completo ou documentación oficial acreditativa dos membros da unidade familiar coas súas datas de nacemento.
  3. No caso de ser propietario/a, copia do recibo do Imposto de Bens Inmobles de Natureza Urbana da vivenda da unidade familiar onde figure o valor catastral da mesma, ano 2024; de non aportase será comprobado polo Concello previa expresa autorización.
  4. Copia do recibo do Imposto de Vehículos de Tracción Mecánica dos vehículos con que conte a unidade familiar na que conste a potencia fiscal; de non aportase será comprobado polo Concello previa expresa autorización.
  5. Relación de bens inmobles de natureza urbana de tódolos membros da unidade familiar, expedido pola Deputación Provincial (ORAL xestión de tributos locais), que abranga a provincia.
  6. Declaración das rendas da unidade familiar:
  7. Fotocopia da declaración da renda do exercicio económico 2023 de todos os membros maiores de 18 anos que compoñan a unidade familiar
  8. Certificación negativa IRPF 2023 expedida pola Administración Tributaria.
  9. Pensionistas

– Xustificante da pensión/s anual ou certificado negativo emitido polo INSS correspondente ao ano 2023.

  1. Demandantes de emprego con/sen prestacións:

– Certificado das prestacións do SEPE correspondente ó ano 2023, e do 2024, no       caso de  que variara  a súa situación  económica.

– Fotocopia tarxeta demanda de emprego actualizada.

  1. Perceptores da RISGA:

– Aportarán unicamente o xustificante da contía mensual que percibe.

  1. En caso de empeoramento da situación familiar, ademais da documentación que corresponda deberán presentar fotocopias das nóminas dos 4 meses anteriores á convocatoria, ou 2 últimas declaracións trimestrais no caso de persoas autónomas
  2. Nos supostos en que exista imposibilidade de documentar determinadas situacións de carencia económica, esta deberá acreditarse mediante declaración xurada dos interesados, que será avaliada mediante informe de signos externos da Policía Municipal e polos servizos sociais do Concello .

g.-No caso de non ter libro de familia ou se a situación familiar, a día 31 de decembro de 2023 non coincide coa reflectida no libro, terá que presentarse documento ou documentos acreditativos do número de membros da unidade familiar, tales como:

  1. Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou o convenio regulador onde conste a custodia do causante.
  2. Certificado de convivencia.
  3. Informe dos servizos sociais ou órgano equivalente do concello de Meaño que acredite a situación familiar.

h.-No caso de discapacidade dalgún dos membros da unidade familiar incluídos na solicitude deberá presentarse un dos seguintes documentos que acrediten esta circunstancia, ata a data de presentación de Solicitudes:

  1. Certificado emitido polo órgano competente do grao de discapacidade cunha porcentaxe igual ou superior ao 33%,
  2. Resolución ou certificado emitido pola Seguridade Social de pensión de incapacidade permanente nos graos de total, absoluta ou grande invalidez.
  3. Documentación acreditativa da condición de pensionista de clases pasivas cunha pensión de xubilación ou retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade.

A documentación que se achegue deberá ter validez no momento da presentación da solicitude

  1. i) Calquera outra que se considere conveniente na instrución do procedemento da resolución.

No caso de que algúns documentos requiridos non poidan presentarse por impedimento legal ou administrativo, substituirase por unha declaración de compromiso/xurada.

O Concello de Meaño poderá requirir das persoas solicitantes, en calquera momento, aclaración da documentación presentada.

Décima. Emenda de solicitudes

De acordo co establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común, para aquelas solicitudes que non estean correctamente cubertas ou non acheguen os documentos preceptivos, o Concello requirirá a persoa interesada para que, nun prazo de dez días hábiles, emende as faltas ou remita os documentos preceptivos. De non facelo, considerarase que desistiu da súa petición e arquivarase o expediente nos termos previstos na citada lei.

Décima primeira. Instrución e resolución

O procedemento será instruído pola informadora xuvenil e/ou da educadora familiar deste Concello, ou na súa ausencia o empregado público que a Alcaldía propuxera, que realizarán de oficio cantas actuacións estimen necesarias para o coñecemento e comprobación dos datos así coma os requirimentos de subsanación de deficiencias da documentación.

Recibidas as solicitudes procederase a súa tramitación. Comprobado que os solicitantes cumpran os requisitos esixidos nestas bases e que se achega a documentación requirida darase traslado dos expedientes de solicitude ao departamento de servizos sociais para a súa avaliación e informe.

Avaliadas as solicitudes, segundo os criterios regulados na base 8 os expedientes serán elevados a Comisión Informativa  de Asuntos Sociais e Igualdade, que formulará proposta de resolución, que conterá todos/as os/as solicitantes que participan na convocatoria, os/as alumnos/as, renda per- cápita, colexio, curso e proposta de resolución das axudas no sentido que proceda (concedida, denegada ou lista de garda):

  • Concedidas: reseñarase a subvención individual de cada beneficiario/a, a modalidade (educación infantil, primaria, secundaria obrigatoria, FP básica e educación especial) e importe; tendo en conta que o importe total das mesmas non pode superar o crédito consignado.
  • Denegadas: farase constar algúns dos seguinte motivos:

o A solicitude foi presentada fora de prazo.

o Non achegan a documentación requirida.

o Non estar empadroados/as.

o Non matriculado nun centro de ensino público.

o Supera ingresos.

o O/a alumno/a non está matriculado/a.

o Outros, especificar.

 

  • Lista de garda: coa súa correspondente orde de menor a maior, por renda per cápita.

A Xunta de Goberno Local, coa proposta da Comisión Informativa Permanente de Asuntos Sociais, acordará a concesión definitiva das axudas con cargo ás aplicacións orzamentarias do Orzamento Municipal do Concello de Meaño sinaladas na base 2.

Décima segunda. Recursos.

Contra este acordo, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que ditou o acto no prazo dun mes dende o día seguinte ó da súa notificación de acordo co establecido no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas ou ben directamente recurso contencioso administrativo ante o Xulgado Contencioso Administrativo de Pontevedra do prazo de dous meses contados dende o día seguinte ó da súa notificación, conforme ós artigos 8.1 y 46.1 da Lei 29/98, de 3 de xuño, Contencioso-Administrativa. De interpoñerse o recurso potestativo de reposición, este se resolverá e notificará no prazo dun mes segundo establece o artigo 124 da citada Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, entendéndose desestimado o recurso de reposición polo transcurso do mencionado prazo sen resolución expresa notificada, podendo entón os interesados interpoñer recurso contencioso-administrativo dentro do prazo de seis meses contados dende o día seguinte a aquel en que se deba entender presuntamente desestimado o recurso de reposición interposto, de acordo co artigo 46.1 y 4 de la 29/98.

O acordo de concesión non terá obrigatoriamente que distribuír a totalidade do crédito.

Transcorridos catro meses, a partires do día seguinte do remate do prazo de presentación das solicitudes, sen que os interesados obteñan resposta expresa, entenderase desestimada a petición.

Décima terceira. Obrigas dos beneficiarios.

A concesión da axuda comporta, ademais das obrigas previstas nestas Bases e das sinaladas no artigo 11 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, as seguintes:

  1. Seguir as directrices que marcan as bases da convocatoria e destinar o importe da axuda na súa integridade á adquisición do material escolar propios do curso académico para o cal se solicitou a axuda, segundo a relación que para tal efecto teña publicado o centro onde estea matriculado o alumnado.
  2. Someterse ás actuacións de comprobación e control financeiro que poidan realizar os órganos de control competentes, achegando canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.
  3. Comunicar ao Concello de Meaño a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade. Esta comunicación deberá efectuarse tan pronto como se coñeza.
  4. Procederase de ser o caso ao reintegro dos fondos percibidos, segundo o procedemento establece no artigo 38 da Lei 9/2007, de 13 de xuño, de Subvencións de Galicia.

O Concello de Meaño poderá en calquera momento do procedemento do expediente administrativo da subvención solicitar maior información ou verificar calquera aspecto relacionado coa solicitude subvencionada.

Décimo cuarta. XUSTIFICACION DAS AXUDAS CONCEDIDAS.

1.- As compras a que se refiren estas axudas deberán realizarse, ser facturadas e pagadas polos beneficiarios entre o 1 de xullo de 2024 e a data de remate do prazo de xustificación das axudas concedidas.

As subvencións concedidas serán pagadas unha vez sexa xustificado o gasto realizado, obxecto da subvención, cos documentos xustificativos que se establecen nas presentes bases.

2.- O prazo de presentación da xustificación rematará o 30 de outubro de 2024.

A 31 de decembro de 2024 anularanse automaticamente tódalas subvencións pendentes de xustificar.

3.- Para pagar a subvención terase en conta o seguinte:

* Para o pago do 100% da axuda concedida deberán de xustificarse gastos por importe igual ou superior a axuda concedida.

* No caso de que os gastos xustificados sexan inferiores á axuda concedida, o pago limitarase ao importe debidamente xustificado.

O pagamento efectuarase por transferencia á conta bancaria indicada polo/a beneficiario/a ( na que deberá constar ao IBAN e a súa titularidade)

4.- A xustificación farase mediante a presentación no Rexistro Xeral do Concello de Meaño, na Sede electrónica do mesmo ou en calquera das formas prevista no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas da conta xustificativa ( Anexo II) xunto coa documentación que se sinala na seguinte base:

Décimo quinta. DOCUMENTACIÓN PARA A XUSTIFICACIÓN

Para a xustificación das axudas concedidas os/as beneficiarios/as deberán de presentar no prazo e lugares indicados na base anterior :

a.- Conta xustificativa dos gastos asinada, en que se determinará o custo ou gasto total da finalidade subvencionada, detallando as facturas (identificando: o provedor, o CIF, o importe, nº de factura, data de emisión e data de pago) que reflexan os gastos. (Anexo II).

Non se aboará máis que o importe xustificado co límite da subvención concedida. En caso de ser inferior, o pago limitarase ao importe xustificado.

b.- Facturas   (identificando: o provedor, o CIF, concepto, importe, data de emisión e nº de factura).

As facturas deberán de cumprir coa normativa de facturación.

  1. Acreditación do pagos da/s facturas mediante: Transferencias bancarias, tarxeta bancaria ou pago en metálico.

No caso de pagos en metálico será necesario que na factura conste “pagado” xunto co selo e sinatura do establecemento.

Para facturas por importe maior ou igual a 1.000,00 € ou pago deberá realizarse mediante transferencia bancaria (artigo 7 dá lei7/2012, de 29 de outubro, de modificación da normativa tributaria e presupostaría e de adecuación da normativa financeira para a intensificación das actuacións na prevención e loita contra a fraude).

d.- Declaración responsable de non ter recibido outras subvencións de Administracións Públicas ou detalle do financiamento obtido para a finalidade subvencionada e declaración responsable de que os ingresos obtidos non superan o custo da mesma. (Anexo II)

e.- Certificacións acreditativas de estar ó corrente das súas obrigas tributarias (do Estado e da Comunidade Autónoma) e coa Seguridade Social ou autorización ao Concello de Meaño para a súa consulta ( Anexo II)

g.- Certificación bancaria na que conste o IBAN e titularidade do/a beneficiario/a.

 

Décimo sexta. Control, aplicación e revisión das axudas.

  1. O Concello de Meaño poderá requirirlle á persoa solicitante cantos documentos e aclaracións considere necesarios para complementar o expediente, e tamén poderá dispor que se leven a cabo as comprobacións oportunas dos datos consignados polos peticionarios.
  2. Procederá o reintegro, total ou parcial, da axuda percibida, xunto cos xuros de demora, nos casos indicados no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e especialmente no caso de que se detectase que o importe recibido non fose empregado na adquisición dos materiais obxecto desta orde.

Para estes efectos, os centros docentes poderán informar ao Concello de Meaño no caso de que detecten que algún alumno ou alumna causante da axuda, da  cal conste o seu pago, non dispoña do material subvencionado.

  1. O Concello de Meaño poderá realizar, mediante os procedementos legais pertinentes, as comprobacións oportunas respecto ao destino e aplicación das subvencións, para o cal, tanto as persoas beneficiarias, os establecementos como os centros docentes quedan obrigados a facilitarlles canta información lles sexa requirida.
  2. Calquera alteración que se produza nos datos contidos na solicitude ou na documentación que a acompaña será comunicada polo solicitante ao Concello de Meaño.

Décimo sétima. Cancelación

Poderán ser canceladas as axudas a aqueles beneficiarios que incumpran ou falseen algún dos requisitos esenciais que figuran nestas bases, mediante resolución do órgano competente.

Décimo oitava. Devolución e reintegro

As axudas concedidas deberán devolverse ou reintegrarse nos seguintes casos:

  1. a) Obtención da subvención sen reunir as condicións requiridas para a súa concesión.
  2. b) Incumprimento da finalidade para a que foi concedida a axuda
  3. c) Demais supostos sinalados no artigo 33 da Lei 9/2007, de 13 de xuño, de Subvencións de Galicia (LSG).

Décimo novena- Interpretación

Calquera dúbida que puidera xurdir en torno á interpretación destas bases será resolta pola Xunta de Goberno Local.

Vixésima . Protección de datos

Os datos de carácter persoal, recollidos na solicitude, formarán parte dun ficheiro de titularidade do Concello de Meaño e quedarán sometidos á protección establecida pola Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro de Protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais. A presentación da solicitude carrexa a autorización do solicitante para tratalos de xeito automático e cedelos, para fins de avaliación, seguimento e control ó órgano avaliador e ós organismos de control comunitarios e nacionais no seu caso.

Vixésima segunda. Norma final.

En todo o non previsto nas presentes bases, serán de aplicación: Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia, Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, Lei 5/1997, de 22 de xullo, da Administración Local de Galicia, Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora de Facendas Locais, Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o regulamento da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, Bases de execución do Orzamento do Concello de Meaño e demais normativa aplicable.”

 ANEXO I

SOLICITUDES DE AXUDAS PARA MATERIAL E EQUIPAMENTO ESCOLAR CURSO 2024-25.

Datos da/o solicitante (Pai/nai/titor legal):

Nome: Apelidos:
DNI: Con enderezo no lugar/rúa de:
Nº: Parroquia de: Concello:
Provincia: C.P.: Teléfono:

 

Marcar o que proceda:

___EDUCACIÓN INFANTIL       ___EDUCACIÓN PRIMARIA        ___EDUCACIÓN SECUNDARIA

 

___FP BÁSICA             __EDUCACIÓN ESPECIAL

 

Datos das/os alumnas/os:

NOME 1º APELIDO 2º APELIDO CURSO CENTRO ESCOLAR
         
         
         
         
         

 

Declaración de axudas:

* A/o solicitante declara non ter solicitado nin recibido ningunha axuda para a mesma finalidade, ou ben que o conxunto das mesmas, xunto con esta, non superan o custo total dos materiais subvencionados.

* A/o solicitante declara baixo a súa responsabilidade que acepta as bases da convocatoria e que cumpre os requisitos esixidos na mesma para acadar a condición de beneficiario.

Autorización, sinalar o que proceda:

______ Autorizo ao Concello de Meaño para comprobar os datos fiscais na AEAT, Xunta de Galicia e Seguridade Social.

______Autorizo ao Concello de Meaño para que poida realizar as comprobacións oportunas que   acrediten a veracidade dos datos.

 

Meaño, a      de               de 2024.

Sinatura

 

AO SR. ALCALDE – PRESIDENTE DO ILMO. CONCELLO DE MEAÑO

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR CON ESTA SOLICITUDE.

  1. Fotocopia do DNI, NIE ou pasaporte do solicitante.
  2. Fotocopia do libro de familia completo ou documentación oficial acreditativa dos membros da unidade familiar coas súas datas de nacemento.
  3. Xustificante de matrícula en centro escolar curso 2024-2025
  4. Copia do recibo do Imposto de Bens Inmobles de Natureza Urbana da vivenda da unidade familiar onde figure o valor catastral da mesma; de non aportase será comprobado polo Concello.
  5. Copia do recibo do Imposto de Vehículos de Tracción Mecánica dos vehículos con que conte a unidade familiar na que conste a potencia fiscal, de non aportase será comprobado polo Concello.
  6. Relación de bens inmobles de natureza urbana de tódolos membros da unidade familiar, expedido pola Deputación Provincial (ORAL xestión de tributos locais), que abranga a provincia.
  7. Fotocopia da declaración da renda do exercicio económico 2023 de todos os membros maiores de 18 anos que compoñan a unidade familiar ou certificación negativa expedida pola Administración Tributaria. Neste último caso os ingresos poderán xustificaranse coa seguinte documentación:

TRABALLADORES EN ACTIVO NON OBRIGADOS A PRESENTAR DECLARACIÓN DA RENDA:

– Certificación de Imputacións do IRPF

– No caso de empeoramento da situación familiar fotocopias das nóminas dos 4 meses anteriores a convocatoria, ou  2 últimas declaracións trimestrais no caso de persoas autónomas 2024.

PARA PENSIONISTAS:

Xustificante da pensión/s anual ou certificado negativo emitido polo INSS correspondente ao ano 2023.

PARA DEMANDANTES DE EMPREGO CON/SEN PRESTACIÓNS:

– Certificado das prestacións do INEM correspondente ó ano 2023.

– Vida laboral da tesourería da Seguridade Social.

– Fotocopia tarxeta demanda de emprego

PARA PERCEPTORES DA RISGA:

– Aportarán unicamente o xustificante da contía mensual que percibe.

No caso de non ter libro de familia ou se a situación familiar, en día 31 de decembro de 2023, non coincide coa reflectida no libro, terá que presentarse documento ou documentos acreditativos do número de membros da unidade familiar, tales como:

  1. Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou o convenio regulador onde conste a custodia do causante.2. Certificado de convivencia.3. Informe dos servizos sociais ou órgano equivalente do Concello de Meaño que acredite a situación familiar.

No caso de discapacidade dalgún dos membros da unidade familiar incluídos na solicitude deberá presentarse un dos seguintes documentos que acrediten esta circunstancia , ata a data de presentación de solicitudes:

  1. Certificado emitido polo órgano competente do grao de discapacidade cunha porcentaxe igual ou superior ao 33%.
  2. Resolución ou certificado emitido pola Seguridade Social de pensión de incapacidade permanente nos graos de total, absoluta ou grande invalidez.
  3. Documentación acreditativa da condición de pensionista de clases pasivas cunha pensión de xubilación ou retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade.
  4. Calquera outra que se considere conveniente na instrución do procedemento da resolución.

ANEXO II

CONTA XUSTIFICATIVA DAS AXUDAS MUNICIPAIS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL E EQUIPAMENTO ESCOLAR

D/Dª……………………………………………………………………………………….., con DNI……………………….…, domicilio en ………………………………………………………….. e n.º de teléfono……… DECLARA:

  1. Que, en relación coa axuda concedida polo Concello de Meaño, por importe de _____________ para a adquisición de material escolar, realizou os seguintes gastos:
Proveedor/Empresa C.I.F. Nº Factura Data emisión

 

CONCEPTO  

DATA

DE PAGO

IMPORTE
 

TOTAL

  1. b) Que os gastos que arriba se detallan, son reais e aplicaráronse á finalidade subvencionada.
  2. e) Que ( sinalar o que proceda) :

_____ Non se lle concederon outras axudas ou subvencións procedentes de Organismos Públicos e/ou entidades privadas para a mesma finalidade.

_____ Si se lle concederon, procedentes de Organismos Públicos e/ou entidades privadas, as seguintes axudas ou subvencións, para a mesma finalidade:

 

Relación de axudas concedidas (indicación da procedencia) Importe
   
   
  1. f) Que se atopa ao corrente nas obrigas tributarias (do Estado e da Comunidade Autónoma), coa Seguridade Social e non ter débedas de ningún tipo co Concello de Meaño, para o que ( sinalar o que proceda):

-autoriza ao Concello de Meaño a comprobar ditos extremo na AEAT______, Xunta de Galicia_________ e na Seguridade Social______

-presenta as correspondentes certificacións de estar ao corrente nas obrigas tributarias

 

E para que así conste ante o Concello de Meaño, ós efectos da xustificación da subvención concedida, suscribo a presente, en …………………., ……de……………..de ………

Asdo. __________________________________

 En Meaño, o alcalde Carlos Vieitez Fernández

Documento asinado e datado dixitalmente ao marxe

Documentos do Anuncio
Compartir: