NORMAS PARA A COBRANZA EN PERÍODO VOLUNTARIO DOS TRIBUTOS E PREZOS
PÚBLICOS MUNICIPAIS. CALENDARIO DE COBRO DO EXERCICIO 2025.
RESOLUCIÓN DA TESOURERÍA
En cumprimento do establecido no artigo 23 da Ordenanza fiscal xeral do órgano de xestión tributaria e recadación de recursos locais da Deputación de Pontevedra, e no artigo 62.3 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria, procede a aprobación do Calendario fiscal do contribuínte, que conterá o período voluntario de cobro dos tributos e doutros ingresos de dereito público de vencemento periódico correspondentes ao exercicio seguinte.
Visto o informe emitido polo Servizo de Recadación da Deputación Provincial de Pontevedra– ORAL, de data 13 de novembro de 2024, onde se propón o Calendario Fiscal para o exercicio 2025.
Atendendo ao establecido nas bases 6 e 8 da Disposición adicional V das Bases de execución do orzamento desta Deputación para o exercicio 2024 e, de conformidade co establecido no artigo 62.3 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria, e en coherencia co regulado no artigo 23 da vixente Ordenanza fiscal xeral do órgano de xestión tributaria e recadación ORAL, no exercicio das facultades que lle confire a normativa local vixente,
RESOLVO:
PRIMEIRO: Aprobar a posta ao cobro durante o ano 2025 dos valores de notificación colectiva por padrón e cobro periódico por recibo, dos Impostos, Taxas e prezos públicos delegados polos seguintes concellos e entes:
- IMPOSTOS: Imposto sobre Bens Inmobles (IBI), Imposto sobre Actividades económicas
(IAE) e Imposto sobre vehículos de tracción mecánica (IVTM), dos concellos que se relacionan:
- IBI: ARBO, BAIONA, BARRO, CALDAS DE REIS, CAMBADOS, CAMPO LAMEIRO, CANGAS, A CAÑIZA, CATOIRA, CERDEDO–COTOBADE, COVELO, CRECENTE, CUNTIS, DOZÓN, A ESTRADA, FORNELOS DE MONTES, AGOLADA, GONDOMAR, A GUARDA, LALÍN, A LAMA, MEAÑO, MEIS, MOAÑA, MONDARIZ, MONDARIZ–BALNEARIO, MORAÑA, MOS, AS NEVES, NIGRÁN, OIA, PAZOS DE BORBÉN, POIO, PONTE CALDELAS, PONTEAREAS, PONTECESURES, O PORRIÑO, PORTAS, RODEIRO, O ROSAL, SALCEDA DE CASELAS, SALVATERRA DO MIÑO, SANXENXO, SILLEDA, SOUTOMAIOR, TOMIÑO, TUI, VALGA, VILA DE CRUCES, VILABOA E VILANOVA DE AROUSA.
1.2. IAE: ARBO, BAIONA, BARRO, CALDAS DE REIS, CAMBADOS, CAMPO LAMEIRO, CANGAS,
A CAÑIZA, CATOIRA, CERDEDO–COTOBADE, COVELO, CRECENTE, CUNTIS, DOZÓN, A ESTRADA, AGOLADA, FORNELOS DE MONTES, GONDOMAR, A GUARDA, LALÍN, A LAMA, MEAÑO, MEIS, MOAÑA, MONDARIZ, MONDARIZ–BALNEARIO, MORAÑA, MOS, AS NEVES, NIGRÁN, OIA, PAZOS DE BORBÉN, O PORRIÑO, PORTAS, POIO, PONTEAREAS, PONTE CALDELAS, PONTECESURES, RODEIRO, O ROSAL, SALCEDA DE CASELAS, SALVATERRA DE MIÑO, SANXENXO, SILLEDA, SOUTOMAIOR, TOMIÑO, TUI, VALGA, VILABOA, VILA DE CRUCES E VILANOVA DE AROUSA.
1.3. IVTM: ARBO, BAIONA, BARRO, CALDAS DE REIS, CAMBADOS, CAMPO LAMEIRO, A CAÑIZA, CATOIRA, CERDEDO–COTOBADE, COVELO, CRECENTE, CUNTIS, DOZÓN, A ESTRADA, FORNELOS DE MONTES, AGOLADA, GONDOMAR, A GUARDA, LALÍN, A LAMA, MEAÑO, MEIS, MOAÑA, MONDARIZ, MONDARIZ–BALNEARIO, MORAÑA, AS NEVES, OIA, PAZOS DE BORBÉN, O PORRIÑO, PORTAS, POIO, PONTEAREAS, PONTE CALDELAS, PONTECESURES, RODEIRO, O ROSAL, SALCEDA DE CASELAS, SALVATERRA DE MIÑO, ANXENXO, SILLEDA, SOUTOMAIOR, TOMIÑO, TUI, VALGA, VILABOA, VILA DE CRUCES E VILANOVA DE AROUSA.
- TAXAS E PREZOS PÚBLICOS MUNICIPAIS DOS SEGUINTES CONCELLOS: ARBO, BAIONA, BARRO, CALDAS DE REIS, CAMBADOS, CAMPO LAMEIRO, A CAÑIZA, CATOIRA, CERDEDOCOTOBADE, COVELO, CRECENTE, CUNTIS, DOZÓN, A ESTRADA, FORNELOS DE MONTES, AGOLADA, GONDOMAR, A GUARDA, LALÍN, A LAMA, MEAÑO, MEIS, MOAÑA, MONDARIZ, MONDARIZ-BALNEARIO, MORAÑA, AS NEVES, OIA, PAZOS DE BORBÉN, O PORRIÑO, PORTAS, POIO, PONTEAREAS, PONTE CALDELAS, PONTECESURES, RODEIRO, O ROSAL, SALCEDA DE CASELAS, SALVATERRA DO MIÑO, SANXENXO, SILLEDA, SOUTOMAIOR, TOMIÑO, TUI, VALGA, VILABOA, VILA DE CRUCES, VILANOVA DE AROUSA, MANCOMUNIDADE DO MORRAZO.
SEGUNDO: Aprobar os seguintes períodos voluntarios de pago para o ano 2025 de acordo
co seguinte calendario fiscal:
Imposto Período Data de inicio Data Fin Data cargo Conta(1) Data cargo en conta (2)
I (1) Data Cargo en Conta (2)
IVTM 22 de abril 23 de xuño 5 de maio
IAE — 2 de setembro 3 de novembro 3 de novembro
IBI
— 29 de xullo 7 de novembro 3 de outubro
1º prazo 2º prazo
14 de agosto 3 de outubro
Procedementos simplificados de valoración colectiva (art. 77.4 TRLRFL)
1º 3 de febreiro 4 de abril — —
2º 2 de outubro 4 de decembro — —
Taxas e Prezos Públicos Data de Inicio Data de Fin Data de Cargo en conta (1)
1º trimestre 5 de febreiro 7 de abril 5 de marzo
2º trimestre 6 de maio 7 de xullo 6 de xuño
3º trimestre 5 de agosto 6 de outubro 5 de setembro
4º trimestre 28 de outubro 29 de decembro 1 de decembro
(1).- Data de cargo en conta para os recibos con orde de domiciliación bancaria (D.B.) polo importe total do recibo.
(2).- Data de cargo en conta para os recibos con orde de domiciliación bancaria (D.B.) en 2 prazos, cada un deles polo 50% do importe do recibo.
TERCEIRO: Aprobar e difundir as seguintes normas para a cobranza en período voluntario dos tributos e prezos públicos delegados.
- FORMAS E LUGARES DE INGRESO:
- O ingreso poderá realizarse a través da Oficina Virtual Tributaria da Deputación Pontevedra – ORAL (https://ovt.depo.gal).
- Na caixa de calquera das entidades colaboradoras (Abanca, BBVA, CaixaBank, Ibercaja Banco, Sabadell, Banco Santander e Unicaja Banco), tamén en caixeiro automático, por internet (se a entidade colaboradora elixida dispón deses servizos), mediante xiro postal en CORREOS e, tamén, con Bizum e con tarxeta na rede de oficinas do ORAL.
- ENVÍO DE DOCUMENTOS DE INGRESO: Os documentos de ingreso dos recibos non domiciliados en entidades financeiras enviaranse por correo postal ordinario ao domicilio único de cada contribuínte. Este envío non ten carácter de notificación. A non recepción dos
documentos de ingreso no domicilio do contribuínte non exime a este da súa obriga de pago. Se algunha persoa contribuínte non recibe no seu domicilio algún dos documentos de ingreso que precisa, poderá obtelo a través da Oficina Virtual Tributaria (https://ovt.depo.gal), chamando ao Centro de Atención Telefónica do ORAL nos teléfonos 886 211 400 e 886 211 420 ou de xeito presencial en calquera das nosas oficinas.
- REFERENCIAS DE COBRO: Os documentos de ingreso inclúen dúas referencias de cobro con importes diferentes: A primeira é válida durante o período voluntario de pago que se indica no recibo. A segunda é válida a partir do día seguinte ao remate do período voluntario de pago, e o importe que ten asociado inclúe o principal da débeda e a recarga executiva do 5%. Pasada a data de caducidade da segunda referencia xa non se poderán utilizar estes documentos para realizar o ingreso da débeda, polo que deberán descargarse outros a través da Oficina Virtual Tributaria (https://ovt.depo.gal), chamando ao Centro de Atención Telefónica do ORAL nos teléfonos 886 211 400 e 886 211 420 ou de xeito en calquera das nosas oficinas.
- CARGOS DE DOMICILIACIÓNS: Os recibos que figuren correctamente domiciliados faranse chegar ás respectivas entidades financeiras para que sexan cargados nas contas dos seus clientes o día indicado para cada tributo no calendario fiscal.
- ADVERTENCIA LEGAL: O vencemento do prazo de ingreso en período voluntario sen que se teña satisfeita a débeda determinará o inicio do procedemento de prema e a esixencia da
recarga e dos xuros de demora que en cada momento correspondan. Tamén se liquidarán e esixirán ao debedor as custas regulamentarias orixinadas do dito procedemento.
O Tesoureiro
(Asinado dixitalmente ao marxe)