Concesión administrativa para uso privativo da explotación da tasca do Muíño de Daniel O Ferreiro

Data de publicación :
21 Maio, 2026

OUTROS DOCUMENTOS, NOTIFICACIÓNS E INFORMACIÓNS PÚBLICAS 

INICIO DO EXPEDIENTE DE CONCESIÓN ADMINISTRATIVA DE USO PRIVATIVO DUN BEN DE DOMINIO PÚBLICO PARA A EXPLOTACIÓN DA TASCA NO MUIÑO DENOMINADO “MUIÑO DE DANIEL O FERREIRO” EN RÉXIME DE CONCORRENCIA.  

Instruído polos servizos municipais o expediente de concesión administrativa de uso privativo dun ben de dominio público para a explotación da tasca no muíño denominado “Muíño de Daniel O Ferreiro” en réxime de concorrencia;  sométese, ao abeiro do artigo 87.4  do Regulamento de Bens das Entidades Locais, aprobado por Real Decreto 1372/1986, de 13 de xuño, a documentación que integra o proxecto, que servirá de base para a concesión administrativa de referencia, xunto cos Pregos de cláusulas económico-administrativas particulares e de prescricións técnicas, a información pública mediante anuncio publicado no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, na páxina web e no Taboleiro de Edictos do Concello, durante o prazo de trinta días hábiles,  a efectos de reclamacións e suxestións. O devandito expediente estará a disposición dos/as interesados/as  no  Portal de transparencia habilitado na sede electrónica  no  enderezo hhttps://concellodemeano.sedeelectronica.gal/transparency  do Concello de Meaño.

En Meaño, o alcalde Carlos Vieitez Fernández

Documento asinado e datado dixitalmente ao marxe

Documentos do Anuncio
Compartir: