SUBVENCIONS E AXUDAS
BASES DO CONCURSO DE NOVOS INTERPRETES “JORGE DOMÍNGUEZ” XV EDICION.
A Xunta de Goberno Local, en sesión extraordinaria e urxente de data 28 de novembro de 2025, acordou aprobar as BASES DO CONCURSO NOVOS INTERPRETES “JORGE DOMÍNGUEZ”; mediante o presente anuncio procedese a súa convocatoria; tendo en conta que o prazo de presentación de solicitudes será de dez días habiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra:
“ BASES do Concurso de Novos Intérpretes “Jorge Domínguez”
Primeira.- OBXECTO E FINANCIAMENTO
O Concello de Meaño a través da Escola de Música Municipal de Meaño organiza o Concurso Novos Intérpretes “Jorge Domínguez” edición XV.
É obxecto das presentes bases regular a convocatoria pública por parte do Concello de Meaño para a tramitación e concesión de premios do Concurso Novos Intérpretes “Jorge Domínguez”, mediante o procedemento ordinario en réxime de concorrencia competitiva.
A tramitación deste expediente levarase mediante o procedemento anticipado de gasto e esta condicionado a existencia de crédito adecuado e suficiente no orzamento do Concello para o ano 2026, con cargo á aplicación orzamentaria 334-48002 por un importe estimado de 555,00 €.
Segunda.-REQUISITOS PARA A PARTICIPACIÓN NO CONCURSO:
Poderán participar neste concurso o alumnado da Escola Municipal de Música, matriculados/as no curso 2025-2026 en calquera das súas especialidades instrumentais sempre que cumpran os seguintes requisitos:
– Ter unha idade máxima de 18 anos anos (nados a partir do 01/01/2008)
-Que non concorra nos mesmos ningunha das circunstancias previstas no artigo 13.2 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións.
Os requisitos de participación non serán emendables fora do prazo de presentación de solicitudes de participación.
Terceira.- SOLICITUDES DE PARTICIPACIÓN
As persoas que desexen participar no presente concurso deberán de presentar a súa solicitude de participación no Rexistro Xeral do Concello de Meaño ou na Sede Electrónica do Concello de Meaño, dirixido a Escola Municipal de Música, no prazo de DEZ (10) días hábiles contados dende o seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.
A solicitude de participación deberá de ir acompañada de:
-copia do DNI ou certificado de nacemento, para acreditar a idade do participante.
– copia da partitura que se interpretará na fase eliminatoria (Fase I).
-declaración responsable de estar ao corrente nas obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria, coa Axencia Tributaria de Galicia, coa Seguridade Social e co Concello de Meaño.
Se a solicitude remitida, acompañada da documentación, non reunise os requisitos da convocatoria ou calquera dos previstos no artigo 66 da Lei 39/2015,do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, requirirase ao interesado para que, nun prazo de CINCO (5) días hábiles, emende as faltas ou presente os documentos preceptivos, indicando que, en caso de non facelo, terase por desistido, arquivándose sen máis trámites.
As copias das partituras da fase final serán entregadas ó director da Escola de Música Municipal de Meaño, por aqueles aspirantes que superen a Fase Inicial ( Fase I), no prazo de 5 días hábiles dende o seguinte á data en que se den a coñecer os resultados da Fase I (parte de instrumento e de piano se é necesario pianista acompañante).
Cuarta. CATEGORÍAS CONVOCADAS
No Concurso de Novos Intérpretes “Jorge Domínguez- XV edición” convócanse as seguintes categorías de premios:
–MINI: Poderá participar o alumnado de primeiro ano de instrumento.
-INFANTIL: Poderá participar o alumnado nado entre os anos 2016 e 2014 (inclusive)
-XUVENIL: Poderá participar o alumnado nado entre os anos 2013 e 2011 (inclusive)
-SÉNIOR: Poderá participar o alumnado nado entre os anos 2010 e 2008 (inclusive)
Quinta.-PROCEDEMENTO PARA A CONCESIÓN DOS PREMIOS
1º.- Unha vez rematado o prazo de presentación de instancias comprobarase que todos os/as aspirantes cumpren os requisitos de participación e publicarase a resolución na que se aprobará a listaxe de participantes admitidos/as e excluídos/as en cada categoría.
2º.- Para os/as aspirantes admitidos/as a participar no concurso se establecen as seguintes fases:
-Fase I, ELIMINATORIA: Cada participante admitido/a terá que interpretar un estudio, unha obra ou parte dela para o seu instrumento, sen acompañamento de piano, cunha duración aproximada de 2 minutos.
Nesta fase elixiranse un total de 3 aspirantes por cada categoría (Infantil, Xuvenil e Sénior) atendendo á maior puntuación obtida.
A categoría MINI so constará desta fase, dándose a coñecer os resultados o remate da mesma.
-Fase II, FINAL: Nesta fase os tres participantes de cada (categoría Infantil, Xuvenil e Sénior) seleccionados atendendo á puntuación obtida na Fase I para acudir á fase FINAL, terán que interpretar unha obra enteira ou parte dela para o seu instrumento cunha duración mínima de:
- 2 minutos na Categoría Infantil,
- 4 minutos na Xuvenil,
- 6 minutos na Sénior.
As obras que se interpreten na FASE II Final deberán ser diferentes á obra da primeira fase ( Fase I) e contarán con acompañamento de piano se o precisa.
Sexta.- XURADO E VALORACIÓN
A valoración das interpretacións dos aspirantes realizarase por un xurado.
Na Fase Eliminatoria o xurado estará formado, na súa maioría, por Mestres/as da Escola de Música Municipal de Meaño podendo formar parte músicos profesionais convidados. Na fase Final o xurado estará, na súa maioría ou totalidade, por músicos profesionais convidados alleos á Escola de Música e o seu alumnado para unha maior imparcialidade.
A valoración do xurado atenderá ós seguintes criterios xerais de valoración:
-a calidade e talento na interpretación,
-a capacidade e madurez musical e escénica do intérprete
– a solvencia técnica e son das obras escollidas
As obras elixidas polos intérpretes deberán ser axeitadas á súa capacidade-nivel.
Establécense, así mesmo, os seguintes criterios específicos e de puntuación
-Apartados Categoría MINI e INFANTIL: Ritmo, Notas-Técnica, Articulación, Son, Musicalidade.
Puntuación Categoría MINI e INFANTIL de 0 a 50 puntos
-Apartados Categoría XUVENIL e SÉNIOR: Ritmo, Notas-Técnica, Articulación, Son, Dinámicas, Estilo e Fraseo.
Puntuación Categoría XUVENIL e SÉNIOR de 0 a 70 puntos
O xurado formulará proposta de outorgamento de premios atendendo á valoración realizada para cada categoría.
Sétima.- PREMIOS
O importe total dos premios conceder é de 555 €, establecéndose tres premios por cada categoría, segundo se indica a continuación:
| PREMIOS | Categoría MINI | Categoría INFANTIL | Categoría XUVENIL | Categoría SENIOR |
| 1º Premio “Garrapatea” |
Diploma acreditativo e
Lote material Musical valorado en 50€ |
Diploma acreditativo e
Lote material Musical valorado en 75€ |
Diploma acreditativo e
Lote material Musical valorado en 75€ |
Diploma acreditativo e
Lote material Musical valorado en 75€ |
| 2º Premio “Fusa” |
Diploma acreditativo e
Lote material Musical valorado en 40€ |
Diploma acreditativo e
Lote material Musical valorado en 40€ |
Diploma acreditativo e
Lote material Musical valorado en 40€ |
Diploma acreditativo e
Lote material Musical valorado en 40€ |
| 3º Premio
“Semicorchea” |
Diploma acreditativo e
Lote material Musical valorado en 30€ |
Diploma acreditativo e
Lote material Musical valorado en 30€ |
Diploma acreditativo e
Lote material Musical valorado en 30€ |
Diploma acreditativo e
Lote material Musical valorado en 30€ |
Oitava.-. DATAS E LUGAR DE CELEBRACIÓN
-FASE I celebrarase na Sala Strauss da Casa da Música de Meaño, na data (prevista o 24/01/2026) e hora que para cada categoría se sinale xunto coa listaxe de admitidos/as ao concurso. Esta Fase non será aberta ao publico.
-FASE II celebrarase no salón de actos do Centro Social de Dena, sendo un concerto aberto ó público.
A data ( prevista o 29/03/2026) e hora publicarase xunto co resultado da FASE I.
Novena.- RESOLUCIÓN DO PROCEDEMENTO.
No caso de non ter autorizado a consulta ó Concello de Meaño, os proxenitores das persoas propostas polo xurado deberán achegar, no prazo máximo de 10 días hábiles, a contar dende o seguinte ao da publicación do anuncio do xurado de valoración do resultado da Fase II- FINAL certificados acreditativos de atoparse ao corrente das obrigas tributarias para percibir axudas públicas coa AEAT, coa ATRIGA, coa Seguridade Social e co Concello de Meaño.
A proposta formulada polo xurado someterase á aprobación da Xunta de Goberno Local de Meaño que resolverá o procedemento.
Dito acordo de concesión de premios será obxecto de publicidade na sede electrónica do Concello de Meaño.
Décima.- COMPATIBILIDADE DAS SUBVENCIÓNS. CONTÍA MÁXIMA. PRELACIÓN NA CONCESIÓN NO SUPOSTO DE PRESENTARSE MÁIS DUNHA SOLICITUDE DE ACTIVIDADE
Os premios a que se refire esta convocatoria son compatibles coa percepción doutras subvencións, axudas ou ingresos procedentes de calquera das administracións e entes públicos ou privados ou persoas físicas.
Undécima.- OBRIGAS DOS BENEFICIARIOS.
As persoas beneficiarias dos premios deberán cumprir coas obrigas da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións e o previsto nas presentes Bases reguladoras.
Duodécima.- OUTRAS DISPOSICIÓNS
-A orden de participación será alfabeticamente comezando pola letra “F”
-Os/as gañadores/as do primeiro premio da anterior edición non poderán acceder á fase final na presente edición, pero poderán participar na fase eliminatoria.
Unicamente poderán acceder á final no suposto de cambio de categoría respecto da edición anterior.
-A Escola de Municipal de Música de Meaño proporcionará pianista acompañante para os/as participantes que así o soliciten e os ensaios serán nos horarios establecidos pola escola para este evento.
-O/a participante que non respecte os horarios, orden de participación, a duración das obras ou non entregue correctamente as partituras, terá unha penalización de 5 puntos na valoración obtida.
-O/a participante que non cumpra as bases será descualificado do concurso.
Decimoterceira.- Publicidade:
As presentes bases reguladoras publicaranse no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPP) e remitirase a convocatoria á Base Nacional de Subvencións (BDNS), que será quen lle dea traslado ao BOPP do extracto desta, sen prexuízo da súa inserción na páxina web e no taboleiro de anuncios do Concello.
SOLICITUDE DE PARTICIPACIÓN – Concurso Novos Intérpretes “Jorge Domínguez” Edición XV
Datos da/o solicitante (pai/nai/titor legal):
| Nome: | Apelidos: | |
| DNI: | Con enderezo no lugar/rúa de: | |
| Nº: | Parroquia de: | Concello: |
| Provincia: | C.P.: | Teléfono: |
Datos do cónxuxe ou parella:
| Nome: | Apelidos: | |
| DNI: | Con enderezo no lugar/rúa de: | |
| Nº: | Parroquia de: | Concello: |
| Provincia: | C.P.: | Teléfono: |
Datos da/o participante (Alumna/o)
| Nome: | Apelidos: | |
| DNI: | Data de Nacemento: | Instrumento: |
Así mesmo, e por medio desta autorización, acepto as bases do presente concurso e manifesto a miña total conformidade, sen reservas, ao exposto nas mesmas.
Manifesto que o/a menor participante:
– Cumpre os requisitos contemplados na normativa aplicable á presente subvención e nas súas bases reguladoras.
DECLARO responsablemente que o/a SOLICITANTE (pai/nai/titor legal), se atopa ao corrente nas obrigas tributarias para percibir axudas públicas coa AEAT, coa ATRIGA, coa Seguridade Social e co Concello de Meaño.
E xunto coa presente aporto a seguinte documentación:
-DNI do/a menor
-Partitura elixida para a FASE I – ELIMINATORIA:__________________________________________________
AUTORIZO, no caso de ser proposto como beneficiario/a do premio, a que o Concello de Meaño consulte estar ó corrente das obrigas tributarias para percibir axudas públicas:
(Marcar x) AEAT □ ATRIGA □ Seguridade Social □ Concello de Meaño□
Polo que SOLICITO a sua inscrición no Concurso de Novos Intérpretes “Jorge Domínguez” Edición XV.
En Meaño, a _______ de ______________________________________ de 2025
Asdo. Solicitante______________ Asdo. Cónxugue ou parella_______________
Protección de Datos Responsable do tratamento Concello de Meaño con domicilio en Rúa Campo da Feira, 1, Meaño CP 36968, Pontevedra ou concellodemeano@ concellodemeano.com – Consellería Educación
Finalidades do tratamento Os datos recollidos seran necesarios para a promoción da educación, a cultura, e as actividades deportivas, así como para o desenvolvemento das actividades nas que se rexistra.
Lexitimación Consentimento explicito do propio interesado. Servizo prestado.
Destinatarios Os datos recollidos neste documento, así como os relativos ás imaxes obxecto de autorización, poderán ser comunicados aos diferentes órganos da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia. As imaxes poderán ser publicadas, coa mesma finalidade, a través dos medios detallados anteriormente.
Exercicio de Dereitos Poderán exercitar os seus dereitos de acceso, rectificación, supresión e oposición, limitando o tratamento de datos por escrito e anexando o seu DNI a esta dirección Rúa Campo da Feira , 1 Meaño CP 36968, Pontevedra ou o seguinte correo electrónico concellodemeano@concellodemeano.com.
Categoría de datos que se traten: Identificación nome e apelidos, NIF, enderezo postal, números de teléfono, correo electrónico, sinatura e imaxe;
Contacto coa persoa delegada de protección de datos e máis información: www.meano.gal
”
En Meaño, o alcalde Carlos Vieitez Fernández
Documento asinado e datado dixitalmente ao marxe