Contratación do Servizo de Axuda no Fogar

Data de publicación :
21 Novembro, 2025
A. PODER ADXUDICADOR
Administración contratante Concello de Meaño
Órgano de Contratación Pleno, a competencia se atopa delegada na Xunta de Goberno Local mediante acordo adoptado polo pleno de Corporación na sesión extraordinaria do 06.07.2023 (publicado no BOP nº 140 de data 20.07.2023). Disposición adicional segunda da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de Contratos do Sector Público e artigo 22.4 da Lei 771985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local.
Responsable do contrato O Alcalde

Supervisión da execución do contrato a traballadora social do Concello de Meaño

Publicidade: Plataforma de Contratos Públicos de Galicia
Perfil de Contratación: Integrado na Plataforma de Contratos Públicos de Galicia (http://www.contratosdegalicia.es)
Dirección do órgano de contratación Rúa Campo da Feira nº 1 (Meaño)
Correo electrónico do órgano de contratación

 

concellodemeano@concellodemeano.com
Sede electrónica concellodemeano.sedelectronica.gal
Teléfono/Fax 986-747102  986-747391
B. PROCEDEMENTO DE ADXUDICACIÓN, TRAMITACIÓN DO EXPEDIENTE E FORMA DE PRESENTACIÓN DE OFERTAS
Tipo de contrato Servicios
Contrato suxeito a regulación harmonizada: NO (Artigo 22 Lei 9/2017, do 8 de novembro, de Contratos do Sector Público)
Cabe recurso especial SI (Artigo 44 Lei 9/2017, do 8 de novembro, de Contratos do Sector Público)
Tramitación: ORDINARIA
Tipo de procedemento ABERTO  (Artigo 156 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de Contratos do Sector Público)
Forma e prazo de presentación de ofertas Forma: Electrónica, única e exclusivamente a través do Sistema de Licitación Electrónica da Xunta de Galicia (SILEX), segundo a cláusula 17 do PCAP.

Prazo: 20 días naturais a contar desde o seguinte á publicación no perfil do contratante do anuncio de licitación. O último día do prazo, a presentación das ofertas poderá facerse ata as 23 horas e 59 minutos. As ofertas recibidas despois de dito prazo e horario serán excluídas. Se o último día do prazo fose sábado, domingo ou festivo, o prazo rematará o inmediato día hábil seguinte.

Documentación a presentar Cláusula 15 do prego
C. DEFINICIÓN DO OBXECTO DO CONTRATO
Obxecto do contrato Prestación do servizo de axuda no fogar no concello de Meaño nos seguintes supostos:

– Prestación do servizo SAF-Dependencia  os sábados,  domingos e festivos.

– Usuarios de lista de agarda do programa SIGAD que non poidan ser cubertos co persoal contratado polo Concello.

– Cubrir con carácter inmediato posibles baixas laborais, asuntos propios, vacacións do persoal contratado polo Concello e calquera outra incidencia.

Necesidade a satisfacer Prestación dos Servizos Sociais Comunitarios Básicos, prestándolle aos cidadáns no seu domicilio un conxunto de atencións dende unha perspectiva integral e normalizadora, naquelas situacións nas que teñan limitada a súa autonomía persoal ou nos casos de desintegración familiar, facilitando a permanencia no seu propio entorno de convivencia e evitando así a súa posible institucionalización.

O concello non dispoñe de medios persoais suficientes para a prestar o servizo adaptado as necesidades das persoas todos os días da semana.

División en Lotes (artigo 99 LCSP): Non procede,  tendo en conta a natureza da prestación e para a correcta execución da mesma, non se contempla a división en lotes; en aras a acadar maior uniformidade na prestación do servizo e contar cunha maior coordinación cos servizos sociais do concello.
Código CPV 85300000-2 Servizos sociais e servizos conexos
D. ORZAMENTO BASE DE LICITACIÓN
Orzamento base de licitación 1 ano O orzamento base de licitación (gasto máximo autorizado) para este contrato calculado de conformidade co previsto no artigo 100 da LCSP queda fixado     na cantidade de 294.544,42€ (245.681,08+35.487,36) I.V.E (4%: 9.827,24+10%: 3.548,74), e demais tributos engadidos, correspondente á duración inicial do contrato (1 ano)

 

E. VALOR ESTIMADO
Valor estimado

 

 

 

De conformidade co establecido no artigo 101.2 dá LCSP, o valor estimado do contrato será o orzamento base de licitación excluído o IVE e incluíndo a posible prorroga que ascende a:

 

ANUALIDADE BI IVE TOTAL
2025 Decembro 2025 23.430,70 € 1.114,66 24.545,37 €
2026 Xaneiro a novembro 2026 257.737,74 € 12.261,31 269.999,05 €
Prorroga  decembro 2026 23.430,70 € 1.114,66 24.545,37 €
2027 Prorroga de xaneiro a novembro de 2027 257.737,74 € 12.261,31 269.999,05 €
TOTAL 562.336,88 € 26.751,96 € 589.088,84 €
F. – RÉXIME DE FINANCIAMENTO
Aplicación Orzamentaria 2313-2279901
Réxime de financiamento Fondos propios municipais, aportacións da Comunidade Autónoma e aportacións dos usuarios
G.-DURACIÓN DO CONTRATO
O prazo de duración do contrato é dun ano coa posibilidade de prórroga por un ano máis
H. DATOS DE FACTURACIÓN
Entidade contratante Concello de Meaño
Órgano de contratación Xunta de goberno Local
Código DIR3 Oficina contable: L0L1360274 -OC

Órgano Xestor: L0L1360274-OG

Unidade tramitadora: L0L1360274-UT

I. REVISIÓN DE PRECIOS De conformidade co previsto no artigo 103 da LCSP non procede a revisión de precios.
J.GARANTÍA
PROVISIONAL NON
DEFINITIVA 5%   do prezo ofertado excluído o IVE.
COMPLEMENTARIA NON
K . SOLVENCIA ECONÓMICA E FINANCIEIRA E TÉCNICA, CLASIFICACIÓN E HABILITACIÓN EMPRESARIAL
1.- Clasificación Consonte ao establecido no artigo 77.1.b da LCSP non se establece solvencia técnica ou profesional en termos de clasificación de grupo ou subgrupo posto que o obxecto do contrato non se atopa incluído en ningún grupo ou subgrupo de clasificación vixente.
2.- Solvencia: Económica e financeira:

Acreditarase mediante o volume anual de negocios do licitador, que referido ao ano de maior volume de negocio dos tres últimos anos concluídos deberá ser ao menos unha vez e media o valor  anual medio do contrato (1,5 do valor anual medio é 421.725,66 €).

O volume anual de negocios do licitador ou candidato acreditarase por medio das súas contas anuais aprobadas e depositadas   no Rexistro Mercantil, si o empresario estivera inscrito en dito rexistro, e en caso contrario polas depositadas no rexistro oficial en que deba estar inscrito. Os empresarios individuais non inscritos no rexistro Mercantil acreditarán  o seu volume anual de negocios mediante os seus libros de inventarios e contas anuais legalizados polo Rexistro Mercantil.

Por volume anual de negocios debe entenderse o importe neto que figura na conta de perdas e ganancias dos modelos regulamentarios das contas anuais establecidas na lexislación mercantil.

 

A inscrición no Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas do Sector Público, ou ben no dito Rexistro Oficial da Comunidade Autónoma de Galicia, acreditan a solvencia económico financeira, sempre que nos rexistros figuren os datos económicos requiridos.

 

Técnica e profesional

Acreditarase segundo se especifica de seguido, e considerando o disposto no artigo 90.1 da LCSP, en concreto:

Relación de traballos de igual ou similar natureza que os que constitúen o obxecto do contrato realizados nos tres últimos anos que inclúa importe, datas e destinatario dos mesmos xa sexa público ou privado.

Para determinar que un servizo é de igual ou similar natureza ao que constitúe obxecto do contrato atenderase á pertenza ao mesmo subgrupo de clasificación de uns e doutros, e nos demais casos á igualdade nos dous primeiros díxitos dos seus respectivos códigos CPV.

A estes efectos, estimarase solvente a persoa licitadora que nun dos últimos tres anos acredite ter realizados traballos cuxo importe anual acumulado no ano de maior execución sexa igual ou superior ao 70% da anualidade media do contrato (70% da anualidade media é 196.817,91 €)

Se axuntará unha relación dos principais traballos de igual ou similar natureza realizados nos últimos tres anos, que inclúa o seu importe, as datas e o destinatario, público ou privado (ANEXO III). Os servizos ou traballos efectuados acreditaranse mediante certificados expedidos ou visados polo órgano competente cando o destinatario sexa unha entidade do sector público. Cando o destinatario sexa un suxeito privado farase mediante un certificado expedido por este ou, a falta del, mediante una declaración do propio empresario/a licitador/a acompañado dos documentos que acrediten a realización da prestación.

Enténdese polos tres últimos anos o período dos tres anos anteriores á data de finalización do prazo de presentación de ofertas, incluíndo o día de finalización.

3.-Habilitación empresarial: É requisito para participar na  licitación que as empresas estean rexistradas como entidades prestadoras de servizos sociais  na  Xunta  de  Galicia no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS)  e  contar  con  todas as  autorizacións  e habilitacións  esixidas  na  Lei  13/2008  de  servizos  sociais  de  Galicia
L.-CRITERIOS DE VALORACIÓN DAS OFERTAS
a) Redución precio/hora: ata un máximo de 49 puntos

As ofertas valoraranse obxectivamente atendendo a criterios de proporcionalidade matemática. Tomarase como referencia para o cálculo o prezo/hora ofertado sen ter en conta o IVE que será o que resulte de aplicación segundo a lexislación vixente.

Outorgarase a máxima puntuación establecida en cada apartado á empresa que menor importe do prezo ofreza para a execución do contrato e o resto distribuirase proporcionalmente con arranxo ás seguintes fórmulas matemáticas:

 

a.1.) SAF Horas ordinarias dependencia/ SAF Horas ordinarias Libre Concorrencia : P = 39 x menor prezo ofertado entre todos/Oferta licitador

a.2.) SAF Horas extraordinarias: P = 10 x menor prezo ofertado entre todos/Oferta licitador

 

A puntuación total do criterio “oferta económica” será o resultado da suma da puntuación obtida nas fórmulas a.1e a.2.

 

b) Formación anual da plantilla asignada ao SAF do Concello de Meaño: ata un máximo de 12 puntos.

 

La puntuación se asignará en función dos cursos de formación que el licitador ofreza o seu persoal, mediante un compromiso de formación coio cumprimento debe ser acreditado anualmente, mediante a presentación da documentación que xustifique o compromiso asumido. Cada curso formativos deben ter una duración mínima de 15 horas.

 

Este criterio valorarase cun máximo de 12 puntos, tendo en conta a seguinte táboa:

4 cursos anuais       12 puntos

3 cursos anuais       9 puntos

2 cursos anuais       6 puntos

1 curso anual    3 puntos

 

Os cursos de formación deben versar sobre:

a.- Materias específicas tales como:  atención socio-sanitaria a persoas dependentes, coidados auxiliares de axuda a domicilio, mobilización de persoas dependentes, habilidades sociais para traballar con persoas dependentes, enfermidade mental

b.- Materias transversais tales como: Protección de datos, manipulación de alimentos, prevención de resgos laborales.

 

c) Redución do prazo da prestación do servizo,  ata un máximo de 11 puntos.

Segundo recolle o prego de condicións técnicas entre as “obrigas da empresa adxudicataria” esta “Deberá iniciar o servizo de SAF como máximo nos 7 días naturais seguintes á comunicación por parte de Servizos Socias do Concello de Meaño. No caso de servizos valorados como urxentes, o prazo de inicio será no máximo das 24 horas seguintes á comunicación por parte de Servizos Sociais do Concello de Meaño.”

b. 1.) Redución do prazo xeral: por cada día de redución do prazo de prestación 1 punto ata un máximo de 6 puntos.

b.2.) Redución do prazo dos servizos valorados como urxentes: 1 punto por cada tres horas de redución do tempo de resposta ata un máximo de 5 puntos.

 

d) Oferta de material complementario: ata un máximo 10 puntos

Valorarase a oferta por parte das empresas do seguinte material complementario destinado a mellorar e incrementar a calidade de vida das persoas usuarias, en concreto e exclusivamente camas articuladas, grúas de mobilización persoal e sillas de ducha-baño, segundo os seguintes criterios de puntuación.

-CAMAS ARTICULADAS (máximo 5 puntos)

1 cama: 1 punto

2 camas: 2 puntos

3 camas: 5 puntos

-GRÚAS DE MOVILIZACIÓN PERSOAL (máximo 3 puntos)

1 grúa: 1 punto

2 grúas: 2 puntos

3 grúas: 3 puntos

– SILLAS DUCHA-BAÑO (máximo 2 puntos)

2 sillas : 1 punto

3 sillas : 2 puntos

 

e) Limpeza de choque nos domicilios: ata un máximo de 10 puntos

Puntuarase 0,50 puntos por cada limpeza de choque ofertada por ano de contrato nos domicilios que determinen os Servizos Sociais do Concello.

En consecuencia, o número de limpezas de choque deberá referirse a un ano de servizo, cun máximo de 20 limpezas por ano de contrato.

 

f) Oferta horas/ano sen custo para o concello: ata un máximo de 8 puntos.

As ofertas valoraranse obxectivamente atendendo a criterios de proporcionalidade matemática.

Outorgarase a máxima puntuación establecida en cada apartado á empresa que maior número de horas oferte e o resto distribuirase proporcionalmente con arranxo ás seguintes fórmulas matemáticas:

f.1. horas ordinarias:  P = 5 x maior nº de horas ordinarias sen custe ofertadas / Oferta licitador

f.2 horas extraordinarias: P= 3x maior nº de horas extraordinarias sen custe ofertadas / Oferta licitador

A puntuación total do criterio será o resultado da suma da puntuación obtida nas fórmulas f.1 e f.2

M.-MODIFICACIÓN DO CONTRATO: SI Cláusula 26
N.-SUBROGACIÓN DO PERSOAL: SI  Cláusula 24.3.a.4
Documentos do Anuncio
Compartir: