BASES DE SELECCIÓN PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE 1 TRABALLADOR/A PARA O DEPARTAMENTO DE CULTURA, XUVENTUDE E EDUCACIÓN, PARA REALIZAR AS FUNCIÓNS DE INFORMADOR/A XUVENIL, DURANTE O PERÍODO DE INCAPACIDADE TEMPORAL DA TRABALLADORA SUSTITUÍDA.
PRIMEIRA: Obxecto.
As presentes Bases regulan o procedemento selectivo para a contratación de 1 traballador/a para o departamento de cultura, xuventude e educación, para realizar as funcións de Informador/a Xuvenil, durante o período de baixa por Incapacidade Temporal da traballadora sustituida.
O contrato a empregar será o de duración determinada na modalidade de “sustitución de persoa traballadora”, regulada no artigo 15 de Real Decreto Lexislativo 2/2025, de 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto dos traballadores.
A xornada de traballo será á tempo completo.
Segundo o establecido na RPT para o posto de Informador xuvenil as función que levará a cabo o/a traballador/a que se contrate serán:
- Colaborar no deseño, así como a materialización e desenvolvemento práctico das actividadese actuacións desenvolvidas pola unidade, no eido da promoción cultural e xuvenil, todo ilo dentro da súa capacitación profesional e baixo as directrices directas da concellaría responsable.
- Seguimento operativo daquelas actividades que dende a unidade se poñan en marcha, garantindo o seu adecuado desenvolvemento.
- Colaborar na incentivación e organización da participación veciñal nos programas e/ou actividades culturais do concello.
- Emisión de informes, dentro do seu eido competencial, e no marco da súa capacitación profesional.
- Dar información, orientación e asesoramento sobre temas de interese dentro do seu eido competencial.
- Tramitación de solicitudes e programas culturais da Xunta de Galicia, Deputación de Pontevedra e doutras Administracións Públicas.
- Programar e participar nas actividades de animación á lectura ou doutra índole e propios do seu eido competencial.
- Xestión de proxectos e subvencións propios deste eido competencial.
- Colaborar na xestión e tramitación de axudas económicas relacionadas co seu eido competencial.
- Colaborar naquelas actividades propias do seu eido competencial que ocasionalmente se celebran en fins de semana.
- Prestar colaboración e asistencia técnica, por necesidade ou requerimento, naqueles outros asuntos que entren dentro da súa capacitación profesional.
- Calquera outra, propia da súa capacitación profesional, e vinculada co eido competencial no que se integra.
SEGUNDA: Procedemento de selección
Consultado na Oficina de Emprego de Cambados, sobre a ocupación máis axeitada para exercer as funcións de “informador/a xuvenil” á vista de que esta non consta na descrición dos códigos CNO, dende o Concello de Meaño será remitida unha oferta de emprego ocupación “educador social” código CNO 28241056, á Oficina de Emprego de Cambados, a cal remitirá ao Concello de Meaño unha relación de candidatos preseleccionados pola mesma, sendo esta oficina a responsable de preseleccionar aos candidatos que cumpran os requisitos sinalados na oferta.
A selección dos candidatos preseleccionados polo Servizo Público de Emprego realizarase polo Concello de Meaño polo sistema de concurso de méritos, atendendo ao curriculums vitae que, para cada aspirante preseleccionado, lle remita a Oficina de Emprego de Cambados.
TERCEIRA: Requisitos dos aspirantes preseleccionados polo Servizo Público de Emprego.
Para ser preseleccionados polo Servizo Público de Emprego, os/as aspirantes deberán cumprir os seguintes requisitos:
- a) Ter a nacionalidade española, sen perxuízo do disposto no artigo 57 do RD Lexislativo 5/2015 no que respecta ao acceso ao emprego público dos nacionais doutros estados.
- b) Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas do posto de educador/a xuvenil.
- c) Ter cumpridos dezaseis anos e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa. Só por lei poderá establecerse outra idade máxima, distinta da idade de xubilación forzosa, para o acceso ao emprego público.
- d) Non estar separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala de funcionario, ou para exercer funcións similares ás que desempeñaban no caso de persoal laboral, no que fose separado ou inhabilitado ou en situación equivalente nin ser sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao emprego público.
- e) Estar en posesión dunha titulación de grao universitario ou equivalente.
- f) Carecer de antecedentes penais de natureza sexual.
- g) Non padecer enfermidade ou defecto físico que o imposibilite para o desempeño das funcións correspondente o posto.
Os aspirantes deberán posuir e acreditar todos os requisitos esixidos no apartado anterior na data de formalización da súa contratación.
CUARTA: Selección dos aspirantes:
Establecese como sistema de selección o de concurso, no que se valorarán os méritos que figuran nos curriculums remitidos polo Servizo Público de Emprego para cada aspirante, con arreglo aos seguintes criterios:
1.- por ter experiencia laboral como Informador/a xuvenil , Educador/a social, Técnico/a superior administración pública ou similar en Administracións Públicas……………………0,10 puntos por cada mes traballado cun máximo de 2,50 puntos. Non se terán en conta períodos inferiores ao mes.
2.- por ter experiencia laboral como técnico de cultura, de xuventude, de educación ou similar en Administracións Públicas……………………0,10 puntos por cada mes traballado cun máximo de 2,50 puntos. Non se terán en conta períodos inferiores ao mes.
3.- por ter experiencia laboral como monitor/a tempo libre…………0,05 puntos por cada mes traballado cun máximo de 1,00 puntos. Non se terán en conta períodos inferiores ao mes.
4.- por estar en posesión dalgunha titulación superior e distinta da que se teña en conta como requisito de participación…………….0,50 puntos por cada titulación ate un máximo de 1,50 puntos.
5.- por cursos realizados na área de cultura, xuventude ou educación……………………0,10 puntos por cada curso ate un máximo de 1,00 puntos.
A puntuación máxima do proceso selectivo será de 5 puntos.
No caso de empate entre dous ou mais aspirantes, o mesmo desfarase atendendo aos seguintes criterios:
1º.- maior puntuación no apartado de experiencia laboral.
2º.- maior puntuación no apartado de titulación.
3º.- maior puntuación en cursos.
En caso de persistir o empate este desfarase mediante sorteo.
O tribunal ordeará os aspirantes de maior a menor puntuación e proporá a Alcaldía a contratación do/a aspirante coa maior puntuación.
No taboleiro de anuncios e na páxina web do Concello publicarase a relación de candidatos/as, as puntacións obtidas, ordeados de maior a menor puntuación e a proposta contratación.
Os aspirantes disporán dun prazo de 1 día hábil para formular alegacións as puntuacións obtidas.
QUINTA: Comisión de valoración-Tribunal
Estará integrado polos seguintes membros:
– Presidenta: M.ª del Mar Pereira García, técnico de xestión do Concello de Meaño.
– Secretaria: Isabel Amil Núñez, axente de emprego do Concello de Meaño
– Vocais:
- Maria Ribadomar Blanco, Mestra da Escola Infantil de 0-3 anos do Concello de Meaño
- Maria Helena García González, Mestra da Escola Infantil do Concello de Meaño
– Evangelina Vea Espiña, Arquitecta técnica do Concello de Meaño
Suplente: Beatriz Fernández de Castro García, Secretaria-interventora do Concello de Meaño.
SEXTA: Protección Datos
Os datos persoais que nos faciliten serán tratados para o proceso de selección realizado polo Concello de Meaño durante a duración do mesmo, baixo os requisitos do Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello do 27 de abril de 2016 relativo á protección das persoas fisicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e a libre circulación destes datos.
Neste sentido, informase que os seus datos persoais unicamente serán tratados para facerlle partícipe do proceso de selección de persoal realizado polo CONCELLO DE MEAÑO levando a cabo unha análise do perfil do solicitante co obxectivo de seleccionar ao mellor candidato para a posto vacante. Non se realizarán cesións de datos a terceiros nin transferencias internacionais de datos.
Poderá exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, supresión e oposición, limitación do tratamento e portabilidade de datos dirixíndose por escrito e achegando o seu DNI, á seguinte dirección CONCELLO DE MEAÑO Rúa Campo dá Feira nº1, CP 36968, Meaño (Pontevedra) ou ben ao seguinte correo electrónico concellodemeano@concellodemeano.com.
A base xurídica deste tratamento é o teu consentimento, por tanto, no caso de que non esteas conforme con este tratamento non o poderemos incluír no proceso de selección obxecto desta convocatoria.
SÉTIMA: Chamamento e documentacion para a contratación.
Finalizado o proceso selectivo, de seguir a necesidade de contratación laboral temporal, de 1 traballador/a para o departamento de cultura, xuventude e educación, para realizar as funcións de Informador/a Xuvenil, procederase ao chamamento dos/as aspirantes segundo a maior puntuación obtida no proceso de selección.
O chamamento realizarase telefónicamente.
O/a aspirante deberá de presentar no prazo de 24 horas dende que se produza o seu chamamento a seguinte documentación para a súa contratación:
- Fotocopia compulsada do DNI.
- Declaración xurada de non ter sido separado do servizo das administracións públicas e non estar incurso nalgunha das causas de incapacidade ou incompatibilidade determinadas na lexislación vixente.
- Fotocopia da tarxeta da Seguridade Social e numero de conta bancario co código IBAN.
- Acreditación de non padecer enfermidade ou defecto físico que impida realizalas funcións propias a desenvolver. Orixinal.
- Orixinal o copia compulsada da titulación de grado universitario ou equivalente tido en conta.
-Certificado de carecer de antecedes penais de natureza sexual.
Orixinal ou copia compulsada dos méritos tidos en conta segundo o curriculum remitido polo SEPE.
En Meaño ,
O Alcalde
Carlos Vieitez Fernández
- Lista de admitidos e convocatoria dos membros do tribunal.
- Resultado do proceso selectivo.
- Anuncio estudo de alegacións a proceso de selección.