Convocatoría da Unidade Técnica Expediente 96-2023

Data de publicación :
9 Agosto, 2024

RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA

ASUNTO: CONVOCATORIA DA UNIDADE TÉCNICA PARA A VALORACIÓN DAS OFERTAS PRESENTADAS NA LICITACIÓN DA OBRA “INSTALACION DUN TOLDO PLANO PARA O CENTRO SOCIAL POLIVALENTE DE MEAÑO”
EXPEDIENTE: 96/2023

Publicada, o día 24 de xullo de 2024, no perfil do contratante do Concello de Meaño, integrado na plataforma de Contratos Públicos de Galicia (ID 823228) e na páxina Web do Concello de Meaño a convocatoria de licitación, mediante procedemento aberto simplificado abreviado, varios criterios de adxudicación, da contratación das obras de “Subministracion con instalació dun toldo plano par o Centro Social Polivalente de Meaño”, cun prazo de presentación de ofertas de 10 días hábiles contados a partires do seguinte ao da inserción do anuncio de licitación no perfil do contratante en virtude do Prego de Cláusulas administrativas particulares que rexe nesta adxudicación.

Rematando o prazo de presentación de ofertas as 10:00 horas do día 9 de agosto de 2024.

Esta Alcaldía, en uso das atribucións que lle confire a lexislación vixente, RESOLVE:

1º/ Convocar a D. Carlos Vieitez Fernandez, Alcalde- Presidente, Dª Beatriz López de Castro García, secretaria-interventora, Dª María del Mar Pereira García, Técnica de Xestión Administrativa e Dª Trinidad Lorenzo Lema, administrativa que actúa como secretaria, como membros da Unidade Técnica, para, en acto non público, a apertura e valoración das proposicións presentadas na devandita convocatoria, para as 12:40 horas do día 9 de agosto de 2024, na Casa Consistorial de Meaño.

2º/ Publicar a presente convocatoria na plataforma de Contratos Públicos de Galicia e na páxina Web do Concello de Meaño.

Mándao e asínao o alcalde, na data indicada na marxe, do que como secretario da corporación dou fe, aos exclusivos efectos do disposto no artigo 3.2 letra “e” do Real Decreto 128/2018, de 16 de marzo

Documentos do Anuncio
Compartir: