BASES DE SELECCIÓN PARA A CONTRATACIÓN DE 1 COIDADOR/A CENTRO SOCIAL, DURANTE O PERÍODO DE IT DA TRABALLADORA SUTITUIDA.
PRIMEIRA: Obxecto.
As presentes Bases regulan o procedemento selectivo para a contratación de 1 Coidador/a Centro Social durante o período de baixa por Incapacidade Temporal da traballadora sustituida.
O contrato a empregar será o de duración determinada na modalidade de “sustitución de persoa traballadora”, regulada no artigo 15 de Real Decreto Lexislativo 2/2025, de 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto dos traballadores.
A xornada de traballo será de 30 horas semanais de luns a venres de 14:30 a 20.30 horas.
SEGUNDA: Procedemento de selección
O Concello de Meaño remitirá unha oferta de emprego para a categoría profesional solicitada á Oficina de Emprego de Cambados, a cal remitirá ao Concello de Meaño unha relación de candidatos preseleccionados pola mesma, sendo esta oficina a responsable de preseleccionar aos candidatos que cumpran os requisitos sinalados na oferta.
A selección dos candidatos preseleccionados polo Servizo Público de Emprego realizarase polo Concello de Meaño polo sistema de concurso de méritos, atendendo ao curriculums vitae que, para cada aspirante preseleccionado, lle remita a Oficina de Emprego de Cambados.
TERCEIRA: Requisitos dos aspirantes preseleccionados polo Servizo Público de Emprego.
Para ser preseleccionados polo Servizo Público de Emprego, os/as aspirantes deberán cumprir os seguintes requisitos:
- a) Ter a nacionalidade española, sen perxuízo do disposto no artigo 57 do RD Lexislativo 5/2015 no que respecta ao acceso ao emprego público dos nacionais doutros estados.
- b) Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas do posto de coidador/a centro social.
- c) Ter cumpridos dezaseis anos e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa. Só por lei poderá establecerse outra idade máxima, distinta da idade de xubilación forzosa, para o acceso ao emprego público.
- d) Non estar separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala de funcionario, ou para exercer funcións similares ás que desempeñaban no caso de persoal laboral, no que fose separado ou inhabilitado ou en situación equivalente nin ser sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao emprego público.
- e) estar en posesión do título de Graduado ESO, equivalente ou superior.
- f) estar en posesión dalgunha das seguintes titulacións:
– Auxiliar de clínica, ou equivalente.
– Técnico de atención sociosanitaria a persoas en situación de dependencia.
-Certificado de profesionalidade de auxiliar de axuda en institucións
-Técnico medio de coidados auxiliares en enfermería ou equivalente.
- g) estar en posesión do carnet de manipulador de alimentos.
- h) carecer de antecedentes penais de natureza sexual.
- i) non padecer enfermidade ou defecto físico que o imposibilite para o desempeño das funcións correspondente o posto.
Os aspirantes deberán posuir e acreditar todos os requisitos esixidos no apartado anterior na data de formalización da súa contratación.
CUARTA: Selección dos aspirantes:
Establecese como sistema de selección o de concurso, no que se valorarán os méritos que figuran nos curriculums remitidos polo Servizo Público de Emprego para cada aspirante, con arreglo aos seguintes criterios:
1.- por ter experiencia laboral como coidador/a de axuda no fogar ou en institucións……………………0,10 puntos por cada mes traballado cun máximo de 2,50 puntos. Non se terán en conta períodos inferiores ao mes.
2.- por ter experiencia laboral como auxiliar de clínica ou enfermeria……………………0,10 puntos por cada mes traballado cun máximo de 2,50 puntos. Non se terán en conta períodos inferiores ao mes.
3.- por ter experiencia laboral como monitor/a tempo libre…………0,05 puntos por cada mes traballado cun máximo de 1,00 puntos. Non se terán en conta períodos inferiores ao mes.
4.- por estar en posesión dalgunha titulación das referidas na base Terceira f) e distinta da que se teña en conta como requisito de participación…………….0,50 puntos por cada titulación ate un máximo de 1,50 puntos.
5.- por cursos realizados na área de atención sociosanitaria ou prevención de riscos laborais……………………0,10 puntos por cada curso ate un máximo de 1,00 puntos.
A puntuación máxima do proceso selectivo será de 5 puntos.
No caso de empate entre dous ou mais aspirantes, o mesmo desfarase atendendo aos seguintes criterios:
1º.- maior puntuación no apartado de experiencia laboral.
2º.- maior puntuación no apartado de titulación.
3º.- maior puntuación en cursos.
En caso de persistir o empate este desfarase mediante sorteo.
O tribunal ordeará os aspirantes de maior a menor puntuación e proporá a Alcaldía a contratación do/a aspirante coa maior puntuación.
No taboleiro de anuncios e na páxina web do Concello publicarase a relación de candidatos/as, as puntacións obtidas, ordeados de maior a menor puntuación e a proposta contratación.
Os aspirantes disporán dun prazo de 1 día hábil para formular alegacións as puntuacións obtidas.
QUINTA: Comisión de valoración-Tribunal
Estará integrado polos seguintes membros:
– Presidenta: M.ª del Mar Pereira García, técnico de xestión do Concello de Meaño.
– Secretaria: Isabel Amil Núñez, axente de emprego do Concello de Meaño
– Vocais:
- Sheila Maria Barreiro Bouzada, Auxiliar administrativa de Servizos Sociais do Concello de Meaño
- Alejandra Rodriguez Cortegoso, Auxiliar administrativa do Concello de Meaño
-Pastora Castro Lema, funcionaria do Concello de Meaño
Suplente: Trinidad Lorenzo Lema, funcionaria do Concello de Meaño.
SEXTA: Protección Datos
Os datos persoais que nos faciliten serán tratados para o proceso de selección realizado polo Concello de Meaño durante a duración do mesmo, baixo os requisitos do Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello do 27 de abril de 2016 relativo á protección das persoas fisicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e a libre circulación destes datos.
Neste sentido, informase que os seus datos persoais unicamente serán tratados para facerlle partícipe do proceso de selección de persoal realizado polo CONCELLO DE MEAÑO levando a cabo unha análise do perfil do solicitante co obxectivo de seleccionar ao mellor candidato para a posto vacante. Non se realizarán cesións de datos a terceiros nin transferencias internacionais de datos.
Poderá exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, supresión e oposición, limitación do tratamento e portabilidade de datos dirixíndose por escrito e achegando o seu DNI, á seguinte dirección CONCELLO DE MEAÑO Rúa Campo dá Feira nº1, CP 36968, Meaño (Pontevedra) ou ben ao seguinte correo electrónico concellodemeano@concellodemeano.com.
A base xurídica deste tratamento é o teu consentimento, por tanto, no caso de que non esteas conforme con este tratamento non o poderemos incluír no proceso de selección obxecto desta convocatoria.
SÉTIMA: Chamamento e documentacion para a contratación.
Finalizado o proceso selectivo, de seguir a necesidade de contratación laboral temporal, de 1 coidodor/a centro social, procederase ao chamamento dos/as aspirantes segundo a maior puntuación obtida no proceso de selección.
O chamamento realizarase telefónicamente.
O/a aspirante deberá de presentar no prazo de 24 horas dende que se produza o seu chamamento a seguinte documentación para a súa contratación:
- Fotocopia compulsada do DNI.
- Declaración xurada de non ter sido separado do servizo das administracións públicas e non estar incurso nalgunha das causas de incapacidade ou incompatibilidade determinadas na lexislación vixente.
- Fotocopia da tarxeta da Seguridade Social e numero de conta bancario co código IBAN.
- Acreditación de non padecer enfermidade ou defecto físico que impida realizalas funcións propias a desenvolver. Orixinal.
- Orixinal o copia compulsada do título de Graduado ESO, equivalente ou superior.
– orixinal ou copia compulsada da titulación na rama sociosanitaria.
-Certificado de carecer de antecedes penais de natureza sexual.
Orixinal ou copia compulsada dos méritos tidos en conta segundo o curriculum remitido polo SEPE.
En Meaño ,
O Alcalde
Carlos Vieitez Fernández