Convocatoria formación bolsa emprego limpiador-a

Data de publicación :
25 Marzo, 2025

PERSOAL-OPOSICIÓNS

ANUNCIO DE CONVOCATORIA PARA A FORMACIÓN DE BOLSA DE EMPREGO.

Aprobadas mediante Resolución da Alcaldía, de 18 de marzo de 2025, as Bases de selección para a formación dunha bolsa de emprego para realizar con carácter temporal as funcións do posto de  LIMPADOR/A do Concello de Meaño.

Sistema de selección: Concurso-Oposición, segundo se establece nas bases reguladoras da convocatoria.

Prazo de presentación de instancias: 5 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.

As bases e modelos de solicitude poderán consultarse no taboleiro de anuncios da Casa Consistorial e no taboleiro de anuncios da páxina web oficial do Concello de Meaño, con dirección https://meano.gal/anuncios.

En Meaño, O alcalde Carlos Vieitez Fernández. Documento asinado e datado dixitalmente .

 

Documentos do Anuncio
Compartir: