Convocatoria licitación Melloras da Piscina Municipal de Dena

Data de publicación :
27 Agosto, 2024

A. PODER ADXUDICADOR
Administración contratante: Concello de Meaño
Órgano de contratación: Xunta de Goberno Local
Servizo xestor: Secretaría-intervención do Concello de Meaño
Responsable do contrato: Dirección facultativa
Perfil de contratante: www.concellodemeano.com enlazado á Plataforma de Contratos de Galicia https://www.contratosdegalicia.gal
Dirección do órgano de contratación: R/Campo da Feira nº 1 (Meaño)
Correo electrónico do órgano de contratación: concellodemeano@concellodemeano.com
Sede electrónica: concellodemeano.sedelectronica.gal
Teléfono/Fax: 986-747102 986747391

B. PROCEDEMENTO DE ADXUDICACIÓN, TRAMITACIÓN DO EXPEDIENTE E FORMA DE PRESENTACIÓN DE OFERTAS
Tipo de contrato: OBRAS
Cabe recurso especial: NON
Contrato suxeito a regulación harmonizada: NON
Tipo de procedemento: ABERTO SIMPLIFICADO SUMARIO
Tramitación: ORDINARIA
Forma e prazo de presentación de ofertas(cláusula 17 do PCAP): Forma: Electrónica, única e exclusivamente a través do Sistema de Licitación Electrónica da Xunta de Galicia (SILEX), segundo a cláusula 17 do PCAP.
Prazo: 10 días hábiles a contar desde o seguinte á publicación no perfil do contratante do anuncio de licitación
Documentación a presentar: (Cláusula 18 do PCAP)

Sobre UNICO co seguinte contido: Anexo I – Declaración responsable e oferta económica

C. DEFINICIÓN DO OBXECTO DO CONTRATO
Necesidade a satisfacer: A necesidade deste contrato de obras e a mellora da piscina municipal e ven dada por:
1.- O estado de fisuración no muro de contención de terras situado no lateral do recinto
2.- O avanzado estado de deterioración, no interior do recinto, tanto do pavimento de pedra artificial como do pavimento de baldosa, estando algunhas rotas, outras soltas e nalgunhas zonas presenta afundimentos.
3- O vaso da piscina infantil ten unha perda de auga pola zona dos “skimer” e fisuras no alicatado.
4.-O local destinado ás instalacións ten unha gran filtración de auga ao seu interior a través da cuberta plana, polo que debe realizarse a impermeabilización
Nome da obra: “Obras de mejora de la piscina municipal de Dena”
Proxecto técnico: “Obras de mejora de la piscina municipal de Dena”
Equipo redactor e titulación: arquitecto técnico don Fernando Varela Fariña
Órgano e data de aprobación do proxecto: ALCALDÍA, Decreto nº 2024-0179 de 19/03/2024.
Obxecto do contrato: A mellora da piscina municipal de Dena mediante a estabilización do muro lateral de peche do recinto, a reparación do vaso da piscina infantil, a impermeabilización da cuberta do local das instalacións da piscina, así como a dotación dun pavimento adecuado ao uso a que se destina a instalación
División en lotes: NON
Xustificación da non división en lotes: Non procede a división en lotes posto que se trata dunha actuación que constitúe unha unidade operativa e funcional, nas que as actuacións proxectadas son elementos inseparables para a consecución dunha mesma finalidade.
Código CPV: 45212290-5 Reparación y mantenimiento de instalaciones deportivas

D. ORZAMENTO BASE DE LICITACIÓN
Orzamento base de licitación (IVE incluído): 73.260,33 €

E. VALOR ESTIMADO
Orzamento da obra (IVE excluído): 60.545,73 €
Importe das modificacións previstas (IVE excluído): 0
Importe das opcións eventuais (IVE excluído): 0
Importe das primas pagadoras aos licitadores (IVE excluído): 0
TOTAL VALOR ESTIMADO: 60.545,73 €
IVE (21 %): 12.714.60 €
Sistema de determinación do prezo: Por unidades de obra segundo o proxecto.
Xustificación da estimación do valor: Para a determinación do orzamento base de licitación tivéronse en conta os prezos habituais no mercado.
Os Convenios colectivos de aplicación ás empresas solicitantes serán o Convenio Colectivo Sectorial da empresa segundo corresponda, neste caso o Convenio Colectivo da Construción de Pontevedra.

F. – RÉXIME DE FINANCIAMENTO E ANUALIDADES:
Existencia de crédito: RC núm. 22024002265
Aplicación orzamentaria: 342-6320001
Réxime de financiamento: cofinanciación

Obra
DEPUTACION PROVINCIAL DE PONTEVEDRA
CONCELLO DE MEAÑO

Total Deputación Provincial de Pontevedra financiación obra: 46.434,90 €
Total Concello financiación obra: 26.825,43 €
Gasto plurianual: NON
Tramitación anticipada: NON

G. PRAZO DE EXECUCIÓN
Prazo de execución: 4 MESES, dende a formalización da acta de comprobación e replanteo
Prórroga: NON
Prazo mínimo de garantía:
– 1 ano para defectos de acabado.
– 3 anos para defectos que afectan as instalacións.
– 10 anos para defectos que afecten á seguridade estrutural do edificio.

H. ADMISIBILIDAD DE VARIANTES: NON

I. CONDICIÓNS ESPECIAIS DE EXECUCIÓN
1º/ DE TIPO MEDIOAMBIENTAL:
− Minimización da xeración de residuos perigosos e non perigosos, así como a súa reutilización ou reciclaxe.
− Os residuos susceptibles de reciclaxe depositaranse en colectores independentes para facilitar ou seu tratamento.
Deberá achegarse á súa finalización a seguinte documentación xustificativa:
-Albaráns de entrega de material en xestor autorizado.
-Panel informativo da xestión de residuos durante a obra.
Os gastos derivados da realización da condición especial da execución establecido na presente cláusula serán a cargo exclusivo do contratista
Xustificación: se considera adecuada a promoción do reciclaxe tendo en conta a natureza do contrato.
2º/ CARTEL INFORMATIVO:
Por tratarse de obras subvencionadas pola Deputación Provincial de Pontevedra o contratista estará obrigado a poñer, dende o inicio dás obras ata a súa total terminación e comprobación material por parte dá Deputación Provincial de Pontevedra, un CARTEL informativo que indique que se trata dunha obra subvencionada pola institución provincial, que acreditarase mediante fotografías que deberá achegarse ao comezo das obras. O cartel colocarase en lugar visible e preferentemente na fachada principal da instalación.
O contratista deberá de aportar ao inicio das obras fotografías da colocación do cartel.
Xustificación: por imposición da axuda concedida pola DEputación Provincial de Pontevedra ao abeiro do “ Plan extraordinario de infraestruturas deportivas”.
3º/ TAXA SERVIZOS FACULTATIVOS:
Conforme ao establecido na “Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola prestación de sevizos facultativos que se presten nas obras municipais” serán de conta do contratista tódolos tributos de calquera índole que graven as operacións necesarias para a execución da obra e, en particular, as taxas por prestación dos traballos facultativos de reformulo, dirección, inspección e liquidación das obras e calquera outra que resulte de aplicación segundo as disposición vixentes, na forma e contía que estas sinalen, así como a licenza de obras e do imposto sobre construcións, instalacións e obras; para o caso en que este sexa esixible.
As taxas por direccións de obras e coordinación de seguridade calcularanse tomando como base o orzamento de execución material.
O contratista deberá de aportar xustificante do pago das taxas.
Xustificación: por estar establecido na “Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola prestación de sevizos facultativos que se presten nas obras municipais”

J. REVISIÓN DE PREZOS: NON
Fórmula de revisión: NON PROCEDE

K. GARANTÍA PROVISIONAL: NON
DEFINITIVA NON
COMPLEMENTARIA NON

L. ADSCRICIÓN OBRIGATORIA DE MEDIOS:
Segundo proxecto

M. SUBCONTRATACIÓN: NON

N. MODIFICACIÓNS CONTRACTUAIS PREVISTAS: NON

Ñ. DATOS DE FACTURACIÓN
Entidade contratante: Concello de Meaño
Órgano de contratación: Xunta de Goberno Local
CÓDIGO DIR3
Oficina contable: L0L1360274 -OC
Órgano Xestor: L0L1360274-OG
Unidade tramitadora: L0L1360274-UT

O. SOLVENCIA ECONÓMICA E FINANCIEIRA E TÉCNICA, CLASIFICACIÓN E HABILITACIÓN EMPRESARIAL
O.1 Clasificación: Pese a non ser esixible por ser o seu valor estimado inferior a 500.000,0 €,considerase que o licitador cumpre cos requisitos de solvencia económica e financeira, e técnica, se posúe a clasificación:
-Grupo C) Edificaciones. Subgrupo 2 Estructuras de fábricas o de hormigón. Categoría 1
-Grupo C) Edificaciones. Subgrupo. 4. Albañilería, revocos y evestidos. Categoría 1.
-Grupo C) Edificaciones. Subgrupo. 5. Cantería y marmolería. Categoría 1.
-Grupo C) Edificaciones. Subgrupo. 6. Pavimentos solados y alicatados. Categoría 1.
Grupo C) Edificaciones Subgrupo. 7. Aislamientos e impermeabilizaciones. Categoría 1.

O.2 Solvencia: Neste procedemento, en virtude do disposto en o artigo 159.6 b) LCSP, eximirase a os licitadores da acreditación da solvencia económica e financeira e técnica ou profesional.
Con todo, deberán posuír solvencia mínima que se indica aínda que estean exentos da súa acreditación:
Económica e financeira.
Volume de negocios: Volume anual de negocios referido ao mellor exercicio dentro dos tres últimos dispoñibles en función das datas de constitución ou de comezo de actividades do empresario e de presentación das ofertas, por importe igual ou superior a unha vez e media do valor estimado do contrato
Técnica
Experiencia: Execución de dous contratos de natureza análoga durante o últimos 3 anos, sendo o importe mínimo esixible o correspondente ao 70 % valor estimado do contrato.
*Conforme ao disposto no artigo 88.2 da LCSP, cando se trate dunha empresa de nova creación, entendendo por tal aquela que teña unha antigüidade inferior a 5 anos, como solvencia técnica, o empresario deberá contar con:
– Relación do equipo mínimo: xefe de obra ou encargado de obra con experiencia neste tipo de proxectos, un oficial de primeira e polo menos dous peóns comúns. A Acreditación deste punto mediante declaración responsable na que se indicará o persoal de que disporá durante a execución da obra

O.3 Habilitación empresarial: Non

P: UNIDADE TÉCNICA DE CONTRATACIÓN:
Constituirase unha Unidade Técnica de Contratación composta polos seguintes membros:
1) Técnico de Administración xeral.
2) Arquitecto municipal
Suplente: a secretaria-interventora
Secretaría: Trinidad Lorenzo Lema, funcionaria administrativa de Admón Xeral.
Suplente: Pastora Castro Lema, funcionaria administrativa de Admón Xeral.

Q: CRITEROS DE VALORACIÓN DAS OFERTAS:
Criterios de adxudicación avaliables automaticamente (pluralidade de criterios de adxudicación en base a mellor calidade-prezo) ata 100 puntos:
1.-Menor prezo ofertado: Ata un máximo 85 puntos para a oferta máis baixa das admitidas e o resto distribuirase proporcionalmente con arranxo á seguinte fórmula matemática:
P= (85*menor prezo ofertado)/ Oferta a valorar
Non se admitirán na súa totalidade as proposicións nas que se oferte un prezo total superior ao Orzamento Base de Licitación, IVE excluido.
Todas as puntuacións redondearanse ao segundo decima

2.- Certificados de calidade e outros: ata un máximo de 15 puntos:
a.- Estar en posesión do certificado de sistemas de XESTIÓN DE CALIDADE vinculada co obxecto do contrato (UNE-EN ISO 9001), en vigor: 5 puntos.
b.- Estar en posesión do certificado de XESTIÓN AMBIENTAL vinculada co obxecto do contrato (UNE-EN- ISO 14001), en vigor: 5 puntos.
c.- Estar en posesión do certificado ISO 18001 OSHSAS PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS (UNE EN ISO 45001), en vigor: 5 puntos
Para a valoración destes certificados os licitadores deberán achegar xunto coa oferta a correspondente documentación xustificativa.

R: CRITERIOS PARA A DETERMINACIÓN DE OFERTAS CON VALORES ANORMAIS OU DESPROPORCIONADOS
Unicamente poderán ser considerados con respecto ao criterio “prezo”.Considerarase, en principio, como anormal ou desproporcionada a baixa de toda proposición económica na que o criterio “prezo” se atope nalgún dos supostos establecidos no artigo 85 do Real Decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas. No suposto de detectar algunha baixa desproporcionada estarase ao disposto no artigo 149 LCSP.

S: OBRIGAS DE PUBLICIDADE:
Por tratarse de obras subvencionadas pola Deputación Provincial de Pontevedra o contratista estará obrigado a poñer, dende o inicio dás obras ata a súa total terminación e comprobación material por parte dá Deputación Provincial de Pontevedra, un CARTEL informativo que indique que se trata dunha obra subvencionada pola institución provincial, que acreditarase mediante fotografías que deberá achegarse ao comezo das obras. O cartel colocarase en lugar visible e preferentemente na fachada principal da instalación.

T.- ABONOS POR ACTUACIÓNS PREPARATORIAS: NON

Documentos do Anuncio
Compartir: