Convocatoria para a formación de bolsa emprego para mestre-a da Escola Municipal de Música

Data de publicación :
23 Outubro, 2024

ANUNCIO DE CONVOCATORIA PARA A FORMACIÓN DE BOLSA DE EMPREGO.

 

Aprobadas mediante Resolución da Alcaldía, de  17 de outubro de 2024, as Bases de selección para a formación dunha bolsa de emprego para realizar con carácter temporal as funcións de MESTRE/A DA ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA DE MEAÑO NAS ESPECIALIDADES DE FRAUTA, TROMPA, CHELO, SAXOFÓN, PERCUSIÓN E TUBA/BOMBARDINO, como persoal laboral temporal do Concello de Meaño.

Sistema de selección: Oposición, segundo se establece nas bases reguladoras da convocatoria.

Prazo de presentación de instancias: 5 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.

As bases e modelos de solicitude poderán consultarse no taboleiro de anuncios da Casa Consistorial do Concello e no taboleiro de anuncios da páxina web oficial do Concello de Meaño, con dirección https://meano.gal/anuncios.

En Meaño, O alcalde Carlos Vieitez Fernández.Documento asinado e datado dixitalmente .

 

Documentos do Anuncio
Compartir: