Convocatoria proceso selectivo Proxecto + Emprega nos concellos 2025

Data de publicación :
9 Decembro, 2025

ANUNCIO DE CONVOCATORIA PROXECTO “+ EMPREGA NOS CONCELLOS”, PARA FINANCIAR CONTRATOS FORMATIVOS. CONTRATACIÓN DE 1 TRABALLADOR/A COA TITULACIÓN DE GRADO HABILITANTE PARA EXERCER A PROFESIÓN REGULADA DE ARQUITECTO/A TÉCNICO/A  E 1  TRABALLADOR/A COA TITULACIÓN DE MESTRE/A EDUCACIÓN INFANTIL

 

Mediante Resolución da Alcaldía de data 02/12/2025 (núm. 2025-0848), aprobáronse as bases para a selección que rexen o procedemento para a contratación laboral temporal mediante un contrato formativo para adquirir practica profesional no posto dun/a Arquitecto/a Técnico/a e no posto dun/a Mestre/a Educación Infantil, mediante o procedemento de concurso.

O Prazo para a presentación de solicitudes, será de 10 DÍAS NATURAIS, que comezarán a contar dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOPPO.

As bases do procedemento poderán consultarse no taboleiro de anuncios do Concello de Meaño e no taboleiro de anuncios da páxina WEB oficial do Concello de Meaño,  con dirección (https://meano.gal/anuncios/).

En Meaño, O Alcalde  Carlos Vieitez Fernández

 

Documentos do Anuncio
Compartir: