Dotación de infraestruturas na Área Industrial A Pedreira

Data de publicación :
7 Xullo, 2025
A. PODER ADXUDICADOR
Administración contratante:  Concello de Meaño
Órgano de contratación: Por delegación da Alcaldía  a Xunta de Goberno Local
Servizo xestor: Secretaría-intervención do Concello de Meaño
Responsable do contrato:  Dirección facultativa
Perfil de contratante:  www.concellodemeano.com enlazado á Plataforma de Contratos de Galicia https://www.contratosdegalicia.gal
Dirección do órgano de contratación: R/Campo da Feira nº 1 (Meaño)
Correo electrónico do órgano de contratación: concellodemeano@concellodemeano.com
Sede electrónica: concellodemeano.sedelectronica.gal
Teléfono/Fax: 986-747102   986747391
B. PROCEDEMENTO DE ADXUDICACIÓN, TRAMITACIÓN DO EXPEDIENTE E FORMA DE PRESENTACIÓN DE OFERTAS
Tipo de contrato: OBRAS
Cabe recurso especial: NON
Contrato suxeito a regulación harmonizada: NON
Tipo de procedemento: ABERTO SIMPLIFICADO
Tramitación: ORDINARIA
Forma e prazo de presentación de ofertas(cláusula 17 do PCAP): Forma: Electrónica, única e exclusivamente a través do Sistema de Licitación Electrónica da Xunta de Galicia (SILEX), segundo a cláusula 17 do PCAP.

Prazo: 20 días naturais a contar desde o seguinte á publicación no perfil do contratante do anuncio de licitación

Documentación a presentar: (Cláusula 18 do PCAP)

 

Sobre UNICO co seguinte contido: Anexo I – Declaración responsable e oferta económica
C. DEFINICIÓN DO OBXECTO DO CONTRATO
Necesidade a satisfacer:  A mellora do entorno da área industrial da Pedreira, favorecendo o desenvolvemento do traballo e a implantación das empresas.
Nome da obra: DOTACIÓN DE INFRAESTRUTURAS NA ÁREA INDUSTRIAL DA PEDREIRA
Proxecto técnico: DOTACIÓN DE INFRAESTRUTURAS NA ÁREA INDUSTRIAL DA PEDREIRA
Equipo redactor e titulación: Enxeñeiro Agrónomo D. Gabino Grande Toro
Órgano e data de aprobación do proxecto: O proxecto “DOTACIÓN DE INFRAESTRUTURAS NA ÁREA INDUSTRIAL DA PEDREIRA” foi aprobado por Resolución da Alcaldía nº 2025-0390 de data 18.06.2025
Obxecto do contrato: 1.-Capa de rodadura de tres viais do polígono que están cun pavimento deteriorado, debido fundamentalmente as zanjas recentemente realizadas e a antigüidade do pavimento actual.

2.-A sinalización dos viais

3.-Construción dunha cuneta para evacuar as aguas pluviais.

A obra obxecto do presente proxecto, englóbase dentro do grupo a) obras de reforma, xa que o concepto xeral de reforma abarca o conxunto de obras de ampliación, mellora, modernización, adaptación, adecuación ou reforzo dun ben inmoble xa existente.

División en lotes: NON
Xustificación da non división en lotes:  Non procede a división en lotes do obxecto do contrato, por darse o suposto previsto no artigo 99.3.b) da LCSP, é dicir, a realización independente das diversas prestacións comprendidas no obxecto do contrato dificultaría a correcta execución do mesmo desde o punto de vista técnico, xa que sería difícil coordinar a seguridade e dirixir a execución das diversas actuacións se existen varios contratistas en distintas zonas.

 

Por outra banda , dende o punto de vista económico e de aproveitamento de recursos por parte da Administración (Concello de Meaño), non sería favorable a división en lotes nunha obra de estas características, e tería incidencia importante nas baixas e nas melloras xa que a solicitude destas por parte da administración poderían incidir nun ou en outro lote que faría que foran inviables economicamente para o contratista, mentres que si non existen lotes as melloras solicitadas recaen sobre o proxecto integral.

Código CPV: 45233140-2 Obras viais.

45232100-3 Obras auxiliares para tubaxes de auga

D. ORZAMENTO BASE DE LICITACIÓN
Orzamento base de licitación (IVE incluído): 104.904,47 €
E. VALOR ESTIMADO
Orzamento da obra (IVE excluído): 86.697,91 €
Importe das modificacións previstas (IVE excluído): 0
Importe das opcións eventuais (IVE excluído): 0
Importe das primas pagadoras aos licitadores (IVE excluído): 0
TOTAL VALOR ESTIMADO: 86.697,91 €
IVE (21 %): 18.206,56 €
Sistema de determinación do prezo: Por unidades de obra segundo o proxecto
Xustificación da estimación do valor: A xusificación segundo proxecto.
F. – RÉXIME DE FINANCIAMENTO E ANUALIDADES:
Existencia de crédito: RC núm. 220250004376
Aplicación orzamentaria: 454-6191201
Réxime de financiamento: cofinanciación
Anualidade Aplicación Importe total XUNTA DE GALICIA

(HABILITACIÓN E MELLORA DE INFRAESTRUTURAS DOS PARQUES EMPRESARIAIS)

 

 

Concello
2025 454-6191201 104.904,47  € 82.741,48 € 22.162,99 €
Gasto plurianual: NON
Tramitación anticipada: NON
G. PRAZO DE EXECUCIÓN.
Prazo de execución: UN  (01) MES
Prórroga: NON
Prazo mínimo de garantía:  12 MESES
H. ADMISIBILIDAD DE VARIANTES: NON
I. CONDICIÓNS ESPECIAIS DE EXECUCIÓN
Establécese como condición especial de execución, segundo o disposto no artigo 202 da LCSP a promoción da reciclaxe de produtos. Para os efectos da xustificación polo contratista da promoción da reciclaxe de produtos durante a execución da obra, deberá achegarse á súa finalización a seguinte documentación xustificativa:

-Albaráns de entrega de material en xestor autorizado.

-Panel informativo da xestión de residuos durante a obra.

Os gastos derivados da realización da condición especial da execución establecido na presente serán a cargo exclusivo do contratista

Xustificación: Se considera adecuada a promoción do reciclaxe tendo en conta a natureza do contrato.

J. REVISIÓN DE PREZOS:
NON:  Dada a duración estimada das obras, e segundo o recolleito no art. 103 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de Contratos do Sector Público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as Directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, en relación co artigo 7 do Real Decreto Lei 3/2022, non é necesario establecer ningunha fórmula para a revisión de prezos.
Fórmula de revisión:
K. GARANTÍA
PROVISIONAL: NON
DEFINITIVA 5 % do prezo final ofertado, excluído o Imposto sobre o Valor Engadido.
COMPLEMENTARIA NON
L. ADSCRICIÓN OBRIGATORIA DE MEDIOS: NON
M. SUBCONTRATACIÓN: NON
N. MODIFICACIÓNS CONTRACTUAIS PREVISTAS: NON
Ñ. DATOS DE FACTURACIÓN
Entidade contratante:  Concello de Meaño
Órgano de contratación: Xunta de Goberno Local
CÓDIGO DIR3 Oficina contable: L0L1360274 -OC

Órgano Xestor: L0L1360274-OG

Unidade tramitadora: L0L1360274-UT

O. SOLVENCIA ECONÓMICA E FINANCIEIRA E TÉCNICA, CLASIFICACIÓN E HABILITACIÓN EMPRESARIAL
O.1 Clasificación Aínda de non ser obrigatoria, considerarase que licitador cumpre cos requisitos de solvencia económica e financeira, e técnica, se posúe a clasificación seguinte:

 

GRUPO SUBGRUPO CATEGORÍA
G VIAIS E PISTAS 6 (OBRAS VIALES SEN CUALIFICACIÓN ESPECÍFICA) 1

 

 

O.2 Solvencia: Económica e financeira.

Volume anual de negocios referido ao mellor exercicio dentro dos tres últimos dispoñibles en función das datas de constitución ou de comezo de actividades do empresario e de presentación das ofertas, por importe igual ou superior a unha vez e media o valor estimado do contrato.

A acreditación do referido volume anual de negocios do licitador ou candidato farase por medio das súas contas anuais aprobadas e depositadas no Rexistro Mercantil, se o empresario estivera inscrito no devandito rexistro, e no caso contrario polas depositadas no rexistro oficial no que deba estar inscrito. Os empresarios individuais non inscritos no Rexistro Mercantil acreditarán o seu volume anual de negocios mediante os seus libros de inventarios e conta anuais legalizados por Rexistro Mercantil.

 

Técnica

Relación das obras executadas no curso dos cinco últimos anos, avalada por certificados de boa execución; estes certificados indicarán o importe, as datas e o lugar de execución das obras e precisarase se se realizaron segundo as regras polas que se rexe a profesión e levaron normalmente a bo termo; no seu caso, devanditos certificados serán comunicados directamente ao órgano de contratación pola autoridade competente.

Para a acreditación da solvencia técnica neste apartado requirirase haber executado un mínimo de dúas obras de natureza análoga durante o últimos cinco anos, sendo o importe mínimo esixible o correspondente ao 70 % do valor estimado do contrato.

 

*Conforme ao disposto no artigo 88.2 da LCSP, cando se trate dunha empresa de nova creación, entendendo por tal aquela que tena unha antigüidade inferior a 5 anos, como solvencia técnica, o empresario debera contar coa maquinaria e medios persoais mínimos que se indica de seguido:

Maquinaria

Pala Retroexcavadora

Motoniveladora y Compactadora

Camión cuba

Máquina autopropulsada para pintado

Poderá acreditar contar coa disposición da maquinaria mediante contrato de arrendamento ou declaración responsable da empresa.

Mano de obra

6 operarios

A acreditación deste punto farase mediante declaración responsable na que se indicará o persoal de que disporá durante a execución da obra.

O.3 Habilitación empresarial: Non
P: MESA DE CONTRATACIÓN:
Presidente: Alcalde da corporación D. Carlos Vieitez Fernández  ou membro da Corporación ou un funcionario en quen delegue

Vogais:

Titular. Secretaria-interventora, Dona Beatriz López de Castro García

Titular: funcionaria técnico medio de xestión administrativa, Dona M.ª Mar Pereira García

Titular: arquitecto municipal D. Antonio Vázquez Rosales

Secretaría:

Titular: A funcionaria do concello Dona Trinidad Lorenzo Lema. Suplente: funcionaria municipal, Dona Pastora Castro Lema.

Q: CRITEROS DE VALORACIÓN DAS OFERTAS:
Criterios de adxudicación avaliables automaticamente (pluralidade de criterios de adxudicación en base a mellor calidade-prezo) ata 100 puntos:

 

1.- MENOR PREZO OFERTADO. Ata un máximo de 70 puntos para a oferta máis baixa das admitidas e o resto distribuirase proporcionalmente con arranxo á seguinte fórmula matemática:

 

70 x menor prezo ofertado

P = —————————————

Oferta a valorar

 

2.- ESTAR EN POSESIÓN DOS CERTIFICADOS SEGUINTES (ata un máximo de 9 puntos).

2.a CERTIFICADO DE SISTEMAS DE XESTIÓN DE CALIDADE VINCULADA CO OBXECTO DO CONTRATO (UNE-EN ISO 9001), EN VIGOR.  A empresa que conte con este certificado outorgáranselle 3 puntos. Para a valoración deberán achegar xunto coa oferta a correspondente certificación.

2.b.- CERTIFICADO DE XESTIÓN AMBIENTAL VINCULADA CO OBXECTO DO CONTRATO (UNE-EN- ISO 14001), EN VIGOR. A empresa que conte con este certificado outorgaránselle 3 puntos. Para a valoración deberán achegar xunto coa oferta a correspondente certificación.

2.c.- CERTIFICADO ISO 18001 OSHSAS PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS (UNE EN ISO 45001), EN VIGOR. A empresa que conte con este certificado outorgaránselle 3 puntos. Para a valoración deberán achegar xunto coa oferta a correspondente certificación.

 

3.- MELLORAS

 

3.a MELLORA 1: Incremento de espesor da capa de pavimentación de 5 cm. que estaba proxectada a 6 cm., Con mestura bituminosa en quente AC 16 SURF 50/70 D. Valoración 15 puntos.

 

DESCRIPCIÓN UNIDADES PREZO UNITARIO TOTAL
Incremento de 1 cm. na capa de pavimentación
mestura bituminosa en quente tipo AC 16 SURF 50/70 d
6.370 m² 1,60 € 10.192,00
TOTAL     10.192,00

 

 

3.b MELLORA 2: Control de calidade da totalidade da obra. Valoración 6 puntos

 

DESCRIPCIÓN UNIDADES PREZO IMPORTE
Control de ejecucion
Fabricación de probetas-testigo y determinación de la densidad máxima del hormigón
bituminoso, de la densidad aparente de las probetas y del contenido de huecos del
hormigón bituminoso S/UN EN 12697-5, UNE EN 12697-6, UNE EN 12697-30/12697-32.
3 150,00 € 450,00 €
Dosificación de ligante en mezcla bituminosa S/UNE EN 12697-1 3 62,00 € 186,00 €
Granulometría de áridos extraídos S/UNE EN 12697-2 3 32,00 € 96,00 €
Control de obra terminada
Extracción de probetas-testigo en mezcla bituminosa y determinación de la densidad, espesor e índice de huecos S/UNE EN 12697-6 15 60,00 € 900,00 €
Determinación de la macrotextura superficial por el método volumétrico,realizando múltiples determinaciones por zona de ensayo 5 60,00 € 300,00 €
Control de resistencia al deslizamiento con pendulo TRRL 1 350,00 € 350,00 €
INFORME FINAL
Informe final de Control de la Obra terminada 1 200,00 € 200,00 €
TOTAL 2.482,00 €

 

 

R: OFERTAS CON VALORES ANORMAIS OU DESPROPORCIONADOS:
Unicamente poderán ser considerados con respecto ao criterio “prezo”. Considerarase, en principio, como anormal ou desproporcionada a baixa de toda proposición económica na que o criterio “prezo” se atope nalgún dos supostos establecidos no artigo 85 do Real Decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas. No suposto de detectar algunha baixa desproporcionada estarase ao disposto no artigo 149 LCSP.
S: OBRIGAS DE PUBLICIDADE E OUTROS:
1.- Colocación un cartel informativo no lugar de execución da actuación subvencionada, conforme o modelo indicado no anexo IV da ORDE do 7 de xaneiro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas encamiñadas á habilitación e mellora de infraestruturas dos parques empresariais da

Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025. O cartel deberá permanecer instalado durante todo o período de execución do proxecto.

Unha vez finalizada a execución da actuación subvencionada, o cartel substituirase por unha placa explicativa permanente, conforme o modelo indicado no anexo V da Orde sinalada. A devandita placa debe ser dun material resistente (aluminio, metacrilato ou similar) e cun tamaño mínimo A4.

Os gastos derivados  desta obriga serán a cargo exclusivo do contratista.

Para a xustificación polo contratista deberá de aportar ao inicio das obras fotografías da colocación dos carteis e ao final das mesmas da colocación da placa explicativa.

 

2.-Serán de conta do contratista tódolos tributos de calquera índole que graven as operacións necesarias para a execución da obra e, en particular, as taxas por prestación dos traballos facultativos de reformulo, dirección, inspección e liquidación das obras e calquera outra que resulte de aplicación segundo as disposicións vixentes, na forma e contía que estas sinalen, así como a licenza de obras e do imposto sobre construcións, instalacións e obras; para o caso en que este sexa esixible.

As taxas por direccións de obras e coordinación de seguridade calcularanse tomando como base o orzamento de execución material.

Xustificación: por estar establecido na “Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola prestación de sevizos facultativos que se presten nas obras municipais”

Para a xustificación o contratista deberá de aportar xustificante do pago das taxas.

Documentos do Anuncio
Compartir: