ADMINISTRACIÓN LOCAL
PROVINCIAL
DEPUTACIÓN PROVINCIAL
Recadación
EXPOSICIÓN PÚBLICA DA MATRÍCULA DO IMPOSTO SOBRE ACTIVIDADES
ECONÓMICAS CORRESPONDENTE AO EXERCICIO 2025
ANUNCIO
EXPOSICIÓN PÚBLICA DA MATRÍCULA DO IMPOSTO SOBRE ACTIVIDADES ECONÓMICAS
CORRESPONDENTE AO EXERCICIO 2025
De conformidade co artigo 90 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, a matrícula do Imposto sobre Actividades Económicas do exercicio 2025 exponse ao público, durante 15 días naturais dende o día seguinte ao da publicación do presente anuncio, nos seguintes concellos:
ARBO, BARRO, BAIONA, CALDAS DE REIS, CAMBADOS, CAMPO LAMEIRO, CANGAS, A CAÑIZA, CATOIRA, CERDEDO–COTOBADE, COVELO, CRECENTE, CUNTIS, DOZÓN, A ESTRADA, FORNELOS DE MONTES, AGOLADA, GONDOMAR, A GUARDA, LALÍN, A LAMA, MEAÑO, MEIS, MOAÑA, MONDARIZ, MONDARIZ-BALNEARIO, MORAÑA, MOS, AS NEVES, NIGRÁN, OIA, PAZOS DE BORBÉN, POIO, PONTEAREAS, PONTE-CALDELAS, PONTECESURES, O PORRIÑO, PORTAS, RODEIRO, O ROSAL, SALCEDA DE CASELAS, SALVATERRA DE MIÑO, SANXENXO, SILLEDA, SOUTOMAIOR, TOMIÑO, TUI, VALGA, VILABOA, VILA DE CRUCES, VILANOVA DE AROUSA.
Contra os actos de inclusión dun suxeito na matrícula, así como a súa exclusión ou alteración de calquera dos datos que deben constar na mesma, os interesados poderán interpor no prazo dun mes, a contar desde o seguinte ao do remate do período de exposición pública, recurso de reposición perante o órgano da Administración Tributaria do Estado competente ou reclamación económica-administrativa ante o Tribunal Económico-Administrativo Rexional de Galicia no mesmo prazo, sen que poidan interpoñerse simultaneamente ambos recursos (art. 91 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais e art. 4 do Real Decreto 243/1995, de 17 de febreiro).
O Tesoureiro,
(Asinado dixitalmente ao marxe)